EDUARDO BLANCO AMOR


O FURTO


¿Qué vas facer co ar que me roubaches

do beizo ledo, do cantar frolido

que en ti me revelaches

no tempo amortecido,

no tempo soparado e compartido?

¿A quén lle donarás teu ser inteiro

que a min non dés na esmiuzada entrega,

e teu sen- ti veleiro,

a tua presenza cega,

presenza que me amosa e que te nega?

A fronte nos silenzos anunciada

que en flamas coronei i en reiseñores,

a boca resgatada,

os ollos feridores

que eu espertei pra bágoas e solpores.

Os màrmores do peito sen destino,

as mans sen azas, i os mañans sen roita

que eu incei do meu sino

na sua ramaxe enxoita

co teu sangue sen canto en ruda loita.

Volta pra ti nos pasos iniciaes,

enméigame outra vez na imaxe nua,

nos irtos areaes

da certidume tua,

lonxe eu do sol, ferido pola lua.

Vóltame meu door, meu gosto á vida,

o mel i fvel do sangue que me bate.

Vaite na amortecida

soma que nos desate.

Quero escoller a vida que me mate.


-----oooo-----


E.Blanco Amor, 1956. No ano 1928 publica o seu primeiro libro, Romances Galegos, que envia ó seu amigo Federico, (GArcia Lorca), que ao mesmo tempo está a publicar seu poemario, "Romancero Gitano". Ambolos dous tiñan un mesmo espiritu, un certo parecido comun no senso das verbas, na cultura do pobo é a xente das ruas. E foron capaces de captar a estética modernista, no mais puro estilo das vangardas no tempo ,escaso que lles tocou sofrer, traxicamente.

O devenir paralelo das suas vidas son testemuñas da poesia de vida e morte que nos legan.

(Quero deixar aclarado que alguns dos versos dos poetas que aqui traio, o son tal e como eles o escriberon, no seu tempo. Galego normativo ou non, que mais da, si ao final é a nosa lingua, e brota libre sen alporizar, nin ofender....)

Comentarios

Entradas populares