MERO IGLESIAS


Na lonxitude do Tempo.....
Outonías
_________
Outono vén de outonía
e dos fluidos momentos
que chegan da lonxaía.
Por iso quen lembra, advirte
e aquilo que lembra, pensa
mentres pensando evoca
e recordando, celebra.
Outonos miden a vida
e outonos miden as penas,
e o outono mide alegrias
que se fosen primaveras
de pétalos florecidas
non serían como eran
escuras noites tan frias.
Outonos miden os tempos
e espacios en outonias.
Pensamentos que en silencio
mestura a memoria miña
entre màxicos segredos:
"...tras dos tempos, tempos veñen"
¡quen doutro xeito diría"¡
PASADOIROS
____________________
....Que outonos non son outonos,
son pasadoiros do tempo
nos que aboian as memorias
no máis completo silencio
antes que caian as noites
das longas noites de inverno
que aínda conxelan espacios
diante os horizontes presos
e me cautivan de lonxe
nas follas que leva o vento
recolléndome saloucos,
alentos e desalentos.
Outonos , non son outonos
son atallos dun portelo
onde un apaña forzas
para cavar outro rego.
(Mero Iglesias, Vilalba 1951, mùsico, compositor, intérprete e poeta. Antigo membro do grupo Fuxan os Ventos, na actualidade percorre o Pais, ca súa voz, a súa guitarra, e a súa humanidade, regalandonos a palabra, a musica, a memoria deste pobo que :camina, traballa, durme e reposa...
A Quella, é testemuña dos traballos de Mero Iglesias, e o seu inseparable e incombustible Mini, por recuperar o noso ser, identidade como pobo, Pais, e xente.
Na lonxitude do tempo, é o primeiro libro de poemas do autor de obras como Contos de vellos para nenos, publicada no ano 1995, e "Somos lenda viva", no seguinte .
No foto, velai os tedes, Mini é MEro, nos segundos encontros musicais, da Randulfa nos Pendellos, D'Agolada, que celebramos este pasado Septembro.

Comentarios

Entradas populares