A CIDADE INVENTADA.
Unha vez, alguén faloume dunha cidade
inventada
baixo as augas salgadas dos océanos
vermellos
alá no fondo escuro e abisal agardaba
por nos
Seica os edificios son de sal
coma cristais ardentes de coral
quente.
que as follas das arbores no son
verdes
os rosais non teñen espiñas
e os paxaros nadan en lugar de voar
cos seus trinos de sereas cando deixan
fuxir
os seus soños.
Comentarios