EMIGRANTES (ARTIGO DA SERIE "AO PÉ DO FARELO", PARA FARO DE VIGO)
AO É DO FARELO
EMIGRANTES.
Agora que temos de novo
ante nos un longo período electoral volvese escoitar falar do que no seu dia deuse
en chamar "A Quinta Provincia".
A historia da
emigración é tan consubstancial ao Pais, coma o verde das nosas leiras, por elo
as historias de emigrantes e emigración está tan integrada na vida das nosas
aldeas, lugares, vilas, como as pegados dos que o longo do tempo nos foron
deixando, mais aínda cando nos últimos anos esta sangría volve a ser a crúa realidade dos nosos fillos, que aquí non
teñen futuro, nin presente. Mobilidade exterior a chaman agora estes fantasmas
do Goberno do PP.
¿Quen non ten na
historia da súa familia, coñece, ou escoitou falar dun amigo, un veciño, o avó, o pai de quen sexa, que tivo que emigrar e xa
non regresou nunca mais a súa terra?.
Xa dende o século XVI
os nosos devanceiros marchaban da casa os campos de Castela, coma ben deixounos
retratado Rosalía nos seus poemas; Castellanos de Castela tratade ben os
Galegos, cando van, van como homes, cando volven.....
Andalucía, Estremadura,
Portugal, despois ó longo dos séculos XVIII e XIX, como ben da conta a
toponimia de moitos lugares da Península Ibérica; Campaneira, Pampaneira,
Capileira,nas Alpujarras ou no Val de Xalima, Trevejo, Eljas, Valverde, lugares
onde aínda hoxe se conserva "A Fala", tan próxima a nosa lingua, si
esa mesma que estamos a asasinar dende ben arriba cara abaixo entre todos e por
la que senten respecto e agarimo coma reliquia sagrada, tesouro da súa historia
e cultura, a que aportaron os Galegos, coa súa sangue, tan lonxe do terruño.
Despois da ignonímia
salvaxe dos militares sublevados contra o lexitimo goberno da República a nosa
gran guerra fraticida, foi América a que
abriunos os brazos de par en par, Arxentina, Venezuela, México, eles foron os
garantes da cultura, a lingua a historia, que os vencedores aquí se empecinaron
en aniquilar a golpe de fusil, pisando coas súas botas de ferro calquera
intento vano de rebeldía. Comprace e sorprende comprobar como tan lonxe da nosa
terra, en Bos Aires, aínda un numeroso grupo de fillos e netos de Galegos,
conservan e defenden dende o Terzo da Fala, o que é tan noso. E cada mércores
se reúnen no Centro Lalin-Agolada-Silleda, para recuperar aquelas tertulias
doce de amigos en Galego. Impresiona que aínda hoxe exista e continúe co seu
traballo incansable o chamado Lectores Galegos de Bos Aires, xente animosa que
busca vincular a nosa lingua o mundo da cultura, a comunicación e a literatura.
E dende logo que nos debe facer meditar a existencia dun Departamento de Lingua
e Literatura Galega do Instituto Santiago Apóstolo, entre outros.
Todos eles herdeiros
dos ensinos de Castelao, Alexándre Bóveda, Vicente Risco, Otero Pelayo e do
amor a Terra que non se pode esquecer, malia que dende os que poden e deben
defendela se faga o contrario, pisoteala e desprezala coma algo residual.
Emigrantes anos mais
tarde en Europa; Francia, Suiza, Alemania, sempre coa maleta de madeira ao
lombo, o bocadillo de tortilla e a morriña que tinguía os ollos en bágoas. Esta
é a historia deste pobo incansable que non se pon de xeonllos, pero que cala,
cala e cala.
Comentarios