O RELATOR QUE ATESOURABA PALABRAS...
O
RELATOR QUE ATESOURABA PALABRAS.-
Lentamente de
pouco a pouco converteuse nun observador, un curioso impertinente que anota nun
caderno de tapas vermellas todo o que ve, o que escoita, o que soña, o que
descubre dia a dia en cada pedra do camiño, no azul do ceo, nas sombras e nos
claros, na luz que se extingue e na noite que absorbe os estragos feitos polo
maltrato do dia.
Foi deste
xeito, como de relator do visto, pasou a
atesourar para se mesmo na soidade daquelas follas brancas o apunte, as notas
dos seus soños e así converteuse no relator que coleccionaba palabras .
Escribía
palabras inconexas unha e mil veces, case sen sentido nun combate maiúsculo coa
perda de razón que ia de pouco instalándose no seu cerebro e gañándolle a
batalla sen darse conta. Acumulaba cousas inútiles, reflexións incongruentes,
frases baleiras de contido coma se foran contos do seu propio ente no mundo esfumado
e borroso no que íaselle a vida.
O rexistro micrográfico
das palabras que brotaban da súa man aterecida e convulsiva atrapada pola
enfermidade e cada vez mais deforme, nun proceso de transformación gradual de
man; capaz de acariñar docemente, en garra retorcida sobre a nada, chegou a
seren nos derradeiros cadernos un labirinto de tolemia, no que agochaba
sentimentos, pensamentos, olladas a través das pálpebras pechadas dun cego, el
mesmo, atrapado no medo da morte coa que convivía, un observador que acumula
rexistros taquigráficos que ninguén pode entender, e traducir por mais que
coñeza e domine a lingua na que transcribía o que saía del.
O recordo;
polo tanto, coma un narrador de vida e esperanzas, de soños e pesadelos
ensimesmado no colecciónesmo de instantes esquecidos, o verdadeiro e único
habitante da súa morada interior que permanecía pechada e inviolable a calquera
intento de aproximación amigable, ou procura de amor, de comprensión ou de
comparticiòn do silencio cómplice e da soidade que nembargante no implicaba
para el a soidade do individuo coma ser, moi ao contrario, sei que non sentiu
xamais a extenuación da soidade no silencio intimo e cotián no que mergullaban
os seus sentidos.
Agora que xa
non está comigo, seino. Foi unicamente un home completo e total,cheo polos seus
pensamentos pequenos, no infinito microcosmos da palabra na que aqueles
cadernos o tiñan atrapado e da que era incapaz de fuxir, aínda non ter cadeas
que o retiveran nela, como na cova escura e mítica; a caverna, o home filosofa
coas sombras desdebuxadas na parede rochosa e húmida e cree que esa é a
realidade do exterior, e así vai do pequeno ao mais pequeno, e do mais pequeno
ao ínfimo e minúsculo, nunha sucesión máxica de cousas cada vez mais e mais
insignificante ata atopar a mais pequena de todas; a morte, a desaparición completa e absoluta da palabra .
Angel Utrera
Comentarios