IMAXINACIÓNS DA MULLER QUE ESPELIA NA LA DEBAIXO DA CERDEIRA E FALABA SOA.


A VICENTE ARAGUAS...........




Non che é fácil cantar cancións tristes para estar contigo


e esperar que se vaia o fume da taberna, onde sempre quedamos que virias.


Teriaste que `pñer conmigo a xogar á raiña ou ó pelouro, coma cando eramos dous rapaces que brincaban na eira ata acabar morrendo de fame e de vergoña.


Nas táboas deste chan penso que teñen feito os vermes tantos buratos coma estrelas hai no ceo agora mesmo.


Mira, eu téñochelles medidas as cinturas coia mirada a tódolos vermes que se esconden do frio cada un no seu burato.


E agora que chegades é cara e de bo corte e ata abriga fixoseme triste que non viras ese rapaz chorando ao pé das brasas.


Fáiseme triste cando che agarro a man e non cheira a fume nin ten as uñas negras.


Décheste conta de seguida de que no chan vense cabichas que poderian ser de hai unha semana máis ou menos.


Esta éche unha taberna de mala morte.


Din os de sempre que se consome aqui moito café polas tardiñas, que vén durmir a sesta aqui moita muller senlleira.


Eu sei que iso é ben certo porque o teño visto con este ollos que axexaban a bolsa do carteiro coma parvos.


Por iso me puxen, triste, triste ao cruzar esa porta e verte, moito señor de máis, para seguiren os ventos coma sempre zoando por ti, agora que chegaches á aldea hoxe á tarde metido nese coche tan flamante, cariño.




Luz Pichel.


(A Dedicatoria de miña querida luz, poeta da nostalxia, da memoria dende a casa ao fondo da fraga, polo ar, cos biosbardos e o vo das bolboretas, na procura da palabra esquecida no fondo dun bául de buxo, entre o millo as congostras dun pobo que morre entre a uralita e a terra, e o azur do ceo, para a seu amigo Vicente Araguas, fala de todo aquelo que nadie mellor que ela pode escribir.


Por eso ,hoxe, ao leer na prensa, da concesiòn da insignia de ouro do concello de Ferrol, -Ferrol na diáspora", como o definiu Ramon Veloso, como mostra de cariño, recoñecemento do meu respeto e admiraciòn hacia Vicente, me permito coller prestadas- xa sei ben que Luz non vai a molestarse por a miña osadia- estas palabras a modo da merecida Noraboa.)

Comentarios

Entradas populares