LUZ PICHEL

OS SONS DA NOITE

A noite en vela non basta para escoltar os sons que non escoitei cando hora foi e gardarlos na bolsa das cousas de levar. Quen pode saber o que din as nubes cando se moven de aqui para ali?.Quéixase a cerdeira cando agatuña polo seu tronco arriba o rei dos gatos, o que naceu no monte e nunca tivo dono que lle morrera?. Que vén de facer o mozo que asubía ás catro da mañá e canta...

-------no te puedo querer

porque no sientes lo que yo siento.

No te puedo querer

apártate de mi pensamiento.

Para que o escoiten as mozas que están encinta en non dan dormido............. (sic)

(Poema Os sons da noite, do libro "Casa pechada", coleccion esquio de poesia.) Luz Pichel.

Comentarios

Lapis-vermello ha dicho que…
Encántame o poema. E ademais a foto tamén. Moitos saúdos

Entradas populares