SOMBRAS E ALENTOS


Se foses como a sombra

daquela noite en branco

e chegaras ata min

despaciño, sen facer ruido apenas,

os pés nus, para non deixar pegadas

no polbo ruin do camiño.

E preto da miña almofada

susurraras moi quedo

un bico de fada

co teu alento, namourada

como aquela outra vez.

Enton, o parrulo do conto

xa non seria cisne

nunca mais,

seria tal vez, o soño da alborada

seria, quizais, a néboa dos montes

sería a lúa no outono

o bosque no inverno

o mar salvaxe.

Seria un home libre

coma o neno que levo dentro

dende enton,

encadeado a túa

mirada ausente de amante.

Comentarios

Entradas populares