ANDARES (A TERRA DO MEDIO)
que nos agarda e soña en berce de
familia"...
(Xose
Vazquez Pintor).
ANDARES
(A Terra do Medio)....
o primeiro que se dá ou que se pide,
cando hai amor¡
.........(Bicos-Xose Vazquez Pintor).
Xustificar o nacemento dunha obra creativa, neste caso dun libro, é por
veces cousa complicada e difícil, mais neste caso, neste traballo colectivo,
pensamos que esta tarefa pode resultar un chisco máis doada, pois trátase dun
libro de agradecemento, dun libro necesario de recoñecemento do amplo labor á
persoa de Xosé de Quián, ese home que tanto leva escrito e tanto leva
traballado pola cultura do Noso Pais.
" Somos, Elas e eles. A
permanencia. Nós. Felices".
ANDARES.............................
Camiñamos facéndonos
e así nese andar imos con moitas e con moitos, pero nas e nos de máis cerca
sentimos a mornura da amizade e a frescura dos afectos. E naqueles de máis
cerca está PINTOR, e canto gustamos de facer camiño e tarefa con el.
O Xose milita nos desexos. A fantasía físoselle divertida e non a deixou
(non a soltou) por nunca máis. Canto
aprendeu, cantas veces, e canto compartiu, ao triste berro do can que avisa do
que chega ou marcha. Todo un pasar a ritmo da vida que o ía colocando na propia
vida e gustáballe. A luz da casa, a palabra acariñada e a emotividade, mercaban
os cardinais referentes das tarefas e dos lugares por onde camiñar e facer
camiño.
Pinto é a nosa voz, a nosa memoria, o noso faro, perfectamente claro e
clarisimamente perceptible, onde a sensibilidade manda, os afectos conquistan
corazóns, e a palabra faise camiño por estas Terras do Medio, pola que debagamos
na procura morna dun destino incerto pero autentico....Se resisto, se resisto e
sobrevivo, tamén é pola túa luz, como ben nos recorda David Otero, na reflexión
daqueles outros poetas músicos de Euskal
Herria de hai anos ; Kortatu .
(DAVID OTERO)
E como ben din o poeta Carlos Negro;
Poño por ti a musica da banda de Muimenta
e unha cerdeira para os paxaros da amencida.
Poño a sombra dun sobreiral en Carmoega
e unha aperta gorentosa coma un melindre.
sete noites de muiñada e un Seat seiscentos.
Poño un verso de dezasete quilómetros
dende Agolada a Lalin, alá na mocidade.
Poño unha feira do doce para moceares
e unha nación que aínda non plantaba eucaliptos.
-----o0000----------
E estamos dentro e fora, e somos e non somos, e pensamos e rimos e
choramos, fundidos nunha aperta cósmica de carballeiras e rios de non ir mais
alá do que sabemos que somos e coñecemos, porque o lonxe do solpor da casa e o
descoñecido dos mundos estraños nos que temos a obriga de seguir mergullando e
dar conta do que alá atopamos.
ANDARES......Nunca serás morte, Ti como es, Arenga responsorial pola
memoria nosa, No acougo das sobreiras e Quián, Melide dos meus retornos, un
hoteliño lindo, Pedra, As terras do Medio, conversas sobre un
cuestionario, Todas nos tomando a
palabra para falarmos do que foi, é e seguirá a ser esta Terra do Medio, de Ida
e Volta con que nos amosou a vida Xose Vazquez Pintor .-
Andares , na voz e os textos de;
Comentarios