O TEATRO DE PINTOR.



XOSE VAZQUEZ PINTOR.-

Boas tardes a todos/@s.
Xosé Vázquez Pintor, como nexo de unión ou pegamento unha vez mais entre nos todos, amigos, veciños, admiradores da súa obra creativa, nesta ocasión a escusa perfecta para reunirnos o seu carón para darlle o noso agarimo e  o seu Teatro.


Falar de Pintor e falar do imposible, e falar dun firmamento creativo infindo, dun  ilimitado paraíso de recursos  poéticos plasmados na palabra mesma, porque el mesmo é o verbo materializado en centos de artigos, poemas, relatos, libros de investigación nos que devagar no noso pasado e dende  logo tamén como non podía ser doutro xeito o TEATRO, así, con maiúsculas, porque Pintor non so domina e xoga coa lingua, non so domina e subxuga coa palabra, coma un moderno Frautista de Hamelin, senón que tamén e quen de crear un espazo lúdico, dramático, natural e meter dentro del ao espectador que contempla enriba dun escenario a representación dos soños e fantasías deste Pintor capaz de sorprender e ilusionar sempre.

As obras teatrais publicadas na colección Teatro da Pinguela, o grupo de teatro Ancoradouro ou o de a Casa da  Bola que funda, e agora este libro compilatorio das súas obras, algunha inédita ata agora, pon de manifesto a relación de amor de Pintor co xénero teatral, non por menos coñecido, menos importante na extensa obra do autor, cuxa actividade cultural e literaria desenvólvese en diferentes ámbitos.

Pintor como escritor, cultiva a poesía (Gándaras, Terra e pan, O espertar tamén é noso, Ofidios de diario, Na vertical da noite, No corazón mancado, Rotazón violeta, Banzados), a narrativa (De ida e volta, Lume de biqueira, Quen faga voar, A memoria do boi), o ensaio co que mergulla no pasado e os seus valores etnolóxicos coa obra; Os vellos oficios, A tribo sabe, o Xornalismo; e velai temos os dous volumens de Columnas de Papel e dende logo o teatro. Recordemos aqui e agora; (A fraga encantada, A sombra da memoria Teatro do patacón, Asubiu Fina e Petra, xente moi lareta, Sala de espera.







  O seu labor literario ten sido recoñecido con numerosos premios: Eduardo Pondal, Cidade de Ourense, Esquío, Uxío Novoneyra, Carvalho Calero, Torrente Ballester, Premio da Crítica Española.


Asi que parabens, unha vez mais e felicitemonos por esta nova achega editorial ao mundo literario do noso Pintor.



E non quero rematar esta introductoria de benvida sen destacar o excelente traballo realizado polos ilustradores dos textos;

-Camilo Caamaño Xestido-Xulio Garcia Rivas-Paco Lareo-Eitor Picallo-Manuel Fragoso e Jose Antonio Fondevila.



Asi como a ediciòn, cuidada e perfecta da Editorial Fervenza, coma sempre.






Temos hoxe con nos ós escritores a amigos;
Charo Golmar-Anton Laia- David Otero e a música calida e xenerosa do noso amigo Jose Iglesias, e como non agradecer a hospitalidade do Sr. Alcalde de Agolada D. Luis Calvo que non quixo deixar pasar a oportunidade de estár aqui presente o lado do noso mais ilustre e benquerido veciño Xose Vazquez Pintor, cuxa obra imos presentar de seguido.  

Comentarios

Entradas populares