domingo, 30 de enero de 2011

PHILIPPE CLAUDEL


Maravilloso libro que veño de rematar de ler. Tremenda fàbula sobre o exilio, e desarraigo, a soidade, e amizade, neste mundo ruin, no que so contan os beneficios rapidos, e o dia a dia.
A loita por seguir a ser o que eres, e manter as tradicions vivas os recordos mais fermosos a propia identidade como persoa, grupo, clase, pobo.
Tremanda historia de amor pola vida, que fai reclexionar e chorar, cun inesperado final.
Vola recomendo, e unha novela real como a vida de cada un de nos, en calqauera sitio, ou lugar, pero que pode ser tan proxima como certa....
LA NIETA DEL SEÑOR LINH, de Philippe Claudel, ediciones Salamandra. 11,50 Euros de literatura da boa...

jueves, 27 de enero de 2011

O CAMIÑO QUE EU VIN.....(I PARTE.-DO CEBREIRO A SARRIA)





















O CAMIÑO TAL E COMO EU O VIN.
Desde “O Cebreiro a Santiago de Compostela”, en bicicleta
______________________________________________________-

Hei de recoñecer que cando de improviso, sen preparar nada nin pararme a pensar no que ía tentar, decidín iniciar a ruta, non me chamaban ideas relixiosas, nin me sentía peregrino. Nin sequera pensaba en conseguir o xubíleo ó atopármonos en ano “Xacobeo”, nada máis lonxe da miña intención.
Tan só quería demostrarme a min mesmo que era quen de conseguilo y facelo só porque si, sen máis, sentirme un viaxeiro comigo mesmo, a mochila e a miña bicicleta.
Algunha vez, percorrendo as serras do Candán, e incluso cando pedaleaba polos carreiros de terra dos montes da Barbanza, pensaba que un día debería tentar esta viaxe, pero víao como algo irreal e lonxano, un soño máis, dos moitos que ao longo
da miña vida, foron quedando en fume, promesas no ar feitas a min mesmo pero nunca realizadas e desexos que por falla de tempo, de folgos, ou simplemente de valentía, non levaba a cabo.

E sen embargo agora estaba a piques de inicialo e cumprir este fermoso soño.
Aquí tedes pois, un relato fiel, paso a paso, desta miña viaxe, deste “ O Camiño tal e como eu o vin”.
No pretende ser unha guía turística nin tampouco un compendio de arte románica, nada máis lonxe da miña intención. Trátase exclusivamente dun relato persoal das miñas vivencias, impresións, sentimentos, esforzos, canseiras y ledicias nestes tres días de incesante pedaleo ó longo do CAMIÑO DE SANTIAGO, dende O Cebreiro ata Santiago de Compostela.
O viaxeiro pensa que se trabucou, y que debería ter probado a bicicleta coas mochilas antes de botarse á estrada. Pero xa non hai volta atrás, e mentres garda as mínimas e imprescindibles prendas de abrigo, unha muda, camisetas, zapatillas de deporte, un pantalón de chándal, os útiles de aseo, unha toalla, bolígrafo e caderno de notas e un libro de lectura, ó ligar no portaequipaxes a esteira e o saco de durmir, a bici, desequilibrada, cae ó chan varias veces para desespero do viaxeiro, que non certa coa maneira de acomodar todo de forma simétrica .


Para empeorar as cousas, no Cebreiro a esta hora -as sete da tarde do día 2 de Agosto do 2010- sopra con teimosía un vento moi molesto, que en nada axuda a acougar os nervios do viaxeiro, que ademais síntese fitado por una parella da Garda civil rural de a cabalo e varios mozos peregrinos, probablemente franceses, acampados nun prado próximo a carón mesmo do Cruceiro, kilómetro cero da viaxe cara a Compostela.
Por fin o “titular” de todo este avío consigue acomodar máis ou menos ben toda a súa equipaxe, e enfundadas as mans nas imprescindibles luvas de sempre, e protexida a cabeza co casco, preceptivo cando se monta en bicicleta e que debería ser asignatura obrigada para os nenos, déixase caer suavemente ata a ermida de Santa Mariña a Real, onde previo donativo de un euro, recolle selada e contedora dos seus datos persoais, a credencial que o converte oficialmente en peregrino do “Camiño de Santiago”. Nesta credencial irase deixando constancia rexistral dos lugares polos que o viaxeiro pasará, co seu selado correspondente en cada un .

O primeiro que o viaxeiro sinte, xa en ruta, é abraio diante da magnitude e o poder da natureza.
Ata onde a vista abrangue, a montaña é Deus. E certo temor atenaza os músculos nestes vacilantes compases do pedaleo, ata que o corpo se lle vai axustando á nova realidade da súa bicicleta.
Unicamente ceo e terra. O noso viaxeiro síntese temeroso y acovardado diante da exuberancia da que está a formar parte, da que é unha insignificancia, algo fuxidío que
non ha perdurar, e do que non quedará o máis mínimo recordo. A esta segura realidade contribúen outra volta, os refachos de vento que azoutan as ramas de toxos e xestas, donas dos cumios do Cebreiro.
Cando aínda o viaxeiro non se fixo coa súa bicicleta, aparece o lugar de Liñares, e a súa igrexa de torre branca, trala reixa do que parece que podería ser una vivenda particular, da que paredes de ladrillo e pedra e o patio, se integraran en sagrado.

Agora unha curiosa parada de taxi que estraña ó viaxeiro. Máis adiante, co devir do camiño, comprenderá o importante que para a xente dalgunha das aldeas máis illadas chegou a ser este medio de transporte.
A golpe de pedal, e sen desmaio, tras deixar atrás os 1270 metros do Alto de San Roque e a imaxe do peregrino esculpida en coriscos de inverno, noites de xeada e neve coa única compaña do teu propio medo en soidade, o ronsel de Compostela, e o fervor en Santiago, a ruta baixa empedrada e sinuosa, ata Hospital da Condesa. Alí , ó sentarse baixo da sombra dos carballos, despois de refrescarse e encher de auga fresca a cantimplora, o noso peregrino comprende o por que do topónimo da aldea, e percórrea fartándose cos sons do silencio do lugar, o contorno máxico do adro da Igrexa, tan branca ela como negra a súa pizarra , baixo a cruz dos cabaleiros templarios da Orden de Santiago. Seguidamente baixa saltando o muro, para curiosear o arco de entrada a lugar tan sagrado, seguro de que ninguén lle chamará a atención, porque non hai nin unha alma cristiá ou pagá en todo el lugar.

Dende Hospital a Padornelo, mentres a súa suor esvara copiosamente, o viaxeiro pedalea fatigoso por unha subida que non ten fin, ou iso lle parece, pensando mentres, que hai outro Padornelo, igualmente de montaña e neve, na provincia de Ourense.
A Canda e o Padornelo, portos míticos para o noso viaxeiro, cando hai xa demasiado tempo empezou a coñecer estas terras, subindo desde o “Valle del Jerte”, alá nas Extremaduras e facendo outro camiño, con destino final igualmente en Santiago.


Pero eran outros tempos, que agora lembra con cariño, e co sorriso debuxado nos beizos. Aperta os puños sobre o manillar, e metendo os cadrís tira cara arriba, secando a suor que gota a gota marca o seu paso no po do camiño, xunto coa rodada da bicicleta, ata que de improviso aparece o Alto do Poio, as súas antenas e os seus 1330 m. que o encumian.

O vento que entra sen dono, foino moldeando co paso dos séculos, e o viaxeiro pensa, mentres a bicicleta se lanza en loucura sen freo costa abaixo, que o inverno aquí é o rei.
E sen vasalaxe, vai deixando atrás Fonfría, Biduedo, Filloval, As Pasantes, Ramil, e no horizonte lonxano, xa no val, déixase entrever a torre de Triacastela, que o peregrino tiña marcado como fin da primeira xornada do camiño, entrando nas súas rúas pasadas as oito e trinta minutos do serán, cando as primeiras sombras enxugan o cansazo acumulado.
Triacastela, 665 metros de altitude, punto final dunha das etapas do camiño Francés, establecido por Aymeric Picaud, no século XII, nace e medra en función desta ruta.



O topónimo ten a súa orixe nos “tres castros” que segundo os estudosos se instalaron alí na antigüidade.
Vestixios da Idade Media son a ábside románica da igrexa de Santiago e do século XVIII, a nave, fachada e torre co fermoso campanario, que invita ao peregrino á oración, e ó viaxeiro á súa contemplación sen límite.
Triacastela albergou hospital e incluso cárcere para peregrinos, pero non chegaron deica os nosos días, nin a súa situación, nin restos destas construcións.
Agora é momento de solaz e sosego, en procura de pousada onde resgardarse da noite y repoñer forzas para a seguinte xornada. É agora tamén, cando o viaxeiro empeza a tomar conciencia de que nin o mes era o oportuno, nin o ano conveniente para a súa viaxe.

Nin quedan prazas nos albergues nin nos hostais do pobo, e ó final remíteno ao pavillón de deportes, habilitado como pousada de urxencia, e onde por tres euros atopa un oco no que acomodarse sobre una colchoneta de ximnasia xunto a una canastra de baloncesto, sobre a que apuntala a bicicleta deica o próximo día.

O lugar está limpo e en calma, hai ducha de auga quente e servizos, polo que o noso viaxeiro pensa que o acompañou a sorte, e vencido polo sono e a falla de luz,-nos albergues do camiño apágase ás dez da noite,- queda durmido.
Á saída de Triacastela, coas primeiras raiolas de sol, o viaxeiro debe decidir entre continuar ruta dereitamente a Sarria, a través da cadea de vellas aldeas, moitas delas case que abandonadas, como A Balsa, San Xil, Montan, Pintin, Cavior, o San Mamede do Camiño, no medio dunha paisaxe rural exuberante en vexetación autóctona de suma beleza, ou ben coller cara o sur, buscando la hospitalidade dos monxes bieitos do mosteiro de Samos, 530 metros de altitude, atravesando o río Sarria e a aldea de San Cristovo, Renche e San Martiño.
Na saída de Triacastela, o panel informativo advirte que a ruta a Samos está en obra, e ó noso viaxeiro sorpréndeo ver que o cartel aparece cruzado cunha cruz en vermello, polo que en principio dubida, para despois convencerse de que se debe tratar dunha trasnada duns gamberros,- máis adiante ó longo da viaxe vai ter esa mesma sensación en varias ocasións, e a dúbida de se toma a ruta acertada ou non, ante os falsos sinais, que parecen feitos por mans infantís, ou gamberros.
Pero nesta ocasión, a información é correcta, como lle confirman nun albergue- fonda, no que como motivo decorativo, unha grande bicicleta colga da parede de pedra baixo o nome do local, que o viaxeiro non anotou e desgraciadamente esqueceu.

O mosteiro de Samos, é considerado como un dos máis antigos de occidente, remontándose a súa orixe ata o século VI, baixo a regra de San Fructuoso.
É a finais do século VIII cando a orde asume a educación do rei Alfonso II “O Casto”, grande impulsor da difusión do sepulcro de Santiago, descuberto durante o seu reinado.
Coa adopción da Regra de San Bieito, no 960 o mosteiro ocúpase da hospedaxe dos peregrinos e constrúese a capela do Salvador, en torno ó ano 1000, coñecida como a do alcipreste , árbore que supera na actualidade os mil anos de existencia.
O viaxeiro recorda como noutra das súas viaxes con un grupo de amigos, percorreu o lugar e a fantástica impresión que perdurará toda a súa vida, cando dende o máis alto das montañas que protexen as paredes monacais, descubriron as torres e agullas dos campanarios do mosteiro, e como a estrada baixaba en formidables eses de un ó outro lado, curvas nas que a bicicleta parecía fundirse co propio asfalto .
O Mosteiro de Samos…! No seu interior, os claustros e patios, lugares de oración e meditación, a botica, onde se preparaban cocementos e apócemas para sandar aos peregrinos enfermos das doenzas do corpo e da alma .
Fermosos recordos, non tan lonxanos…

A orixinal igrexa románica, pérdese ao longo da idade moderna, e da paso á actual opulencia monacal do templo datado no século XVIII.
O claustro menor, coñecido como As Nereidas pola súa fonte barroca de singular encanto, situada na súa parte central, xunto co gran claustro iniciado no 1685, un dos maiores de todo o país, e que se remata no 1746, son imprescindibles na visita.
Nesta ocasión, o viaxeiro retrocede, e decídese pola ruta de San Xil, quizais porque Samos estaba aínda moi recente na súa memoria, e un dos obxectivos da viaxe era perderse polas carballeiras, y vieiros esquecidos do noso Camiño.
O camiño transcorre inicialmente, suave, entre sombras de amencida, e recendos de espertares, apenas son as oito da mañá, e o sol aínda non conseguiu superar as montañas baixo as que se oculta Triacastela.
Pero pronto se desvía á esquerda para ascender, en procura dos 870 metros de altitude do alto de Riocabo, e San Xil, deixando atrás as fragas e carballeiras de A Balsa, onde o viaxeiro, pon pé a terra para percorrer a aldea e mergullarse no silencio da vida ausente xa no lugar.
Alí onde o peregrino dirixe a ollada, ruínas, esqueletos de lares en pedra e soños, balconadas que caen en anacos de esquecemento, e a natureza que se apodera greta a greta dos recordos e reclama en cada palmo a súa conquista, curando a ferida que homes outrora lle inflixiron a golpe de aixada e ferro.
Unha pequena capela, no medio da fraga.
Un regato case seco, que seguramente no inverno traerá un cuantioso caudal.
Os restos dun vello muíño, do que non se aprecia xa nin a moa, nin quedan restos do cacarexo .
Carballos, castiros, bidueiros e unha inmensa foresta vai debuxando o sendeiro, en ocres e verdes, as cores dos soños máxicos, e acompañan a meditación do viaxeiro, inundando o silencio do sufrimento físico.

E finalmente enxugas a suor da fronte, bebes un bo grolo de auga buscando refrescar o reseco da garganta, e empuxas en frenética subida a bicicleta ata os muros derruídos das primeiras casas, e dende alí, en caída libre empedrada en torrenteira de tempestades invernais, na procura do refuxio que non chega, e aquelarres de contos de vellas, en noites escuras ó redor do pote de caldo fumeante, e miradas infantís, alcanzas Fontearcada e entre as súa casas levantadas en pedra e barro, preguntas pola igrexa á única persoa coa que atopas.
- Ten que baixar e seguir ao fondo da aldea.
Indícache amablemente unha señora de idade indefinida, e enrugada ata o infinito polo sol, o frío, o traballo e os anos, que deben ser moitos.
-Pero está pechada, non temos cura aínda.
Ó viaxeiro no lle importa. Desviarse uns metros máis do camiño, baixar e subir de regreso non significa nada, así que se deixa caer para visitar a ermida, que axiña atopa, e da que só lle chama a atención o soportal da entrada, integrado no cemiterio como tantas outras, e mentres come unha chocolatina, da que se avituallou no almorzo ó inicio da xornada, entretense en sacar unhas fotos das portas do ceo sobre a terra, as portas do campo, que non cerran nada pero que nos abren os ollos a todo. Curiosidades deste sentido da propiedade tan noso, como galego.

O viaxeiro retorna á súa ruta, sumido nas súas cavilacións e no seu soño, e pedalea como absorto nos seus pensamentos, arriba e abaixo, atravesando Furela, Pintin, Calvor, San Mamede, buscando ó fondo as rúas empedradas de Sarria......(CONTINUARÀ.....)

martes, 18 de enero de 2011

EL HIJO PUTA......(Premio de novela Corta).





Estaba sentado el otro día delante de mi ordenador cuando me acordé que tenía que llamar por teléfono a un compañero.
Descolgué el auricular y marqué el número de memoria.
Me contestó un tipo con muy mal humor diciendo:'¿ Qué quiere?'.
'Soy Ignacio Martínez, ¿podría hablar con Roberto Espárrago?' dije amablemente.
'Te has equivocado, gilipollas', me respondió y acto seguido colgó.

No daba crédito a lo que me estaba ocurriendo. Cogí miagenda para buscar el número de mi compañero y comprobé que,efectivamente, me había equivocado. Pero como aún
recordaba el número 'erróneo' que había marcado anteriormente, decidí volver a llamar a aquel tipo y cuando me cogió el teléfono no esperé a que contestase y le dije: 'Eres un hijoputa', y colgué rápidamente.
Inmediatamente apunte aquel número en mi agenda junto a la palabra 'hijoputa'.

Cada dos o tres semanas, cada vez que estaba cabreado porque me llegaba una letra inesperada, o un aviso de multa, o discutía con mi mujer, o alguna situación por el estilo volvía a llamarlo y sin dejarle contestar le decía: 'Eres un hijoputa'. Esto me servía de algún modo como terapia y me hacía sentirme mucho más relajado.

Unos meses después, la maldita Telefónica introdujo el servicio de identificación de llamadas, lo cual me deprimió un poco porque tuve que dejar de llamar al 'hijoputa'.
Pero de repente, un día se me ocurrió una idea: Marqué su número de teléfono y uando escuché su voz le dije: 'Hola, le llamo del departamento de ventas de Telefónica para ver si conoce nuestro servicio de identificación de llamadas'.
'No' me dijo el tío grosero, y me colgó el teléfono.
Rápidamente lo volví a llamar y le dije: 'Eres un hijoputa'.

Un mes después, estaba yo esperando con mi coche a que una anciana saliera de la plaza de aparcamiento del Hipercor. Esta lo hacía muy lentamente y cuando terminó la
maniobra y me disponía yo a ocupar la plaza libre, apareció un Golf GTI negro a toda velocidad y se metió en el hueco que iba yo a ocupar. Comencé a tocar el claxon y a gritar: '¡Eh, oiga!, ¡que estaba yo esperando!, ¡no puede hacer eso!'. El tipo del Golf se bajo, cerró el coche y se fue hacia el centro comercial ignorándome como si no me hubiera oído. Yo me quedé completamente frustrado y pensé: 'Este tío es un
hijoputa. El mundo está lleno de ellos'.. Justo en ese momento vi un letrero de 'SE VENDE' en el cristal de atrás del Golf. Lógicamente anoté el número y me fui a
buscar otra plaza de aparcamiento.

A los dos o tres días, vi en mi agenda el número del 'hijoputa' y me acordé que había anotado el número del tipo del Golf. Inmediatamente le llamé y le dije:
- 'Buenos días. ¿Es usted el dueño del Golf GTI negro que se vende?' - 'Sí, yo mismo'
- '¿Podría decirme dónde puedo ver el coche?'.- 'Sí, por supuesto. Yo vivo en la calle de Don Ramón de la Cruz esquina con Montesa, es un bloque amarillo y el coche
está aparcado justo enfrente de la casa'.
- '¿Cómo se llama usted?'
- 'Enrique Juárez'
- '¿Que hora sería la mejor para encontrarme con usted y discutir los detalles de la operación, Enrique?'.
- 'Pues yo suelo estar en casa por las noches'.
- '¿Puedo decirle algo, Enrique?'
- 'Si, claro'
- 'Enrique, eres un hijoputa de la hostia', y colgué el teléfono.

Inmediatamente después de colgar anoté el número en mi agenda al lado del otro, pero en este puse el nombre de 'hijoputa II'. Ahora tenía dos 'hijoputas' para llamar y
así estuve durante dos o tres meses, llamando ahora a uno, ahora a otro; hasta que comenzaba a aburrirme un poco.

Me puse a pensar en serio sobre cómo resolver este problemilla y al cabo de un par de whiskys se me ocurrió algo. Primero llamé al 'hijoputa I': - 'Dígame'
- 'Hola hijoputa' - pero esta vez no colgué.
- '¿Estas ahí todavía, verdad, cabrón?'
- 'Si, hijoputa'.
- 'Deja ya de llamarme o....'
- 'Noooooo'.
- 'Si supiera quién eres te rompía la boca', me dijo.
- 'Me llamo Enrique Juárez y si tienes cojones vienes a buscarme. Vivo en la calle Don Ramón de la Cruz esquina Montesa, en un bloque amarillo, justo en la puerta donde hay aparcado un Golf GTI negro, so hijoputa' -
'¡¡¡Ahora mismo voy para allá!!! Tu sí que eres un hijoputa y ya puedes ir rezando todo lo que sepas. Te voy a matar a hostias' -
'¿Sí?. ¡Que miedo me das, hijoputa!' y colgué el teléfono..

Inmediatamente llame al hijoputa II:
- 'Dígame'
- 'Hola hijoputa' y no colgué.
- 'Como te pille algún día...'
- '¿Que me vas a hacer, hijoputa?'
- 'Te voy a patear las tripas, pedazo de cabrón'
- '¿Sí?, pues a ver si es verdad, hijoputa. Ahora mismo voy hacia tu casa' y colgué.

Por último, cogí el teléfono y llame a la policía.
Les dije que estaba en la calle Don Ramón de la Cruz esquina con Montesa y que iba a matar a mi novio homosexual en cuanto llegara a casa. Luego hice otra llamada rápida a 'Madrid directo' y les dije que iba a haber una pelea de pandillas en la calle Don Ramón de la Cruz esquina Montesa. Y entonces me monté en mi coche y me fui para allá a toda leche. Te juro que es una experiencia que nunca olvidaré. La mayor pelea que he visto en mi vida. Hasta los cámaras de Telemadrid se llevaron lo suyo.

En fin, después de esto espero que cuando te llame por teléfono me contestes en tono amable.
Ya sabes, no es bueno que yo me irrite.


Premio novela corta
(Lamentablemente, non sei quen è o autor.....O recibin por correo electronico dun amigo, que tampouco o sabia....)

martes, 11 de enero de 2011

LLUIS LLACH - LAURA




PAra todas las "Lauras", que ido conociendo y queriendo a lo largo de etos años, que ya me empiezan a pesar en demasia, esta maravillosa canciòn de Lluis Llach.....

HOMBRE DE AGUA......




El hombre de agua
gotas de escarcha negra,
niebla de la mañana borrada por el silencio
de las sombras,
lluvia amarga y manos ensangrentadas,
cerrò la ventana de las huidas,
regò los geranios marchitos
oliò por ultima vez el aroma de la noche enlutada
y con una sonrisa ironica dibujada en sus labios
el ceño fruncido
la mirada huraña de los deseperados
corriò como loco
poseso del diablo
en pos del mañana.
El hombre de agua, seco;
dejò atràs el manantial de sus mentiras
tras la madera muerta de la nostalgia y el pasado.
El hombre de agua
se arrojò sin vergüenza, al abismo de los sueños
viento hosco de invierno inacabado
Y llorò amargas lagrimas de duelo
por sus silencios rotos
por los abrazos borrados
por las miradas tiernas, heladas en el miedo del ocaso.
El hombre de agua
gotas de sudor en fiebre perlada
saliò para siempre del futuro en sus manos
y caminó sonámbulo del tiempo
hacia el fracaso……

jueves, 6 de enero de 2011

DECLARACION DE PRINCIPIOS.....ANO NOVO VIDA NOVA. E HUMOR.....











*-Odio que me despierten preguntando si estoy dormido.*

*-Yo también he tirado de la puerta cuando debía empujar.*

*-Yo también he utilizado alguna vez el móvil como linterna.*

*-Saco el móvil, miro la hora, lo guardo,y ni puta idea de que hora es!*

*-Sí, a mi también me dan ganas de pedir un cubata al entrar a Berska.*

*-Pidas lo que pidas, el peluquero siempre hace lo que le sale de los
cojones.*

*-Yo también dije "trae, que tu no sabes!!" y yo tampoco supe.*

*-El dinero no da la felicidad, pero yo prefiero llorar en un Ferrari…*

*-Yo tampoco distingo a Guti de su mujer.*

*-Me ha parecido ver al cantante de Camela vendiendo bragas en el
mercadillo.*

*-Yo también canto las canciones en inglés como me sale de los cojonees!!*

*-Con los que nunca saben si es el timbre o el interruptor de la luz....*

*-Por qué viene una tía del futuro a explicarme cómo funciona la lejía???*

*-Todo lo que me gusta es inmoral, ilegal o engorda…*

*-No entiendo como la gente duerme en el metro y se despiertan en su
parada.*

*-Señoras que se quedan dormidas con la novela pero si cambias se
despiertan*

*-Mi madre también me dijo "como vaya yo y lo encuentre"...y lo encuentra!*

*-Con los que odiamos la foto de nuestro DNI.*

*-Seamos realistas; nadie hará una fila y saldrá en calma si hay fuego*

*-Yo también dije “mañana me levanto temprano y estudio”.*

*-Yo también he puesto a lavar la ropa por no ordenarla*

*-Con los que cuando tocamos timbre y preguntan ¿quién es? decimos YO!!*

*-Yo tampoco entiendo por qué se lía tanto el cable de los auriculares.*

*-Yo nunca he terminado una goma de borrar, antes se me pierden.*

*- Yo tampoco he visto nunca una paloma pequeña ¿Nacen ya grandes?*

*- Ojalá tuviera por la noche el sueño que tengo por la mañana.*

*- Yo también creo que las moscas traman algo con esa frotada de manos.*

*- Caerte en público y levantarte a la velocidad del rayo como si nada.*

*- Hablar con alguien mientras intentas recordar de que lo conoces*

*-Saludar a alguien, equivocarte y saludar al infinito disimuladamente...*

*-Yo también acelero cuando veo el semáforo en ámbar*

*-Yo también creo que Google y Hacendado dominarán el mundo*

*-Odio abrir un sms con ilusión y que me salga una promoción.*

*-¿ABRE FÁCIL? Los cojones!!*

*-Yo también aprieto mas fuerte el botón del mando cuando se gastan las
pilas*

*-Yo también saludo a quien me saluda aunque no sepa quien es.*

*-Cuando le digo a un amigo que mire DISIMULADAMENTE, nunca mira
disimuladamente.*

*- A mi también me dijo mi madre:si estas mala para ir al colé, estas mala
para salir.*

*-Odio que cuando hago algo mal, siempre me lo recuerden.*

*-Yo tampoco soporto que me vigilen los chinos cuando compro.*

*-He perdido el móvil! He perdido el móvil!!!... ha no, esta aquí... *

*-Yo también llamo a los gatos mediante un ruido de "psbsbsbsbsbs"*

*-Yo también sigo viendo capítulos repetidos de los Simpsons.*

*-Siempre se me cae un calcetín cuando llevo un montón de ropa a la
lavadora!*

nON HAI COMO COMENZAR UN NOVO ANO CHEO DE BOS PROPOSITOS...E CUN SORRISO, -AS FOTOS SON DAS MELLORES CHAPUZAS A NIVEL MUNDIAL.....A BOA POESIA, NON ESTA REÑIDA CO HUMOR...