lunes, 13 de agosto de 2007

HELENA VILLAR JANEIRO


Na Praia dos Lagartos........


Ao claror do luar

dunha noite calquera

pelexaban unha urce

e unha carqueixa,

só porque unha era loira

e outra morena.


E dixo o moucho

moi avogado:

-Pelexar por tan pouco,

¡que ruín coidado¡

Loira ou morena,

tedes a flor no aire

e os pés na terra.




(Helena Villar Janeiro, Becerreá-Lugo 1940 .Poeta, narradora, é autora de diversos libros de poemas e novelas, algunha delas para nenos. (Patapao, o dia que choveu de noite, Contos do paxaro azul..etc.

Este poema, forma parte do libro de poemas -Na praia dos lagartos-, co que Helena Villar, gañou o premio Arume de poesia para nenos, da fundaciòn Neiras Vilas, no ano 2003, na súa segunda ediciòn, "polo allegamento cordial á naturaleza galega, nunha poesia espontanea cun lucimento lexical auténtico, manexado con gracia e musicalidade ", tal é como explica no prologo do libro o propio Xove Neira Vilas.

sábado, 11 de agosto de 2007

RECUERDOS


Recuerdos de la casa grande
en musgo seco y sombras de vientos
que arrastran recuerdos,
suspiros, gemidos y lamentos .
Y en cada esquina
perdido en el tiempo
nostalgia de la pupila verde,
de tu cuerpo dormido
de unos pechos desnudos
de unos labios besados.
Ausentes,
escondidos tras la fuente
de la mirada esquiva
de los pecados húmedos,
los ojos del recuerdo
cerrados.
El camino helado del sendero
hacia tu vientre tan amado
en el hogar, junto al fuego
de la casa grande
consumidos de deseos
y de miedo,ya no existe.

Piedra y sueños abrazados,
entre brumas aún te encuentro,
como hiedra enredados en mis sueños
hacia la muerte del pasado.
Mientras, paso a tu lado
y la sombra
de la mirada inerte
en el vacio de tu ausencia
tan real,
me dice que ya no eres.

jueves, 9 de agosto de 2007

XOSE VAZQUEZ PINTOR-


Buceando o outrro dia, polos fondos editoriais da libreira Gellaecia, en Santiago de Compostela, atopei este caderniño, xunto co outro da Fraga Encantada. Obras ambalas dúas do Xose Vazquez Pintor, finalistas do premio Rafael Dieste no ano 1999, a primeriara, é do premio Facho no ano 1983 a segunda.
Tratase dun proxecto fantanstico, de levar o teatro a escola.
A coleccion reune unha serie de autores, capaces de escribir e facer teatro para ler e representar. Dirixido a tolos publicos, ten especialmente nos nenos o publico mais exixente..
Penso que é unha grandisima idea. Grazas os emprendedores "Da Pinguela".

miércoles, 8 de agosto de 2007

FRANCK MEYER


Pêle-mêle fel

____________


O sabor da túa boca ainda

na miña pel enfriando a modo

o teu territorio marcado

con pequenas mordedelas.


Envurullados na maleza

do manglar

na praia das túas pernas

e a marea que vén vindo

baixo o brillo dos nosos ollo

cheos de pel.

O mar salgado de algo

que vence as sompras

na aperta.


A chuvia

a eterna chuvia

nas pedras

e nós aos cafés

os cristais abafados

a roupa mollada

os beizos húmidos

dos bicos.

Entre a muller e os meus ollo

eu mesmo

batido dun lado para outro

na via da luz

sobre a rede do desexo.




O mundo de Frnack Meyer, sorprende pola súa lirica cotián. Musica e cadencia cunha sonoridade lixera de sensual poesia, chea de imaxes, erotismodor e carne. Pracer a saborear cunha ollada distinta a de cada dia. Un intenso achegamento a esencia invisible da alma e o amor a muller.

PEl-mel fel, é o primeiro libro de poesia de Franck Meyer, este FRances de Lorena, criado en Alemania, e actualmente desde fai uns anos, residente en Vigo. Chamame a atenciòn, que non sendo a súa lingua materna o Galego, escribea e a domiña mellor que moitos de aqui.

jueves, 2 de agosto de 2007

XOSE MANUEL VARELA


CASA VOUGA

____________________


A casa queda vouga,
sen alento.
O teito xa non é teito,
é ceo aberto ó ventimperio.
Un mundo alleo de hedras e silvas
agabea polas paredes de pedra,
orfas.

¿Que foi dos choros dos berces?
¿quen fala agora á calor da lareira?
¿quen comparte unha cunca de viño quente?

Xa non renxen as táboas do sobrado caido,
naquel onde se velaron tódolos mortos da familia.

As portas péchanse a toda vida de por sempre.
A casa queda vouga,
os camiños que dan a ela
non son camiños, son fronteiras
a toda herdanza.
Xose Manuel Varela, Malpica Bergantiños 1967.No ano 2000 recibiu o galardon Bergantiños desde os libros e unha mencion especial no IV Certame Xornalistico Neira-El Correo Gallego.
E docente de lingua e literatura e traballo pola cultura na comarca de Bergantiños.
O libro Casa Vouga, é a súa primeira obra, e os debuxos, de Miguel Anxo Calvo, cumpren ca fermosura destes poemas dende a memoria, o mar e a terra.