lunes, 28 de diciembre de 2015

ALBA MENÉNDEZ CASIELLES........(TAN SO TEN DEZ ANOS).


Alba ten tan so Dez anos. Alba é unha nena, unicamente unha rapariga mais, como moitas chea de soños, ilusions e fantasias, con toda unha vida por diante, esa vida que as veces vaina sorprender, coa paleta cromatica de cores, as veces verdes de tranquilidade, as veces bermello  de dor, outras a vida virá pintada de azul,







Eu desexolle que sempre, sempre sexa da cor das Esmeraldas. A cor dos soños e os mais intimos e felices recordos, que non veña cargada de brancos e negros, e que o seu desexo de escrever e seren escritora chegue a bo porto, e como nas Itacas de Ulises,  a sua illa sexa doce, chea de coñecementos, de novas experiencias e da felicidade desa . a nosa, a de Alba , a de todos, esa vida que vendemos, e na que estamos. 
Alba tan so ten dez anos, vive entre o fume dos coches, e o verde claro do Val de Asturias, tan preto do mar dos estranos, alende as terra onde a liña difusa do horitonte xoga as agochadas co sol, cada tarde como do ceo das montañas, esas mesmas de homes inquebrantables en loita dura consumidos encorvados sobre a dura ingrata terra malparida que os acolle. Terra de pan e fame, terra de ancestros esquecidos e negro tizon, como o carbòn dantano, das minas abandonadas hoxe.
Alba soña, e soña, e mentras medra, nos deixa o silencio en branco e negro, as palabras en cores consumida, os soños e desexos dunha nena que xoga a dicir o que outros calamos, e escribe, baila, xoga, e deixa fuxir a vida a raudales incontenida por cada un dos poros  da sua pel.
Ogalla que lle sexa leve e fermosa  asingladura e chegue, algun dia, entre agardamos por ela, e vivimos, lemos os seus versos cheos de encanto,feitizo  maxico dunha nena de tan so dez ano, e xa Poeta......Alba.   



LOS COLORES.........

Con mi paleta de pintor,                                                                                                                                                                  
Pinto el mundo de color:                                                                 

Considerado un color amoroso,

el rojo es el mejor de todos.


El verde es el color de la tranquilidad
Pero cuidado, no te puedes estresar

Si tú eres honrado,
El azul es tu color deseado.

Alegría, plenitud,
El amarillo es el color de la luz.
Temor, riqueza, movimiento,
Pinta de morado el desaliento.


Frio, pureza, paz,
Si pintas de blanco el mundo,
Libre de guerras quedará.

 
Con mi paleta de pintor,
Pinto el mundo de color.












QUIERO SER ESCRITORA

Mi sueño es extraño
Porque quiero ser como Machado
Para hacer mil poesías
Y poder compartirlas.

También escribir libros
Para todos los niños
Que sean divertidos
Y muy imaginativos.

Publicar mis libros
Por todas las editoriales
Cuentos, fábulas
Y hasta diarios semanales.

Recorrer el mundo
En busca de pintores,
Para que ilustren mis libros
Y los llenen de colores.

De mayor seré escritora
Y todos veréis mi obra.







 AUTORA: ALBA MENÉNDEZ CASIELLES. Curso 4º Primaria,
                 10 años.

domingo, 13 de diciembre de 2015

RUTH MATILDA ANDERSON...FOTOGRAFIAR OS SOÑOS.


Hoxe a maña, aproveitando a visita dun moi numeroso e animoso grupo de amigos chegados dende as Rias baixas para ver a nosa zona, e membros do IEM (instituto de estudos miñoranos, estivemos visitando algo do moito fermoso patrimonio .Entrelas visitas que fixemos foi a de achegarnos a torre pazo de Amarante, onde comenteilles a visita e impresionantes fotos que no ano 1924, tomara esta fotografa Americana, Ruth Matilda Anderson. PAralos que non saiban dele, aqui abaixo vos deixo un ha breve reseña, e algunhas das suas obras de arte, en foto.....




Ruth Matilda Anderson fue una fotógrafa americana, que por su trabajo para Hispanic American Society ,viajó a Galicia en 1924 para fotografiar las costumbres, profesiones, monumentos y lugares de los gallegos.
Durante dos años Ruth Matilda Anderson, recorrió los pueblos de Galicia junto con su padre, también fotógrafo, Alfred Theodor Anderson. Recorrieron nuestro pueblos, villas y ciudades en la búsqueda de los oficios típicos, fiestas y paisajes. Utilizando los pocos medios existentes de transporte como a caballo, a pie, en los primeros Castromil (hoy en día son Monbus) o en carrilana para desplazarse por nuestra geografía.
Fruto de este viaje, Ruth Matilda Anderson construyó el archivo más grande e importante de fotografías de Galicia de la segunda mitad del siglo XX. Buena parte de estas fotos están publicadas en el libro “Gallegan provinces of Spain. Pontevedra and La Coruña“, de las que la mayoría pertenecen a la zona de a Costa da Morte.
Aunque recuerda Galicia como una “pequeña tierra mágica”, de la que prefirió fotografiar su parte y sus costumbres más rurales, huyendo de la modernización que estaba sufriendo en sus urbes. Buscaba lo autóctono y lo típico de nuestra tierra.
Muchas de las fotografías de este archivo, conservado en Nueva York, formaron parte de la exposición “Unha mirada de antano. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia” que se pudo visitar, hace ya un par de años, en las sedes de la Fundación Caixa Galicia en A Coruña, Vigo y Ferrol.
 







viernes, 4 de diciembre de 2015

CASAS VELLAS-CATASOS (A FRAGA BONITA). o MEU POEMA " A CASA ENCANTADA".

E finalmente co meu poema "A Casa Encantada", poño o punto e segudio a esta serie de entradas de poetas e poemas, que nos reunimos o passado dia oito de Novbre. nas Fragas de Catasos, para poñer en valor os nosos versos e palabras polas arbores en perigo. Xunto coa nosa voz, estivo a musica de Miriam Moutiño, e a obra creativa, en forma de acuarelas de Xulio Garcia Rivas..... 
 O excelente traballo da Asociacion Cultural O Naranxo e Lalin, e os amigos da plataforma pola defensa da FRaga de Catasos, que nos abriron as suas portas de par en par.....









ANGEL UTRERA.
A casa encantada
ten paredes de cartón
Sabe a fresa e chocolate
E suave e doce
coma una garatuxa.
A casa encantada
esta chea de xanelas polas que mirar
e ver os soños dos ausentes
A casa encantada
tan so pódese visitar a escuras
en branco e negro de soños húmidos
e sen voz
na casa encantada falar non é posible
o ruído e o silencio infinito
murmurio transparente do feitizo
da irrealidade e a nada
da casa encantada da fraga. 
Angel Utrera




ENCONTRO EN POESIA NA FRAGA DE CATASOS (V E ULTIMA ENTREGA).......













Nova entrega, nesta ocasion xa V entrega  doutros cinco poemas, de cinco poetas mais dos que xenerosamente se sumaron ao acto, encontro en poesia pola Fraga de Castasos, "A Fraga Bonita", o pasado Domingo dia oito de Novembre, dentro do IV encontro  de poetas e artisas,.... ISABEL DE TORO, LORENA REI, PEDRO ANTONIO PEREZ BOUZA, RAMON RODRIGUEZ TBOADA  ...









No marco incomparable da Fraga, onde deixamos as nosas pegadas en forma de palabras e versos, e o noso desexo reivindicativo de salvar a nosa fraga da especulaciòn, o poder dos cartos, e a forza irracional dos poderosos, neste caso o desexo de Union Fenosa, de arrasar a fraga para a instalaciòn dunha liña de alta tensiòn...


ISABEL DE TORO
Densas horas cruzan
a penumbra do meu soño
voan días grises
arrastrando as noites
O meu alento esboza no espello
o teu contorno impreciso
a miña cabeza sosegada
sobre o espectro do teu ombro
sobre este amor...
cadencia de melodía inacabada
Amenceu o verán
xa escurece o outono
outro nadal virá
e outro maio imporá as súas flores...
Suor senlleira
a miña pel contra unha sombra
pegadas dun tempo imperfecto
que non foi conxugado
porta inerme
que non deixou entrar a primavera
Isabel de Toro. "Na penumbra".
**
FOTO Isabel de Toro. Porta inerme (da serie Portas e ventás)
LORENA REI
Á FRAGA DE CATASÓS
Escoitar na fraga o sabugueiro
de folla repinicada.
No bosque atlántico tantear
amores con
feitizos de fiúncho.
Foresta virxe,
monumento de Catasós,
aceno de identidade onde
ecoa o vento entre os
fentos e o vagalume.
                                          Lorena Rei



RAMON RODRIGUEZ TABOADA
CASAS VELLAS
O sol enclinou seu arco
sobor da terra esvarando,
outono das cores vivas
pouco a pouco sementando
follas roxas e amarelas
que van extendendo un manto
por riba da negra terra
tapiz de cores formando.
Na noite ximen os ventos
como se unha nai cantando
aloumiñara ó seu neno
riba do colo arrolando.
Tempo de recollemento
para pasar cavilando,
para escoitar o que un leva
dentro do peito falando.
Agora cas noites longas
e os días curtos nublando,
aloumiñados cos ventos
e as choivas golpetexando
tons e sons de regadío
van o maxín alumando.
Vénseme hoxe na memoria
a fraga das Casas Vellas
e a pretensión da Fenosa
que quere facer con ela,
corredoira de corrientes
desfacendo a carballeira,
disque en nome do Diñeiro
que vai traer pra estas terras
o progreso proguesado
que manda desa maneira.
Linguaraces trapalleiros
serviles do Capital,
chámanlle a chimpar carballos
progreso e máis benestar,
pero calquera que sinta,
que se deixe razoar,
ve moi claro, non hai cartos
cos que se poidan pagar:
os aloumiños das arbres,
as cancións que alí se dan;
os marmurios entre as follas,
as doces sombras no vran:
o arrolo dos paxaros,
os froitos que están a dar,
os cogumelos que xorden
da terra sen avisar;
leña pos duros invernos,
brisas doces no verán
e un senfín máis de innombrables
que sin saber se nos dan.
Por eso amigos veciños
por eso e por moito máis,
a fraga das Casas Vellas
deberiamos salvar.

Ramón Rodríguez Taboada (MonchoNela).


·          
·        PEDRO A, PEREZ BOUZA
·        Tristes poemas..

Me dixeran que alguén dixo
que os meus poemas son tristes
que respiran amargura
respiran o que eu respiro
e sinten o meu sentir
porque estan feitos por min
con fortuna ou sin fortuna
Con rigor ou sin rigor
xa sei que sin maestria
e sin rimo nin medida
pero ten sentimentos
son feitos con o coarazón
non atenden a razóns
son retazos de unha vida
Son parte da miña vida
da miña vida vivida
dando todo o que hai que dar
sin mal vivin eu a vida
a vivin co o corazón
casi nunca co a razón
amar e non razonar.
Miña entrega foi total
non sempre correspondida
o lamento nos poemas
poemas de desamor
que carecen de alegria
si o negara mentiria
son poemas das miñas penas.
A quem conto a miña vida
quen sufre co meu sufrir
quen conparte o meu lamento
nadie teño xunto a min
que me alivie dos meus malos
a quen contar meus pesares
a o vento llos conto ao vento.
Que o vento me leve os males
que os leve ao fondo do mar
onde a luz din non existe
pa que non poidan volver
cos males vaien as penas
entonces os meus poemas
non seran poemas tristes.

Pedro Antonio Pérez Bouza

martes, 1 de diciembre de 2015

ENCONTRO EN POESIA NA FRAGA DE CATASOS (IV ENTREGA).

Nova entrega, nesta ocasion xa IV entrega  doutros cinco poemas, de cinco poetas mais dos que xenerosamente se sumaron ao acto, encontro en poesia pola Fraga de Castasos, "A Fraga Bonita", o pasado Domingo dia oito de Novembre, dentro do IV encontro  de poetas e artisas,....VICENTE ARAGUAS, MANUEL PATINHA...TERESA ROMERO....CONSTANTINO REGUEIRA, E NEVES SOUTELO.No marco incomparable da Fraga, onde deixamos as nosas pegadas en forma de palabras e versos, e o noso desexo reivindicativo de salvar a nosa fraga da especulaciòn, o poder dos cartos, e a forza irracional dos poderosos, neste caso o desexo de Union Fenosa, de arrasar a fraga para a instalaciòn dunha liña de alta tensiòn...










VICENTE ARAGUAS
EXPOÑO CANTO SINTO

                                                            A Eva Veiga

Falo galego tal como cantan os paxaros
                                                  ou teñen raias os tigres e as cebras
                                                  como fan a roda os pavos reais
                                                  no parque veciño ou brillan estrelas
                                                  esta noitiña no ceo de xaneiro.
                                                  Fáloo coa mesma naturalidade
                                                  con que dous se queren ou deixan ir
                                                  o amor polo río abaixo e volver
   quererse e así sempre, sempre, sempre.
        Fáloo e vou falalo aínda que non quedemos
                                                  máis que o canto dos paxaros, as raias
           dos tigres e das cebras, os brillos das estrelas
    e o coro de loucos que levan cantar á lúa
                                                  en galego. Cantándolle en galego.

VICENTE ARAGUAS
Ferrol, días de Nadal de 2014



CONSTANTINO REGUEIRA.
QUE O SAIBADES
Catasós, fraga senlleira.
Documento vivo de
agarimosos tempos.
Testemuña foron as túas follas
de teixugos enxebres, donicelas e raposos,
dos xogos amorosos de D. Lobo
e de tantos compañeiros respectuosos.
Pero a hora chega en que,
como Unha bicha silandeira
a besta teima con veleno e con pezoña
romper a túa memoria en mil anacos,
derrubando, electrocutando con desprezo
a casa común de tanta vida.
Xuntamos hoxe aquí o noso esforzo
 a nosa loita común
polo que somos,
pola causa que ennobrece o noso berce.
Berce que foi e quere  ser,
terra de fragas, prados, ríos
montes e  vales
en eterno abrazo coa súa xente.
Non e non, mil veces non....!
                 QUE O SAIBADES…
(Constantino Regueira).


NEVES SOUTELO
E así, un aire
de cinza e follas vellas
contórnanos 
e camiñamos.
Preferimos non voar
nestas ás sen pó e tatuadas e sen escamas
irisadas
man a man
ó contraluz na outonía
as nervaduras
do corpo
xacen nas cunetas á intemperie
os pés
cantan e dóense
predecidos polos pasos
os nosos ósos húmidos
pobóanse de crisálidas mortas
e as bocas
as nosas bocas comestas
de insectos comestas
de palabras - as nosas - comestas
de odio e agónicas e de desidia 
falan sobre os anos.
E a cinza e o aire e a casa e as follas 
contórnannos e 
non voamos e 
so queremos estas ás rotas e a perda e a fraga e o camiño.
(Mª.Neves Soutelo.)


Manuel Patinha
Aire suspenso

Porque no preguntas
donde han dejado estrellas huérfanas
buen puñado de centellas
que por las noches asoman a miles de ojos
con la idea de alumbrarlos un pellizco.

En tan solo un momento hacen radiar
la calidez que filtra oscuros conductos
en interiores remojados
lugares apartados de la fauna urbana
que arriban a ensenadas de entresuelos.

Anónimos rostros pétreos
cincelados por vahos tempraneros
los que rompen el tiempo impenetrable
descubriendo fascinantes magnitudes
y llevando a galope corceles de filigrana.

Por eso no dejes de preguntarme
hazlo con decisión y voz que timbre
tarea que non sea ardua de tetas rellenas
de montes verdeando y astros tejiendo
las mantillas que abrigan rosales.
©manuelpatinha2015


 

 TERESA RAMIRO

GARDA   A  FRAGA SEGREDOS...

A sombra 
acende a noite   
enquanto a lúa  ilumina o pranto.

Un laio desce
pola gorxa  da Fraga:
tan fermosa , 
tan frondosa , 
tinguida de outono
procurando ser ventre 
de folliñas verdes.

As nubes  sangran  silencios 
de páxaros exaustos 
que se entrelazan co vento 
nos camiños .Os segredos 
ben escondidos
atravesan  os troncos
enraizando na terra
e desaguando  nos  rios . 
 
(extrañas árbores  aéreas 
queren roerlle as entrañas
atravesando a súa  a sombra )

Cantarei seu pranto,
                                 sobre esta terra húmida :
                                                    o meu sangue.