miércoles, 25 de junio de 2008

ENTRAMADO


Cando matas a un home, le roubas a vida, pero tamen roubas un pai a os fillos, e un marido a unha muller.

Cando mentimos, roubamos a outro home, o seu dereito a coñecer a verdade das cousas, e lle negamos o dereito a ser mellor,

Cando engañamos, estamos a roubar o dereito a xustiza, a equidade que cada un de nos posue, e debe defender, porque e tan prezado como a propia liberdade de decidir si mentimos, si engañamos, ou mesmo si roubamos ou matamos a outro ser.

O limite a un mesmo, empeza na fronteiro dos outros homes.

O entramado perfectamente texido polos fios das redes de tela de araña que formamos inconscientemente, se os apoiamos na falta de verdade, na carencia de principios, na ausencia da rectitude que ten que rexir a vida de todo home, deviene irremediablemente, nunha dèbeda de muy dificil pago, con nos mesmos e o resto da humanidade, polo que perdemos o ùnico e principal rasgo deferenciador cos animais, "O uso do raciocinio", o pensamento, o remordementos....E damoslle a razon a Rousseau, cando escribiu :" Homo Lupus Homo", -o home é un lobo para o home.

ANTONIO JOSE FRANCISCO REY


¿ALGUNHA VEZ FUCHES FELIZ?...
¿Algunha vez te sorriu a vida?
¿Senticheste comprendido?,¿Amado?
¿Viches o brillo duns ollos cando te miraban atentos?
¿Soñaches cunha persoa querida?
¿Choraches de alegria ao acadaren algo que desexabas profundamente?¿Descubriches que podes perpetuarte dalgunha maneira nos teus fillos?¿Deitácheste cansado, mais satisfeito de face-lo teu traballo?
¿Gozaches da beleza da primeira rosa da primavera?
¿Perdoaches a que te feriu?
¿Perdoácheste a ti mesmo?
Libérate do sufrimento.
Relaxate.
Respira fondo.
Xa se ergue o sol....
--------0000------------

Do libro de Poemas "Son Galego". Poemas dun galego por naturaleza, ainda que nacera en Bos Aires, fálanos da terra, da xente, da infancia, dos recordos......ao travès das palabras e sentimentos mais fondos, e emotivos, do se avó paterno, nado nunha aldea de Muros, na Coruña. Como tantos outros, Gallego na diaspora, fillos desta desagradecida terra, ferida aberta ainda, a pesarem dos anos.

Xa trouxen fai tempo outro dos seus poemas, mais emblemàticos para mi, pero este quizais faime sentir triste e baleiro..... non sei porque.

Pensamentos aillados da miña frustracion vital, tal vez.


miércoles, 18 de junio de 2008

PILAR BLANCO


ZARZALÚA.................


Non me deas o
que eu non che pido:
auga
para o desexo
ou sede para a mente que barrunta.
Vivo na bátega onde medran
a paixón e a súa lava.
II.
Non me deixes ,inverno.
Arde
e ardendo
crea o calor.
III.
Ser
a bágoa
da estalactita
zumegando silencio.
(Outra xoia feita a man, cunha tirada limitada- cen exemplares, e cun debuxo -xerigrafia de Antonio Piñeiro, ano 2007. Coleccion Bourel. Bico de MAr, que atopei en Santiago, nas miñas andainas polas librerias de sempre....)

lunes, 16 de junio de 2008

CANDO EU ERA NENO





CANDO EU ERA NENO

Cando eu era neno
Recordo as conversas teimudas dos vellos sobre a proximidade do fin do mundo.
Hoxe, aquí e agora, son eu o que fala do fin de todos eles, e tremo pola proximidade certa para min, a volta dunha esquina traizoeira.
Cando eu era neno
Pensaba na morte como algo irreal.
E a imaxe mais próxima que tiña dela, saqueina dun mal debuxo do meu libro de historia.
Era dun home descoñecido para min, co seu traxe xastre. O traxe dos días de festa e Domingos de gardar, negro como o carbón, lustroso e relucente polo gastado que o tiña de tanto usalo.
A cabeza cinguida pola cinta que lle facía ter a boca pechada a forza, como se alguén tivera medo de que falara de novo.
As mans cruzadas sobre o peito, e entrelazadas cas doas do rosario. E as cuncas dos ollos cubertos cunha moeda, ambalasduas.
A cada un dos lados da cama onde repousaba xa cadáver, dous enormes cirios custodiábanlle na postrema despedida, digna e solemne, desta vida.
Hoxe, creo firmemente que non existe morte digna de ningún xeito. Antes ben toda ela é ruín e cruel.Unha inxustiza. Unha burla de Deus.
Cando eu era neno,
Recordo que miña nai reprendíame cando me vía cos ollos cheos de bágoas, e mancado, cos xeonllos sangrando.
Angel, dicía, os homes non choran.
Anos despois, home feito e dereito xa, cando a perdín, chorei como nunca o fixera de neno, alí so, diante da súa lapida fría, sen importarme para nada quen me vira.
Cando eu era neno
Tiña unha bicicleta de prestado. Sen freos, e mais óxido que ferro. Coa que soñaba que lle facía carreiriñas ao vento, nas costas abaixo, polas que me lanzaba cos ollos pechados, dende a Alhambra, ata a praza de Santa Ana, as veces, outras dende a Gran Vía, a praza de Bibarrambla, polo Zacatin.
O mellor era que sempre era eu o que gañaba.
Cando eu era neno,
Dos carambelos da fonte dos xardíns do Triunfo, faciamos festas de caramelos, mentres quentabamos as xemas dos dedos co calor do noso alento, polos buratos das luvas de lá.
Cando eu era neno,
Os años pasaban por nos moi lentamente e tiñamos tempo para facelo todo, mesmo xogar a ser nenos, despreocupadamente.
Cando eu era neno,
Gustábame facer colección de cromos. Eran dos sitios, animais, flores e persoas mais incribles do mundo. E polas noites, case que a escuras, abría o meu álbum cas estampiñas pegadas con grumos de fariña e auga, o noso pegañento cola máxico, e maxinaba viaxar polo mundo enteiro, e vivir marabillosas aventuras, alí tombado, sen moverme da cama mirándoas unha e mil veces.
Cando eu era neno,
Non cría cun día deixaría de selo, e xa nunca mais ía volver a ter a fantasía dos soños, a limpeza do corazón a capacidade de asombro, os ollos abertos grandes para a descuberta do novo, toda a vida por diante, todo iso que agora son os meus recordos.
Cando eu era neno,
Nunca pensei que de vello, ía a seguir sendo un neno grande.....
Cando eu era neno,
Quería crecer é ser maior rapidamente, para poder facer tantas cousas como pensaba facían os meus pais, é que eu non podía pola miña curta idade.
Agora gustaríame ter outra oportunidade, e volver a ser aquel rapaz que fun un día.


Angel Utrera




Para a miña nova amiga Marisa- Cuspe de Pita- do outro lado do espello maxico que é a rede.




Xa ves MArisa......eu de neno tamen era neno, capaz de xogar, de reir, de desfrutar.......


Non o que teño é morriña pola perdida da miña infancia, sen chegar a decatarme delo, como un pasmon, cando me din conta xa era tarde....











domingo, 15 de junio de 2008

EL VERDADERO FINAL DE LA BELLA DURMIENTE


Todo el mudo sabe que, cuando el principe Azul despertò a la Bella Durmiente, tras un sueño de cien años, se casò con ella en la capilla del castillo y, llevando consigo a la mayor parte de sus sirvientes, la condujo, montada a la grupa de su caballo, hacia su reino.

Pero, ignoro por qué razón, casi nadie sabe lo que sucedió después.

Pués bien, éste es el verdadero final de aquella historia.......


(Asi comienza "El verdadero final de la Bella Durmiente", de Ana Maria MAtute).


Xoguemos a inventar a continuacion deste conto de nenos, que todos nos escoitabamos de pequenos dos beizos da nosa nai , mais ou menos embelezados ata quedar durmidos.


A vida ia transcurrendo feliz no reino, os anos uns tras outro pasaban ca súa pesada carga de aburrimiento.

Xa non era doado para o principe acadar a maxia necesaria para deslumbrar como antaño, a súa namourada princesa, na que as arrugas nos ollos, os michelines na barriga, as caderas anchas demais , tralos partos dos tres fillos, desagradecidos e sempre exixentes, os peitos caidos, e o mal humor, deixaban ver as claras que a lozania da xuventude, estaba xa esquicida facia tempo.

O principe pasaba mais tempos cos amigotes, nas parrandas e farandulas das monterias e cazas polos bosques aledaños, que no palacio, ca princesa e os fillos, dos que escapaba cada vez con mais asiduidade, xa que non atopaba satisfaccion na sua compaña.

E como non podia ser doutra maneria, buscaba baixo as faldas das mozas da aldea, ou mesmo das criadas de palacio, a alegria perdida, que negabase a se mesmo fora pola sua causa, xa que aquelo non lle respondia como cando era novo, e botaba a culpa a falta de interese da princesa, e non sua falta de apetito sexual.

A princesa botaballe en cara, que non se ocupara dela, e que nin sequera facian o amor, dende nin recordar podia. Aquela pasion desenfrenada, aquela entrega, aquela busqueda a calquera hora, en calquer lugar, era xa historia, auga pasada.....

Mais ou menos as cousas eran como son, pero como ninguen quisiera...Os problemas cotians, cos cartos da administracion de palacio, era cousa sabida, os veciños dos reinos proximos estaban a pelexar con eles, un dia si e outro tamen,e mesmo no interior do reino, xa ian cada vez mais abertamente as protestas duns e outros, ante tanto desarreglo e falta de direccion, corruptela, e desproposito sque ameazaban con acabar ca tranquilidade da vida dos principes.....
O que queira que continue ca historia.........agora xa e vosa.

martes, 10 de junio de 2008

OUTRA OLLADA DA HOMENAXE A PINTOR

Xa sabedes todos, la homenaxe ca AELG, o Concello de Melide, é unha boa parte dos amigos de XOSE VAZQUEZ PINTOR, tributamos o pasado Sabado dia 7 de Xuño. Pois velai tedes, algunhas das fotos que fixen.....Dende a outra mirada, a do espectador que asiste atònito a historia, so pretendo recoller a anecdota, o que non contan as cronicas, o que so capta o olla da camara.....Hai moitas mais, pero non teñe espazo para todas.
Esta é no salon de plenos do Concello, de Melide, no acto de intronizacion, na lectura do discurso antes da entrega da letra E, de academico.
Os fillos de Pintor, Xose, e Chiqui, mirando as fotos da CAngas de fai anos, agasallo duns amigos de Cangas, para Xose.
No acto da descuberta do monolito co poema, de BAnzados, para sempre xunto o buxo que uns intres despois prantamos, MAria, a compañeira, a amiga, a esposa......
E aqui tedes, os amigos blogueiros, --e curioso como despois de coñecernos, ainda seguimos...Manolo Busto, Xose luis Santiso .-A chousa de Alcandra , e Cuco do Pambre, Julio Lopez REgueiro.
O amigo e maestro David Otero, amigo entreñable de Pintor, seu é o artigo que mais abaixo reproduzco, é que vos aconsello leades, que recentemente tamen recibiu o agarimo dos amigos na Estrada, con motivo dunha recente homenaxe.
A miña miga, A lareira de Santiso, VAnesa Martinez, camara en ristre facendo de reporteira grafica. O outro dia, pro mor dunha inoportuna indisposiciòn non puido estar conosco en Agoalda, na xuntanza de Blogueiros, pero xa a tedes ben...moi ben como podedes ver.
Marica Campos, mestre é escritora consagrad, boa amiga de Pintor, tampouco podia faltar.
E velai o tedes, outro dos amigos blogueiros, no papel de pai, se señor. Deportista e amantisimo pai, Xosi. Tivo que deixar a súa muller, todo o protagonismo, propio do cargo, como Alcaldesa de Melide, mentres él ocupabase do rapaciño, que por certo non parou de correr, como ten que ser, pero tampouco quiso perderse parte do acontecemento.

Sobran as palabras.....XOSE VAZQUE PINTOR, diante da Biblioteca, que a partirem do Sabdado levo o seu nome.....e o noso cariño no corazon.

E velai tedes o mellor caiteiro do mundo mundial.......MINGOS, en plena faena. ¡Que gran home, e musico, entrañable, atento, amigo dos seus amigos, desinteresado sempre, e desposto para o que lle pidan sempre.......AXUXERE.





E para finalizar este é o artigo que vos contaba, de David Otero.......(Lamentablemente tedes que darlle a lupa para amplialo- son as cousas do internet, xa sabedes.)

viernes, 6 de junio de 2008

O SON DA NÈBOA.- Na Homenaxe a XOSE VAZQUEZ PINTOR.




Durante todala noite,
o intenso ruido das sombras
chamaba por min.
Ata o ocaso,
o silencio atronador da inconsciencia foi.
Paxaros,
sò escoito paxaros
que imperturbables destruen
os recordos dos mortos soterrados,
xoguetes gardados entre as pedras,
palabras agachadas no pasado esquecido
da nosa vida truncada no camiño
baixo "o son da nèboa"
enemiga desta feira de mentiras e verdades a medias
que é a vida en branco e negro.
-----------------------00000000-----------
Mañá Sabado dia Sete, as once e media será. Verémonos todos, unha vez mais a caron do noso Pintor, o seu lado, prestandolle, regalandolle o noso cariño, a nosa admiraciòn, a gratitude pola súa amizade, por ser como só alguen coma él pode ser.
Ali estaremos baixo o influxo das palabras, das historias, das lendas e contos que o longo desta curta vida, regaounos desinteresadamente, nas follas, en branco, todas e cada unha delas, atrapadas nos seus libros.
Eu, teño pensado, pola miña parte facelle un pequeno e sinxelo agasallo, este poema, escrito no envés dun cadro en branco e negro dos seus pendellos amados. Espero que lle guste.
A ver si son capaz, e non me pode a vergoña, porque impon ante tanta xente, en fin xa veremos.....