miércoles, 20 de junio de 2018

MORIR DE EXITO.


Para mi buen y querido amigo; IÑAKI URDANGARIN IRAETA, 
creador y editor de la Editorial Agalir, ediciones Solidarias, capaz de volar mas alto que nadie desde su silla de ruedas, para que nunca deje de soñar y de creer....


A menudo me pregunto sin respuesta, evidentemente; Que es una buena foto para mí?
Siempre, los fotógrafos, ojo que Yo no me considero tal, no alcanzo mínimamente la categoría de fotógrafo, y si acaso estoy un par de peldaños por debajo, tan vez  en el nivel de "ojo curioso, de una insaciable capacidad de admirar, buscar y querer atrapar la belleza de lo que veo y descubro a mi alrededor". 

Pues digo que los fotógrafos, los pintores, los escultores, los escritores, artistas todos, creadores de sueños, capaces de producir sensaciones contrapuestas, y de provocar la atención del espectador, andan, andamos a la busca y captura de la "Obra perfecta", nuestra tormenta perfecta, total y absoluta, la madre de todas las creaciones, que vuelvan locos al que la contempla, y poder escuchar extasiados que nos digan absolutamente convencido: 

¡Que maravilla tío. Es espectacular. Grandiosa. ¡









Raramente se consigue, y muy escasamente se puede llegar a escuchar tales exclamaciones.  Es lo que conocemos como:  "El éxito", como forma de reconocimiento social, la admiración y no hablo de su compensación crematística, sino tan solo de la estimulante y valiosa recompensa emocional, y afectiva que implica el que los demás aprecien y valoren lo que tanto esfuerzo, trabajo y horas de dedicación con más cariño y renuncia que otra cosa, te puede llegar a ocasionar. 
La mayor de las recompensas, en estos grises tiempos en los que tanto tienes, tanto vales, todo tiene un precio, y todo se compra y se vende.


Por eso, nunca jamás de los jamases he menospreciado, o criticado con mordacidad, o despiadadamente, o desprecio, una creación, una obra, un trabajo de alguien realizado con pasión, y amor, con más o menos acierto, eso hasta muchas veces es más que relativo y cuestionable, ya saben aquello de que sobre gustos no hay nada escrito, pero sin duda  que en ella quedó atrapada un pedacito de vida de su creador  y por lo tanto merece mi respeto.

Ahora bien, lo que si tengo claro es que creo que tanto Yo, como todos, somos conscientes en nuestro interior de que lo que hemos realizado es bueno o no, mejorable o para el cubo de la basura, o simplemente vulgar del montón. Y el que diga lo contrario es un estúpido o peor aún un mentiroso.

 Porque amigos, al único que no nos es posible engañar, a pesar de la memez al cubo que rodea en el mundo del arte y artistas, es a ese que vemos con barba de tres días, ojeras y alguna que otra cana, reflejado en el espejo empañado del cuarto de baño, cuando nos vamos a duchar.


 Ese sabe bien que somos unos farsantes empecinados en algo imposible de conseguir porque carecemos de talento. Pero que le vamos a hacer, la felicidad bien entendida empieza por uno mismo. O como decía el inigualable Quevedo: Ande Yo caliente, y ríase la gente.
Angel Utrera.        

viernes, 15 de junio de 2018

EN VILAREDA (XOSE DE CEA).


Hai un camiño 
en Vilareda
no que desembocan
todos os camiños.
O seu tramo final,
tralas casas de Moredo e Farruco,
transcurre despexado,
entre leiras,
até chegar á igrexa,
ao cemiterio........................


Xosé de Cea..."Vilareda".
Como o define Xose Vazquez Pintor no limiar deste Poemario; Vilareda é a palabra dos bagazos que dan poesía de noso, sentida, autente;grafada na memoria; posuida dos adentros.....
Se algún día te deixas caer/pola igrexa de Vilareda/ mira onde pisas,/ non vaia ser que tripes/ a pouca memoria que nos queda....
Fermosura intensa de versos e palabras, de recordos e saudades, desta vida, a nosa, a de todos que vendemos inutilmente.


.-Xose de Cea......





Pedíronme unhas poucas palabras e algún que outro poema para este libro coral no que as voces extemporáneas e descoidadas como a miña poden pasan desapercibidas. Se non moito, si o suficiente para quen a procura desas palabras e deses poemas supón a volta a un pasado que comeza a antollarse remoto. Por iso, porque xa non xogo con elas a moldear ámboas nas que dar acubillo aos significados orfos da existencia, tiven que recorrer ás palabras doutro, de alguén que as moldea coma ninguén para facer, el si, arte. Pareceulle a Pintor o feixe de poemas chamado Vilareda, cuxo pórtico comparto agora contigo: “Un lóstrego. A definición máis oportuna. A voz do profundo. En breve. En sempre. Recibín o libro aínda inédito e xa me sabe para moito tempo, coma un doce que se molla nas ulideiras, dende todas as distancias. Vilareda é a palabra dos bagazos que dan poesía de noso, sentida, autente; grafada na memoria; posuída dos adentros”. E se el o di, a min non me queda máis que calar.

 

 En Vilareda gurgulla un murmurio de lagoas abolidas, de cinzas afogadas en
salmoira, o lixiviado de quen naceu cos ollos enterrados en vida, cunha
bostela de terra neses ollos desterrados da vida
en Vilareda; pouco máis deixou esa terra exterminadora de limos que un
feixe insurrecto de luzadas estivais -ás veces lle asubío desesperanzadas
melodías, coma quen trata de domesticar a voraz indolencia dun lobicán, a
voraz tristeza dun can de palleiro
en Vilareda; os palleiros, os curutos apromados de traballo comunal ata as
alturas máis voluptuosas, de cotío reverberadas co tremor de inaprensibles
avelaíñas, atarefadas en trazar raiolas de palpitar humano, de fragrante,
mística suor, comechón dun farelo ubicuo que incita a reclamar auga do pozo
en Vilareda; un pozo do que extraer esa auga tan subterránea, tan mineral,
pero resurxente, taquígrafa do laio carricento, ludroso, das pedras, un só
pretende que lle insuflen certa hidropisía en aurículas e ventrículos, forzar un
latexo inmorredoiro, manchar de cotián o misterio da resurrección
en Vilareda; porque se a El lle abondou o po da terra e un sopro, que alento
non haberá nestes espectros en corozas de lama, que alento non haberá para
avivecer o núcleo incandescente dos derradeiros remoles acantonados diante
do brutal asedio da borralla
en Vilareda; e danos igual a vasteza das hordas: temos trepias, gramalleiras,
musculados foles, arquitectos erguendo planos da única torre posible, unha
esqueira de costelas soñadoras, dormentes, punto de fuga e luz, incenso
vertical para exhalar os nosos anceios
en Vilareda; e si, tamén temos o callo que fermentará en sólido nutricio o
desamparo das estrelas, riremos cos seus brúos ledos, pero custodiamos un
aceno adusto para desenmascarar o simulacro das constelacións –ceo, inferno,
caerán baixo o mesmo esquecemento que eles mesmos nos quixeron infrinxir
a nós
en Vilareda; o esquecemento en Vilareda, lagoas abolidas en terra
enterradora, sen máis valedor que este ouveo mestizo, aferrados á vibración
húmida das lembranzas, e non contamos marabillarnos diante do milagre,
non con estes beizos que só claman pola xustiza do perenne, sabemos que
toda combustión ten un fin, unha fin, pero estas mans han moldear a
cumprida satisfacción de ambos, de ambas, un queixo incorruptible nesta
ámboa de barro que nos alimentará polos séculos dos séculos a
nós
en Vilareda.

(As fotografias corresponden ó encontro de poetas polas "Fragas de Catasos, Casas Vellas", de Lalin, que tivo lugar no mes de novembro do ano 2015, entre outros Xose Rodriguez, o poeta de Vailareda, aparece con Antom Laia, e comigo mesmo, con David Otero, Romina Bal, e a sua dona Soqui Cea, na Fraga  onde quedaron os nosos poemas en defensa da vida impresos en taboleiros de madeira, e camiño dela).