miércoles, 30 de mayo de 2012

TERRAS DE ALBOIO E FURNAS



Nesta terra ingrata e malparida
hai homes enfoulados
dun noxo borroso e avarento
que se adhire a pel
e nunca mais se vai
aínda que che botes
en berros e penicas de sabor a fel
dende a pena dos furados

alí mesmo na cima do aire
onde os cantís do tempo morno
contra os que baten furiosas as ondas
dun mar salgado e ruín
pintado en espuma
e grises irisados polas gotas da chuvia
na que se rompen

cóma-los corazóns dos desterrados ao partiren
as augas frías e as rochas da terra do fin do mundo
na que a xente morre encadeada
ao vento do nordés
e a estéril gaiola de ferro oxidado polo salitre atlántico
da que resulta inútil tentar fuxir


coma dos recordos e o pasado
no que se afunden nun tecer e destecer
os días e as noites; agardando
terras de alboio e furnas.



lunes, 28 de mayo de 2012

A SOIDADE; EU COMIGO MESMO




A necesidade de abrazar os tempos mortos
converteuse día a día nunha rutina;
atrapado nela
como nunha maraña de silvas e toxos
na que devagar
o pano de sombras vermellas
envolveunos no doce e sereno veleno
de cereixas e verán
polo que deixamos estragar aqueles días
de nenez e inocencia.
Os recordos ficaron mornos
nun aceno do vento nordés
ao fuxir entre as tamuxas dos pinos secos
tralo lume en cinza pervertido.
E  daqueles xogos de amor primeiro
fundido en beizos que bicar  furtivos
so quedou a esquiva sombra do cativo.
¿Acaso sucedeu o foi tan so un soño?
Maña ao espertar
ollarei trala xanela fría do cristal espido
o que non foi, non sucedeu xamais
o abismo do alivio
o negro betume na beirarrúa do camiño
a soidade;
Eu comigo mesmo. 
 

lunes, 21 de mayo de 2012

Popurrí de propuestas musicales en Agolada - Faro de Vigo

Popurrí de propuestas musicales en Agolada - Faro de Vigo

 Susana Seivane durante o ensaio, a primeira hora da maña.....

 O director da Banda Nilo Jesus Garcia ARmas, comentando con Susana aspectos da interpretacion. A banda de Agolada, acompañou a interpretacion maxistral da gaita de Susana Seivane.
 un instante da actuacion dos nosos musicos....
A cantante solista Paty Lesta, durante a sua interpretacion de Negra Sombra, o poema de Rosalia, coa musica da Banda de Agolada.

 Actuacion do quinteto de metales, Hercules Brass. Outra das sopresas do dia.
 E de remate e fin de festas antes do xantar de hirmadade, a actuacion coa musica da Banda, do grupo de baile moderno Lyfe Style....que fixo as ledicias dos asistentes. MAravillosas as rapazas e sua potente demostraciòn de coreografia e baile.
 A nosa gratitude infinita a HERCULES BRASS- O GRUPO DE BAILE, LIFE STYLE, A PATY LESTA, E DENDE LOGO A SUSNA SEIVANE QUE COA SUA SIMPATIA E XENEROSIDADE SE GAÑOU PARA SEMPRE O NOSO CARIÑO E GRATITUDE ETERNA. Finaalmente o dia resultou un existaso de musica e convivio entre musicos, e amigos da musica.Preto de trescentas persoas que se apretaron nas bancadas baixo a carpa, no xantar de fonfraternidade, e antes, duas horas de conerto, e moitas de ensaios, preparaciòn, e traballo ben feito. Dende logo temos Banda para rato, e que se vaian apreparando os de VAlencia, porque de seguro que imos deixar na sua memoria e recordos, musica para rato....¡¡¡¡Grazas a todolos que estivestedes conosco, e tamen os que por unha u outrea razòn non poidestedes estar presentes, ainda que si en espiritu, de certo que sentimos o voso alento de animo sempre, e temos moi persente os que un dia nos deixaron para non volver pero que ahi estàn o noso caron como un mais dende o incinito azul do ceo. Que viva a musica, e que non pare a festa.Parabens a todos e sobre todo o noso Director. Unha aperta moi especial para NILO, por seren o primeiro valedor e defensor dos soños imposibles. As veces e bo ser un gran soñador e ter ilusiones, como fai él.VEmonos o vindeiro ano.¡¡¡¡

sábado, 19 de mayo de 2012

LOGO DO DÍA ( e para o que nos veña…)-DAVID OTERO.

                                   LOGO DO DÍA ( e para o que nos veña…)
O día dezasete das nosas letras( galegas) estivo cheo de diversidade. A Lingua foi en parte do noso pobo ( que non en todo, que os había adicados a moitas outras labores e tarefas e xa que logo indiferentes ou mesmamente pasaban), pois foi, dicimos, ese poder enerxético que nos coloca, que nos pon a cen por diversas causas e por diferentes motivacións e medidas. Para uns a nosa Lingua seica vai apurada ( din que imposta)de moito estar por todos lados e daquela hai que freala, pois recorcio… non vaia ser. Para outros circula de a pouco paso, minguada e mirrada, lastimosamente marxinada e xa para outros ( por desgraza xa ben deles) que pinte do que lle pete, pois para estes últimos non toca a fanfarria, ou sexa que “ nin fu, nin fa”. De todas as maneiras e polo aprezado, diremos que pouco se foi do previsto. Tamén dicir que , referido ao noso idioma, por moito que se trate de silencialo non haberá silencio ( nunca máis o haberá). A dinámica da razón, da identidade, a do que nos determina aos que sentimos o orgullo de sermos galegas e galegos, afirmamos que non se nos para , nin se nos parará, con decretos, nin con mentiras, nin con medias verdades, nin matizando burdamente e malamente certos significados. Tampouco invocando a liberdade de comenencias ( a que lle direi que de opresión), nin con represión, nin con expedientes, nin con potenciar contencións, as cales por moito que se digan equilibradoras son claramente de ideas demoledoras, xa que logo, referido pois para o noso idioma, sono puramente dinamitadoras. E si que obedecen perfectamente a unha idea que se cristaliza nunha intencionalidade moi ben refllexionada, planificada, e posta en execución ata onde dea de si e se poida, que nuns lugares ( e pobos) será máis e noutros non tanto e así diante do visto poñen freo xa que hai que ir con tento, pois o choio pode volverse contra os propios demoledores brigadistas e derrubadores intencionados de idiomas nacionais, neste caso o noso, o galego, a lingua nosa de Galicia, a do Pobo do Galego.

De verdade que logo do día dezasete un vendo un algo do que pasou xa non sabe se cando algúns falan o fan simplemente porque se lle escapan as palabras ao botar respiro e ao alentar ou se pola contra o fan para querer diciren algo ao caso. O presidente da Xunta , posiblemente convencido dese facer que a nós non nos parece limpo, colle e tanto fala en español na Coruña como se proclama galego a toda marabilla en Vigo ( ao pé da vida, obra e memoria de Valentín Paz Andrade. E faino coa Academia Galega , a cal ten presentado recurso polo tratamento da nosa Lingua no xa famoso “ decretazo”( recurso que non anda alá moito). A el ao parecer tanto lle dá con tal de estar ( outra cousa é ser) e colle e ao referirse á nosa Lingua fala de “ pontes” e de “ muros” ( unhas para que e os outros de que, preguntamos). E nós dicimos sr. Presidente que a nosa Lingua é máis. A nosa Lingua é obra.
Por outro lado tanto se proclaman e anuncian, dáselle bombo, festas en galego e daquela péchaselle o picho da fonte a unha fundamental, o Correlingua, tan participativa, motivadora, de progreso e para sempre en clave de futuro. Concellos como o de Santiago ou A Estrada collen e póñenlle todas as chatas posibles e o segundo sácalle toda axuda por opinar que o texto gañador, o Manifesto de Correlingua, que foi elaborado por alumnos mozos do Centro Eso de Cesures, seica é excluínte. Habería que analizar o que iso ten de significado para estas autoridades ( das cales diremos que non son  siquera moi usuarios do noso idioma e sóbense ao “ machito” dando interpretacións, as cales xa de primeiras, e para non impoñer nada, sería discutibles e imos ver logo ao que chegariamos).” Haberá Correlingua se amañan o Manifesto “ (vaites, vaites).


Iso si, outros dos seus, van e din que Don Valentín Paz Andrade foi un innovador da Galicia moderna ( e desta contemporánea, diremos que non). Miren ben os nosos gobernates onde estamos. U a Galicia moderna…? ( pensen). Tamén definiron a Don Valentín semellante “ a cen chaves de luz” , pois ben, desde o goberno moito fan por darlle a esas para que apaguen as luces ( e a poder ser que se fundan as bombillas para apago de vez e punto da nosa Lingua, Cultura, Historia e Pobo ). Claro que o farían , pouco lles importa a definición dada ou o título que outorguen, claro que si o farían de nós non remedialo, de nós non coller folgos e orgullo, confianza no que somos, pois guste ou non, nós somos nós ( aínda que os haxa que queren ser outra cousa para non se alonxar do mundo, din, e miren a onde poden ir parar desa maneira, aínda que de momento zugan da cana e gozan dos cargos sen moitas cargas). E miren senón unha mostra. O voceiro do PP no senado, lugués el ( como así lles dá chamo aos das murallas e da contorna, o escritor Paco Martín) vai e nunhas declaracións nun xornal colle e di: “ Galicia é o modelo económico a seguir no resto do país”. Está preciso que ao dicir país, refírese a España ( ao estado) e nós preguntámonos se para Galicia deixa “ región”, “ barrio periférico marginal”, “ terra de aló e meighas”,” pobo da pota máis grande de polbo”( “nacionalgrastronómico”), pois para el Galicia…non será nación…ou?.
Xa ven logo como imos, como  nos queren levar e como nos queren traer. Ide a pola vila, ide…que nós estamos onde se cociña e as tixolas témolas polos mangos e os mangos das tixolas…tamén son nosos.Xa ven pois…que imos dicir…? Pensen no que nos pode vir senón  facemos algo. Isto foi unha mostra de botón e xa que logo xa me dirán como será o traxe e as costuras.

DAVID OTERO ( mestre e escritor)

lunes, 14 de mayo de 2012

EN LA VERTICAL DE LA NOCHE


En la vertical de la noche
El tiempo se convierte en ausencias
los recuerdos son olvido
y las sombras de los escapados
borrosos silencios para mis  oidos sordos .

En la vertical de la noche
entre los visillos grises del pasado
asoma temeroso el principio de la nada
y el futuro cautivo por el hechizo de lo incierto
grano a grano se vierte confundido
bajo  el frio cristal inerte del vacio
ante la muerte.

En la vertical de la noche
no hay descanso ni suspiros
solo hambre, hielo y sangre
olor a carne quemada
orines putrefactos y  humores gangrenosos
de los vivos.

En la vertical de la noche
los muertos ya no huelen
son pasado;, ceniza, polvo y barro
del camino abandonado.

En esta vertical eterna de la noche
en que deambulo como borracho solitario
asesino de ilusiones y sueños de niño
no hay salida del laberinto
en que me hayo



y grito como un poseso
consumido por el dolor
del fuego en que me consumo
en esta interminable vertical de la noche.   

martes, 8 de mayo de 2012

CANCION PARA EL NIÑO QUE QUIERE JUGAR


CANCION PARA EL NIÑO QUE QUIERE JUGAR
_________________________________________________

                                               A MARCOS.
                                   _______________________
El viento en las velas
la bruja que vuela
el gato sin cola se escapa
y empapa las bolas de piedra
de la escalinata de la catedral.
El niño que llora
por ir a jugar.
Y abre la ventana
y mira la mañana
mano sobre mano
comienza a soñar.
Ahora es un capitan de fragata
es un fiero pirata
 y con su espada de acero
llegarà el primero
al  cofre de oro
del que se va a apoderar.
Lo entierra en su isla
bajo una palmera
de cocos y sombras
 donde nadie, nadie lo encontrarà.
Y dibuja un mapa
con gotas de sangre pirata
de pata de palo y ojo de cristal
Mientras  dibuja, su buque se hunde
y naufraga en medio del mar.
Olas gigantescas, truenos y rayos
Y el pirata que no sabe nadar.

                                                        



Una ballena gigante
que abre su boca
se traga el fiero pirata y al mapa.
Ahora el niño que quiere jugar
ya no llora,
sueña con las caracolas de coral
y està cazando ballenas,
Moby Dick arrastra su pata de palo
lo atrapa entre las cuerdas del arpòn de lata
que el capitan Acad le clavò.
Se hunde, se sumerge cada vez màs
glù, glù, glù.....
burbujas de pompasque nos son jabòn
lo arrastran,
llega hasta las profundidades saladas
del obscuro ocèano,
se ha olvidado de respirar.

Una mosca zumbona choca en el cristal de la ventana,
despìertan al niño que ha dejado de llorar
mientras mira los tejados de las casas
las torres de la catedral,
y escucha las campanas que llaman
Don, don...din, don.....
Ahora vuela, como Peter Pan
como la paloma de la libertad,
y desde el cielo llega a donde quiere
en un plis, plas.
Lo ves, ya llego...Ligero, como pluma de pato
como hoja de àrbol, como copo de nieve.
Soy el primero.......
¡¡¡Marcos.....a cenar¡¡¡
la voz de la madre que llama
el sueño que acaba,
no importa,
puedo seguir cuando quiera,
como el gato viajero que con botas
y descalzo, cazò un reino para su amo
y un buen cesto de pescado para èl.
El niño que queria jugar
cierra la ventana,
aplasta la mosca insolente
apaga la luz de su cuarto
y rebelde le dice a su sombra
Pies, ¿Para que os quiero?
y corriendo deja sus sueños
para Navidad,
ahora la cena le espera,
y eso es lo primero
siempre queda tiempo para soñar¡¡¡


          AGolada, Diciembre 2003.
                                               No me digas que te aburres,
                                                tienes toda tu capacidad de soñar, leer, escribir
                                               inventar historias, en tu cabeza. Usala......

(Un dos meus poemas para para o meu fillo pequeno Marcos, cando tiña  sete -oito  anos sempre se queixaba de que se aburria.....).

DESEO





La còncava silueta de tus senos
ahito del pezòn que me cautiva
el hueco de tus ingles palpitantes
bajo el ardiente centro de mis dedos.
Me pierdo y me devoras
me hundo y difumino
me vierto y sòlo se que no hay dominio,
que no soy Yo,
y no soy nada.
Se borra en un instante el deseo de tu carne
y encuentro en las arenas dulces del amante,
el reposo de dos cuerpos desnudos
bajo el ala clara de la sangre derramada.
Miro las sombras de la noche,
el velo siniestro de la luna, rasgado.
Son las cuatro, la hora convenida,
la huida del amante intruso
que sale a escondidas, sigiloso,de tu seno,
sin màs huellas que unos labios dibujados
en la matriz profunda de tu vientre.
Al calor de unas sabanas revueltas
con las que cubrir los desnudos hombros
del que duerme.
Mientras, los ojos se despiden nuevamente
en un silencio eterno de besos y de abrazos,
de piernas enlazadas, de manos atrevidas, de
gemidos y lamentos en el presente temido,
por el futuro ausente,
se enciende la llama incandescente del adios,
que atusa la pasiòn desenfrenada, cierta y doliente.
Serena quietud,
paz infinita, inmensa de la derramada noche. 

viernes, 4 de mayo de 2012

Y LLUEVE SOBRE MOJADO



Llueve sobre mojado¡¡¡
Sale el sol entre la niebla del sueño
timidamente, suave
como sin querer, queriendo
sin molestar al invierno
en el que estamos
de escarcha, silencio y negros presagios
lloviendo sobre mojado.

Y llega el dolor y la ausencia
la ternura y el olor agrio
como la caricia de los besos de una madre .
Pidiendo permiso por la intromisión
el Arco Iris  exhibe su encanto
hechizo de pintor loco
del presente y del pasado.

Y los pasos de un gato
sobre  el tejado
de tejas de barro, roto
mientras llueve sobre mojado.
A o lejos las risas del juego
escondido en la memoria :
A la llevas, las canicas, a policias y ladrones.
El Yo niño pisando aquel charco
con mis botas de “gorila”
y pantalón corto de estreno.
La fuente seca en silencio
Las manos en sabañones preñadas
de guantes de lana sucia
en agujeros generosamente, enfundados.




Y sigue a llover, lloviendo sobre mojado
Mientras que cambio cromos
en blanco y negro
de indios y de vaqueros
de futbolistas tan raros
que nunca encuentro
y pasan de mano en mano
grasientos, arrugados.
Como sigue pasando el tiempo
gano a grano
Lo mismo da que sea primavera
o tal vez verano
Porque siempre, una vez tras otra
Llueve sobre mojado.

martes, 1 de mayo de 2012

NA VERTICAL DA NOITE

Na vertical da noite o tempo convertese en ausencias dos recordos xa esquecidos e as sombras dos fuxidos; os mortos borrosos silencios para os meus oídos xordos . Na vertical da noite entre los visillos grises do pasado asoma temeroso o principio da nada e o futuro cativo polo feitizo do incerto grao a grao se verte confundido baixo o frío cristal inerte do infinito diante desta morte anunciada.
Na vertical da noite non hai descanso nin suspiros todo é irreal o surrealismo da fame, xeo e sangue cheiro a carne queimada urinas putrefactas e humores gangrenosos dos que viven no opio dos soños e na esperanza. Na vertical da noite os mortos xa no feden son pasado; cinza, po e lama do camiño abandonado.
Nesta vertical eterna da noite na que deambulo como borracho solitario asasino de ilusións e soños do neno que fun non hai saída do labirinto no que me atopo e berro como un poseso consumido pola dor do lume no que me consumo nesta interminable vertical da noite.

XOSE VAZQUEZ PINTOR..."SEARA"

Xosé Vázquez Pintor. Escritor ''Nunca me rendín'' -------------------------------------------------------------------------------- entrevista, Vázquez Pintor 01/05/2012 - Diario de Pontevedra (Pontevedra) «Dentro do neboeiro que sempre rodeou a miña obra, de cando en vez foron aparecendo Torres de Hércules», di Xosé Vázquez Pintor a modo de balance. O escritor, que reparte a súa vida entre Agolada e Cangas, presenta mañá, en Pontevedra, ‘Seara’ «escribín toda a vida como un gozo persoal para min. Era feliz así», reflexiona Xosé Vázquez Pintor (Melide, 1946). «Despois as críticas eran as que eran. Ou case non eran». Sobre todo ao comezo da súa carreira. E sobre todo no eido poético. Na narrativa, máis tarde, habería espazo mesmo para grandes recoñecementos: ‘A memoria do boi’ recibiría o Premio da Crítica en 2001. «Dentro do neboeiro que sempre rodeou a miña obra, de cando en vez foron aparecendo Torres de Hércules», recoñece ao teléfono dende a súa casa de Cangas, o lugar no que pasa a maior parte do tempo, xunto con Agolada. Moito desta última localidade hai en ‘Seara’, a recompilación da súa obra poética (1971-2011) que vén de sacar Espiral Maior e que inclúe dous conxuntos de poemas inéditos: ‘Anuncian aves’ e ‘Os versos do zapateiro’. A asociación Maio Longo organizou a presentación oficial desta obra en Pontevedra. Será mañá, coa presenza do propio autor, o editor Miguel Anxo Fernán Vello e o músico Xico de Cariño, no Pazo de Mugartegui (20.30 horas, entrada de balde). Que é ‘Seara’? Seara é unha palabra fermosa que recuperei da miña infancia labrega. Porque aínda que nacín en Melide, eu fun un neno de Agolada, de Quián, un lugar da parroquia de Carmoega, o territorio que amo. Alí aprendino todo e foime medrando o orgullo polo territorio. Dese léxico foi que recuperei esa palabra que me lembra tanto o que era o sacrificio. Seino ben: meus pais viñan dunha herdanza de caseiros. A seara era o monte común, incluso dos pobres, o que se traballaba e compartía, ao que se tiña dereito sempre que vivises nesa aldea. Aínda existe. Agora son tamén poemas. Claro. É o título desta recompilación. Ten ese valor simbólico, metafórico, ou como queira o lector, dun monte de versos. Son dez libros, penso que feitos con esforzo dende a ousadía e a valentía. Se Antonio Colinas di que en todos os seus libros «latexa a poesía», que non dirá Vázquez Pintor. Moitos din que iso é unha eiva. Esa prosa miña. Porque é difícil, porque resta lectores... E si: eu, éxito de vendas cero. O outro día, nun coloquio en Lalín, falei disto, de que ao mellor había que educar á forza. Porque aí, aos 15, 16 e 17 anos, é cando hai que abrir luces, descrubrir palabras e símbolos. Neste punto chegamos á poesía. A poesía, que sempre está nun. O que pasa é que despois derivamos cara o comercio e facemos as cousas máis sinxelas e esquecémonos do léxico, esa parte fundamental da lingua. Así que reivindica a poesía como xénero literario por excelencia. A poesía é un deslumbramento. Eu son un home sensible, choro con calquera cousa. Non me avergonzo disto. Sinto as ledicias e as tristezas intensamente. Alguén diría que son temperamental. Son cousas que van con un. E logo non te desfás desa conduta nunca. Esa hipersensibilidade... Eu sempre fun así. Simplemente a poesía é o meu territorio. Lembro de mociño a descuberta de Miguel Hernández. No Bacharelato achar aqueles versos impactoume sobremaneira. Eu quería alcanzar o significado das palabras do pastor de cabras. Como dicir aquilo mesmo? Fronte aos territorios ilustrados, alí estaba aquela marabilla natural. E xa nunca renunciei. Porque a min dicíanme «escribe fácil, escribe fácil..». Pero non é «escribe fácil». Eu escribo como sei! Non sei outra cousa. Doéronlle consellos como ese? Gárdalle algún resentimento ao sector literario ou á crítica? Non, non. Hai moitos anos quizais, pero pasou. Sentín falta de estima, que che diría eu, no 73, cando María Victoria Moreno publicou un libro que se titulaba ‘Os novísimos da poesía galega’, no que incluía a dez autores e que mesmo foi traducido ao castelán. Todos fomos marxinados. Pero incluso daquela para min todo este asunto era secundario e o que me preocupaba era só ser feliz. Máis nada. Superei pronto aquel silencio sobre nós. Chegaron outras alegrías. Unha que lembro moi ben foi cando me premiaron con 18.000 pesetas nuns xogos florais da Peregrina. Filgueira Valverde era o mantedor dos xogos e Cuña Novás o presidente do xurado. Trouxen a meus pais dende Agolada, xa moi velliños, a que me viran recollelo no Teatro Principal. E despois gastamos unhas pesetiñas celebrándoo comendo marisco eles os dous, María e máis eu. E ese premio aínda me deu para sacar o único libro que paguei do meu peto, un que me imprimiron en Paredes, ‘Terra e pan’. Ilustroumo un rapaz que aínda estudaba en Santiago, Antón Sobral. Despois viñeron máis premios, máis loita, máis pelexa. A min estar excluído de calquera reseña non me derrubou nunca. Nunca me rendín. (Entrevista publicada hoxe no Xornal Diario de Pontevedra o noso amigo, maravillos poeta, escritor e narrador empedernido e contumaz, XOSE VAZQUEZ PINTOR).