miércoles, 31 de octubre de 2007

LOS PERROS DE LA LLUVIA

Su mano vacia
agarraba con avaricia
el aliento final de la despedida.
El cristal anaranjado
transmitia todo el hielo de sus ojos
mientras la noche fria avanzaba
hacia su norte
tras la negra sombra
de la tapia derruida
en aquel jardin preñado de mentiras.
Afuera,
los perros de la lluvia
lamentaban con sus voces asesinas
tanta añoranza.
La calle sembrada en piedra
cubria con adoquines pintados
la desnuda realidad de aquella fuga
tocata y huida en fa.
Una lluvia fina que no moja
de palabras mudas
calaba en mis entrañas,
revueltas en un sonido lejano de silencios
que abatian para siempre mi esperanza.
Y otra vez, nuevamente entre làgrimas negras
de amarga derrota, te gritè con odio:
¡Los perros de la lluvia,
han ganado, como siempre,
esta batalla.....¡

OUTONO


Direi téu nome en alto
para calar o rumor das árbores
abaneadas polo vento desta tarde.
Abrazareime ao tronco húmido
da túa imaxe
entre as brumas dos mesus sonos
de neno grande.
Espertarei ao outono da escura noite
en cada instante
e desde o derradeiro vacio
silencio dos bosques
tan graves,
levantarei meus ollos os ceos
en pos doutros lugares
coma sempre,
no fondo dos meus recordos, ti.
Amada morte.

martes, 23 de octubre de 2007

ANXELES PENAS


O Santuario Intocable..............
¿Que se fixo da aurora, que da froles
campizas que amorosa recollia?
¿Que foi dos arrecendos e a frecura
daquelas alboradas sen temores?
¿Que foi daquel amor que me miraba
con un tento de raso agarimante;
daquelas harmonias e dozuras
que volvian de mel a primavera...?
¿Que foron tabernáculos e fervores...?
Levo agora un regato de dores,
envelenado, mesto, unha aura opaca
que pula por se abrir cara ás estrelas.
(Änxeles Penas, "O SAntuario Intocable", Edicions sotelo blanco- Leliadoura de poesia. Teixeiro, a Coruña 1948. Mestra de literatura no instituto de Monelos, na Coruña. E autora de diversos libros de poemas, en castelan, Con los pies en la Frontera 1976 y Ya soy para tu muerte, 1980. Participa activamente en diversos medios artisticos-culturais, e publica como articulista, na Voz de GAlicia, e no Ideal Gallego.). A sua obra desbordada de sensibilidad, sentimientos, resoa como a voz dormida da xente, a nosa xente de cada dia, os recordos, a nostalxia do pasado, o medo pola morte, a que rinde o culto propio do Pais.

domingo, 21 de octubre de 2007

HELENA VILLAR JANEIRO


No interior dun faiado.....
A lenisima foula dos nosos pasos
danzaba en espiral adubiadas de cheiros
a revoltillo
baixo a luz macilenta dun ventano
cruzado polas ponlas da maciñeira
que agora florecia.
Unidos pola luz,
coa connivencia do prohibido
desparramado en vultos e misterios,
fixemos mesmo un deus deste cristal
cando ía demasiado frío para ser maio
e esta bufarda
nos enganaba con calor finxida.
Aqui no faio
baixo a luz cenital de dúas primaveras
apousamos as cargas amorosas
máis temperás
e sentimos nacer o desacougo
que destilan as chuvias
baixadas desde o azul
poñendo cos seus sons sobre as cabezas
os mesmos signos tortomeleantes
que deixan nos cristais.
Helena Villar Janeiro, Album de fotos, Ed.ESpiral maior de poesi.Nace en Becerrea ,Lugo en 1940. Poeta e narradora é profesora de Ensino Secundaria en Santiago, e membro de colectivo "Cravo Fondo".Ten publicado diversos libros de narrativa e contos para nenos, entre outros: Viaxe a illa redonda. A cancion do rei,contos do paxaro azul..etc.

SEBASTIAO SALGADO-AFRICA







A mostra fotografica inagurada na sede da fundacion Caixa de Galicia, o pasado dia 18, en Santiago de Compostela, atrapanos desde a primeira das fotografias, compime a nosa ollada, dentro dun laberinto de senitmentos e angurias, polo continente negro.



O obxectivo da camara de Sebastiao, capta, a fame, a sede, o abandono secular padecido pola xente de Africa, baixo a bota dos paises imperialistas, enriquecidos por mor da súas penurias.



A guerra, os saqueos, as catastrofes naturais, a codicia, e sobre todo a inmensa pena que transmiten os ollos dos mais desfavorecidos, conmueven, y impiden que o espectador premanezca axeno ao olvido desta xente detras do espello das fotografias.



A exposicion presenta unha selecciòn de imaxes do que Salgado viviu en Africa, nos anos setenta, oitenta, dividida en tres partes, a Zona austral, a rexiòn dos grandes lagos, o o Sahel.



domingo, 14 de octubre de 2007

MERO IGLESIAS


Na lonxitude do Tempo.....
Outonías
_________
Outono vén de outonía
e dos fluidos momentos
que chegan da lonxaía.
Por iso quen lembra, advirte
e aquilo que lembra, pensa
mentres pensando evoca
e recordando, celebra.
Outonos miden a vida
e outonos miden as penas,
e o outono mide alegrias
que se fosen primaveras
de pétalos florecidas
non serían como eran
escuras noites tan frias.
Outonos miden os tempos
e espacios en outonias.
Pensamentos que en silencio
mestura a memoria miña
entre màxicos segredos:
"...tras dos tempos, tempos veñen"
¡quen doutro xeito diría"¡
PASADOIROS
____________________
....Que outonos non son outonos,
son pasadoiros do tempo
nos que aboian as memorias
no máis completo silencio
antes que caian as noites
das longas noites de inverno
que aínda conxelan espacios
diante os horizontes presos
e me cautivan de lonxe
nas follas que leva o vento
recolléndome saloucos,
alentos e desalentos.
Outonos , non son outonos
son atallos dun portelo
onde un apaña forzas
para cavar outro rego.
(Mero Iglesias, Vilalba 1951, mùsico, compositor, intérprete e poeta. Antigo membro do grupo Fuxan os Ventos, na actualidade percorre o Pais, ca súa voz, a súa guitarra, e a súa humanidade, regalandonos a palabra, a musica, a memoria deste pobo que :camina, traballa, durme e reposa...
A Quella, é testemuña dos traballos de Mero Iglesias, e o seu inseparable e incombustible Mini, por recuperar o noso ser, identidade como pobo, Pais, e xente.
Na lonxitude do tempo, é o primeiro libro de poemas do autor de obras como Contos de vellos para nenos, publicada no ano 1995, e "Somos lenda viva", no seguinte .
No foto, velai os tedes, Mini é MEro, nos segundos encontros musicais, da Randulfa nos Pendellos, D'Agolada, que celebramos este pasado Septembro.

lunes, 1 de octubre de 2007

TEATRO DO ATLANTICO--"A bombilla máxica"


O vindeiro Doce é trece de Outubro, no salon de teatro do auditorio, de NARON, terá lugar a posta en escea da obra de Woody Allen, A bombilla máxica".

A obra relata a vida dunha familia, pai, nai e dous fillos adolescentes, absolutamente infieles sentimentalmente, e cunha precariedade economica producto da mesma situacion laboral.

Trátase dunha paixase romántica, enmarcada por el mundo da mafia, e co peculiar toque de humor de Woody Allen, amargo,negro e cinico as veces.