lunes, 30 de diciembre de 2013

A MARIA DAS RUAS.....(MICRORELATO DE INVISIBLES COMA NOS)



A MARIA DAS RUAS
Percorría as rúas molladas nas intimas noites de plenilunio, cando mais so ca unha deambulaba, insomne empedernido, tan so polo doce pracer de non facer nada sabedor de que tampouco tiña nada que facer e de súpeto alí estaba ela parada baixo o feitizo máxico da falsa luminosidade do neon, diante do escaparate cheo de ilusións, soños e desexos, tan inútiles coma inalcanzables para si, a supoño coma unha raíña no seu trono.
O seu era deterse diante dos escaparates iluminados das tendas e ollar para aquela imaxe reflectida no cristal húmido e borroso que lle devolvía a súa propia sombra envolta, coma un deses agasallos de Nadal , nun papel de celofán, triste bafarada de  vao quente en fuxida vana.
Arrastrando o vello carriño cargado de saudade e fracaso restos do naufraxio dunha vida, a súa, estragada no camiño feito de  sumas e restas de tantos erros cometidos dos que xa non lle quedaban recordo, pero si moitas feridas e cicatrices, e senón unha bronquite crónica tributo ao tabaco, algo de artrose no xeonllo da perna dereita residuo dunha mala malleira en calquera dos prostíbulos polos que cada vez de mais ínfima ralea foise arrastrando como o tempo, e anos de mais.
A recordo arrebolada baixo unha pucha vermella, as greñas louras que lle escapaban polos lados, insensibles ao champo e ao peite si es que por acaso o probaban algunha vez no ano, cando atopaba oco no albergue, con dereito a cea quente e ducha fría.
Ía e viña sen presa, sen destino, ninguén agardaba por ela e tampouco ela ía onde ninguén, así, agora si, sentíase en paz co mundo e consigo mesma. Non debía nada a ninguén nin agardaba nada de nada a cambio.
Seica non tiña familia, aló menos que se  puidera chamar familia. Unha filla tivo. Quen sabe que foi dela, que derrota tomou a súa vida, ou que lle tiña gardado o destino, quen sabe si por causalidade recorda de cando en vez a nai ou garda recordo tenro dela.
 Xa nin sequera era quen de recordar o seu nome. Rosa, ou Rosalia, ou Raquel.
-Non me recordo, ti. Sei que empezaba con “R”, me dicía mentres ría, con esa risa franca e aberta dos que inconscientes do seu, non lles importa nada de nada as cousas da vida. Total ¿que vida?. Neso penso tiña todala razón do mundo. 
-Tan pronto tivo oportunidade desapareceume a filla e ata hoxe, me contaba coa boca chea e cuspindo gotiñas de café e leite,por entre os dentes preñados de caries,  mentres mollaba o churro que lle acompañaba no almorzo ao que lle convidara de cando en vez.
-Bos día María. ¿Como che vai hoxe?. Vai frío verdade?. ¿Almorzaches xa?. Ala pois imos onde o Nuno a que nos poñan un cafetiño con churros .¿Face?
De cando en vez se me repite coma un eco baleiro a súa voz doce perdida nun susurro, nun murmurio coma  a  do vento éntrelas tamuxes dos piñeiros e volvo a escoitar os seus pasos perdidos no fondo dos calexos empedrados de granito e  pintados en gotas de néboa e sarabia no espertar da alborada , no que a Lúa se retira tralo velo das nubes e o lusco fusco deixa paso no abrente ao novo día, no que ela gardará ausencia baixo os arcos da ponte nova, entre anacos de la, caixas de cartón e soños, e Eu simplemente deixarei que a vida que vendemos me leve por diante un día mais, coma calquera outro. 
E así noite a noite, diante do seu carriño arrastrando o que foi algunha vez a vida, María esta ou aquela, se mira e remira no cristal mollado dos escaparates de calquera das tendas nos nosos barrios sucios e esquecidos, invisible a todo e a todos porque ela non existe, quizabes non existiu xamais e a súa imaxe borrosa e tan so iso, un soño estragado, un pesadelo, unha fantasía un conto de solitarios coma min perdidos nas noites dos tempos e posiblemente ela, a María das rúas,  nunca existiu.
Mellor así paralas nosas conciencias.
Angel Utrera        
   


lunes, 16 de diciembre de 2013

SENTIMIENTOS DE CRISTAL

Video editado por AGALIR EDICIONES SOLIDARIAS, de Bilbao, (Sentimientos de Cristal), con mis desvarios y pequeñas cosas atrapados en un clik de mi camara, arropado todo ello con la musica de ensueño de MARIA RAMOS....Gracias a todos por un magnifico trabajo.

domingo, 8 de diciembre de 2013

SOÑOS DE PEDRA.



AO PE DO FARELO
SOÑOS DE PEDRA

Debagando nos inframundos das atardecidas fuxidas no solpor da galbana e da desidia prisioneira no doce pracer de non ter que  facer nada de nada, as veces me dou en perder entrelas pedras tristes de calquera aldea que algún día debeu ferver desta vida encadeada a terra dura e malparida de homes enferruxados da lama dos sendeiros e a morte dun pasado xa esquecido, unha ou outra coma calquera vila do Pais.
E deste xeito asasino e traizoeiro vou violando o silencio e a paz das ruínas. Alí casas vellas, casoupas de cachotes confundidos no verde feitizo das hedras. Acá irregulares muros encaixados no vértice de malabarismos irreais feitos para gardar; ¿O que?. Poñerlles portas ao vento, gardas dos soños pechadura da nada nos prados.
Casas humildes de vellas e incorruptibles trabes de castaño encastradas no granito da cantería, traballo no suor e as bagoas dun tempo baldío que xa foise e non a volver. O lonxe escoito o ouvear dun can de palleiro, me sorprende inquedo o voo da curuxa e o croamento dun corvo e de cando en vez a sombra infame do rato señor do negro betume da noite dos tempos no que afundíronse estes sen recordos alí onde medra o musgo, os fungos, as silvas e os toxos son os reis da miseria.
Deambulo entrelas casas asentadas nas rúas tortas, cativas, practicamente ruínas, arrimadas unhas sobre as outras para darse calor nas noites de xeada que son moitas, no que o vento nordés impunemente asoballa dende as cortes ao fallado da casa, martirizando coa friaxe da invernía as vidas dos cristiáns e pagáns que deixan morrer o fume dos carozos no lume da lareira, acariñados pola voz monótona das vellas tesoureiras das historias doutros tempos, memoria oral que se extingue lentamente.
Contos de trasnos e diaños, de Santas Compañas en procesión pola carballeira adiante na procura das animas dos pecadores penitentes. Historias de amor e morte, de odios e rancores, de vencedores e vencidos e de fillos que marcharon alén dos montes a cidade. E os rapaces alí sentados e xunto a nos os gatos moi preto do cheiro do pote de caldo, os dedos en negro de tinta apurando a ultima liña do caderno de traballo de levar o mestre na escola a mañá, paseniño pola corredoira ao través da fraga espida coma ferida que a parte en dúas, os zapatos de poñer os pés en limpo na clase, colgados ao lombo e que se enlamen as zocas.
Casas humildes e discretas, pequenas pero firmes contra vento e marea, capaces de resistir neboeiras e tormentas, mais nunca a soidade a señardade do silencio e o baleiro na que agora dormen as súas pedras, agardando polo intruso impertinente que coma min coa cámara de fotos espide sen pudor o triunfo do noso fracaso.
Tristes aldeíñas derrotadas polo tempo, no que si che paras a escoitar co corazón limpo e os ollos abertos, aínda podes escoitar as risas das mulleres no lavadoiro a roupa branca a clarear, os berros e gargalladas dos homes na taberna, o cigarro pegado nos beizos polo que cuspir atravesado, os bicos roubados dos amantes furtivos, os xemidos do vento acariñando as polas das arbores, o murmurio da auga no regato agora seco, os xogos dos nenos e o calor quente dos abrazos dos ausentes desta vida intermitente que vendemos esquecida, paso a paso, verso a verso, golpe a golpe sen desmaio cara ningures.
Angel Utrera.          

O MEU ULTIMO ARTIGO NO FARO DE VIGO DO DIA SEIS DE NADAL. DA SERIE AO PE DO FARELO...     








jueves, 5 de diciembre de 2013

TE ESPERARE AQUI SENTADO EN LA ESCALINATA DEL TIEMPO..



Te esperaré aquí
como en mis sueños olvidados
tan real tu imagen borrosa como el silencio.
Te esperaré aqui
para abrazar tu voz cálida
mientras me susurras mentiras dulces.
Te esperaré aquí
envuelto en las sombras de tu ausencia
siguiendo tus pasos al marcharte
buscándote en los recuerdos olvidados del pasado.
Te esperaré aquí
pintando en verde mi fracaso
amándote hasta en lo mas profundo del espacio
sintiendo negra noche de espanto,
la distancia como mia.
Te esperaré aquí
sentado en esta escalinata del tiempo
que escapa hacia la nada
aguardando tu regreso.



CONTOS DE VELLOS E ESQUECEMENTO......



Gústame que me digas estas cousas.
Nunca mas dixeran antes e…gústame…non me importa.
Sígueme dicindo cousas bonitas, por favor.
Sígueme dicindo que me queres.
Sígueme dicindo que me has querer sempre.
Inda que sexa mentira dimo.
Dime que comigo es feliz
Que nunca coñeceras alguén coma min
Que son a mais linda e fermosa da terra
Única e autentica, dimo e non pares
Inventa o que queiras pero que sexa lindo
Preciso escoitarche dicir cousas fermosas
mínteme e non me digas nunca que foi mentira
que me quixestes coma hoxe………

(A tarde foi caendo sobre o parque. Os álamos de xunto o río deixaban unha tibia silueta en sombra pintada sobre a herba mollada cun fino orballo. Eles os dous collidos da man forense perdendo trala liña parda do horizonte levándose con eles os seus recordos, as dores de corpo e alma, a escuridade dos ollos e a perda da  ilusións e a esperanza que inventaba o amor para abrir unha porta na inquedanza  da morte en calma . Eu alí sentado ollaba cara ningures incapaz de moverme.Vencido por un infinito cansazo, me sentín coma atrapado por un voraz burato negro do firmamento, e así debagando  recordei unha e outra vez  as súas palabras doces….)

Sígueme dicindo cousas bonitas, por favor
Sígueme dicindo que me queres
Inda que sexa mentira.
Dimo sempre...........