martes, 14 de febrero de 2017

NOS CUMES DO CÁNTICO.-(PACO LEDO)

No seu primeiro poemario "Poesía dun Labrego",  no que se recollen 53 poemas  deste poeta da terra, no seu limiar D. Xose Moreiras Santiso, crego da Ribeira Sacra afirmaba, con moita razón.....:

Collede con moito agarimo este fatiño de poemas. Son dun labrego, dun poeta aínda sen facer (...). Agromaron nunha leira sen estercar. (...) Ao falarnos de Galicia, da emigración, dos camiños, dos montes, da Virxe, da moza... laia e berra, é o salouco dun galego esquecido, dun labrego esmagado, dun traballador alienado”.

Xosé Lois, nos recorda na contraportada do seu segundo poemario "Nos Cumes do Cántico", que nos poemas de Paco Ledo temos sempre moi presente a tradición, o florecer da nosa terra e os seus paisaxes, desta Ribeira Sacra, onde medran os seus soños, e os versos libres das súas reflexións en forma de poema. A identidade coa terra, e a palabra unida baixo o pesa dunha realidade que transmuta e cambia mais alá dos cumios da serra do Faro, ata a nada na que se verte a fantasía dos labregos que xogan a vida.
Paco Ledo, proclama defende e berra os catro ventos es unidade, do home coa terra, esa vontade na fe tradicional, no saber popular, na existencia en paz con un mesmo e o noso entorno respectándose mutuamente e sen traizóns, nin cambelaches, onde a palabra é lei, e unha aperta vale mais que calquera contrato.





AS XACIAS.

Dos pozos de Valdecán
sobren as xacias as olas
pola gorxa de Castro Candaz
sen mulida nin rolla.
E na ribeira encantada
beben as augas da neve
pasares de doce calma
....alma de pana verde.
E amamantan nas calexas
os sucres de Miño e maio
pastoreando nas devesas
dende Guadalupe ó Faro.








Paco Ledo, natural de Pacio, parroquia de Mariz, na Chantadina Ribeira Sacra, nace no 1952, e a súa cultura intensa e extensa de home de ben, se forma e forxa na terra mesma, nas labores propias dun labrego coma el, estas experiencias sonche as que despois nos transmite no seu primeiro poemario xa comentado.
Con Nos Cumes do Cántico, o autor nos está a amosar o camiño dos fíos do sublime, nas congostras da tradición e a cultural oral dos cantores labregos, a musica en gaitas transformadas e a palabra feita poesía que mergulla no interior da terra, esa mesma dura e malparida na que o pobo sementa as súas dores, a morte e mais a vida.


PERDERTE

Funme quedndo soiño
no medio de tanta xente
...Canta mais hai
mais pena sinto ó non verte.
Canto te tiven non souben
xa sei cando non te teño
non tiven medo a perderte
e o perderte teño medo.



Paco Ledo, nos descubre en forma de metáfora, as veces, esa paisaxe salvaxe, fermosa, intensamente viva que nace do berce mesmo do sangue do rei dos ríos o Miño, coma venas dun corpo invisible, inexistente, translucido e transparente  que recoller e xurde da experiencia popular, neste espazo rural tantas veces maltratado, tantas veces secuestrado e mal ferido polos odios, os egoísmos e a sen razón dos asasinos dos soños, ata facernos vivir en branco e negro, denuncia que o poeta nos transmite na voz cálida da terra, e a súa palabra verso a verso.   

 CAMIÑO DO BARREAL (ANOS 40)

Noites de medo, loitas e lendas
uces, carqueixas, a igrexa....o río
guerreiros escapados, camiños fondos...
noites de bágoas, zocos e tellas
caia o tempo nos paraguas vellos.
Soldados, vividores, falanxistas,
caciques, raspuñeiros,
furricas e arrieiros
gardas do civil, aventureiros
betas, crego milagreiros
e
á beira de Santa Baia.

CARLOS EMILIO GONZÁLEZ RIMADA: Poesía - Angel Luis Utrera Baza

CARLOS EMILIO GONZÁLEZ RIMADA: Poesía - Angel Luis Utrera Baza: En el andén del tiempo Recuerdo un pueblo oscuro en blanco y negro perdido mas allá de mi nostalgia triste y sin sonidos; Si acaso el ...

viernes, 3 de febrero de 2017

ERASE QUE SE ERA....(ANA WIYA KASHA)



Érase que se era
un invierno muy frío
que a todos congelaba
la cabeza.


Érase que se era
unos guantes gordos
para lanzar bolas de nieve,
botas en vez de zapatos
para resbalar en el hielo
de los charcos helados.


Érase que se era
un chocolate caliente
con trozos de pan duro
del día anterior,
que cortaba papá
en trozos tan largos
que parecía que iban
a durar para siempre,
mientras se deshacían
deliciosamente en mis labios.

Era un invierno feliz,
el frío, la nieve, el hielo,
el chocolate, el pan,
papá y yo.


Ana Wiya Kasha


https://www.facebook.com/ana.blanco.blanc?fref=ts