jueves, 30 de diciembre de 2010

A VOZ DURMIDA NESTA TERRA





Pintaron en vermello os soños dos ancestros.
En sal, as brancas areas da distancia inalcanzable
foron presente dun futuro imaxinario.
As liñas marcadas nas vellas mans
curtidas na suor das frontes queimadas
pola lume asasina da miseria
borrábanse dos recordos, dos contos das vellas
porque xa ninguén os escoitaba.
E así, lombo contra lombo; costas encurvados pola angustia
dos fillos emigrados no pasado
baixaron ata o fondo dos abismos, na procura dunha palabra
na noite mais escura dos tempos xa pasados.
Pintaron as montañas en carballos
de raíces afincados na nostalxia
e ninguén foi quen de mirar os ceos negros
como presaxios de morte, tan amiga como estraña.
¿Porque xa todos marcharan?.
Tan so me recibe a casa de pedra e bagoas solitaria.
A solaina, esquecida,
as pegadas nos sendeiros trala ventá pechada
de zocas trazadas
neste futuro sen memoria, sen palabras, sen recordos.
So o silencio dende o fondo da terra enlamada
a monótona ladaíña do vento contra as polas feridas en ourizos
sen froito nin esperanza.
E alá no fondo da campa a cinta do río que escapa
como todos desta tristura en esquecementos e ruínas mesturadas
de poesía, mentiras, fracaso e doces xogos da infancia abandonada.
Pintaron esta terra, en carne viva
de dor, de tristura ensanguentada, de fame cega
de “si señor” e seguir calados
de fuxir ou morrer, de buscar unha saída trala xunta dos bois,
calados sen voz, nin queixas .
Nas costas dos carreiros, borraron, cara arriba ou costa abaixo
trasfegando como sempre, entre o xurro, a mirada no pasado,
a voz intermitente do Courel resoa nos versos do narrador das vidas
que vendemos nesta miseria;
a voz durmida da nosa terra.


NO TE SALVES - MARIO BENEDETTI - CORAZON CORAZA

martes, 14 de diciembre de 2010

MARIO BENEDETTI


"Desde la guarida vemos transitar el invierno maldito, con su helado cortejo.
Vemos pasar a las brujas del Norte con su esperpento globalizador. Y apenas distinguimos a través de la niebla a los buitres solemnes que perdieron el rumbo.
En la guarida estamos ilesos mientras cunde algún desastre. Y nos contamos cuentos y encendemos la antorcha."

Texto : Mario Benedetti - "Vivir Adrede" .

(Entrada do Blog de MArisa, Cuspe de Pita, dende as terras da Fonsagrada....)

JOSE A. MUÑOZ ROJAS




Que me busquen si me pierdo
por los caminos que van
desde tu sien a tu pelo.
Y si me vuelvo a perder
por los caminos que van
desde tu pelo a tu sien.
No se lo digas a nadie:
a vivir llamo quererte
y a la pena llamo sangre.
No paro de recordar
aquello que me decias
de morir sin libertad.
Que me coja la mañana
por los caminos que van
de tu boca a mi palabra.
Y que la noche me coja
teniendote bien cerquita
y con tu nombre en mi boca..........

(Preciosa coplilla deste poeta, pouco coñecido de noso poemario dos anos trinta-coarenta).

jueves, 9 de diciembre de 2010

COMPENDIO DE ORBALLOS E INCERTEZAS.-MANUEL MARIA




Hai que volver a auga, purificala,
facela de novo humilde, casta
e transparente, librandoa de lixos
e torneiras pra que corra por nós
dicéndonos a sua canciòn de luz
e soño, a sua mensaxe de gracia
e de frescura, dándonos a sua voz
escura e fonda de terra xenerosa.
Compre voltar ao orixe novamente,
ás fontes limpas e correntes
e as fértiles matrices que aluman
as escuras claridades que o mundo
ten nas suas entranas misteriosas.

Manuel Maria. Hinos par celebrar ao século futuro. Do poemario "Compendio de orballos e incertezas".

http://conxuradosdesexos.blogspot.com/

As caídas de Carlota - Adicado a Ángel Utrera

http://conxuradosdesexos.blogspot.com/2010/11/as-caidas-de-carlota-adicado-angel.html



Soterrada na desilusión do que se espera dela unha vez máis afundiu.
Perdida no que debe ser atopou inseguridade e interrogantes.
Durmida nos soños dos demais vive nun pesadelo de apatía onde as mañás pesan e as noites son insomnio.
Agochada na decepción allea non sabe porqué vive morta (foise no vento do desencanto ignorante).

P.D: pero todo muda, proximamente o optimismo.

Iste e un poema, dun blog,- A CONXURADADOS DESEXOS, que como o meu leva, uns cantos anos xa na rede, falando dos sentimentos, frustracions, tristuras, melancolias, e alegrias que ten a vida.....Ao travès do cristal da poesia.TRaio hoxe aqui o enlace, para os que querades darvos unha voltiña por ala. Paga a pena.