martes, 30 de noviembre de 2010

Biblioburro




O video fala por si so. PAra que despois nos queixemos. Mirade o que ainda neste muldo muldial, de aldea no que vivimos, teñen que facer alguns para poder ler, un libro, algo tan sinxelo como iso....LER.....
Heroico.¡¡, o video non ten desperdicio.

MANUEL MARÍA.



As veces acontece que nos fire un lòstrego sùpeto.
Entón a nosa alma, acobardada fuxe moi lonxe de nós mesmos,
deixándonos orfos e valeiros,
habitando nun pasmo, no país lonxano das ausencias.
E cando a alma, desnortada,
ao fin, retorna a nós;
doille acostumbrarse novamente a este corpo valeiro e solitario.


(Manuel Maria.-Rondó da Alma Ausente- "Compemdio de orballos e incertezas).

jueves, 25 de noviembre de 2010

O ANO DAS LUCES: AQUEL ANO, NO QUE DIN AS MALAS LINGUAS QUE NACIN EU. 1956......














O ANO DAS LUCES: AQUEL ANO, NO QUE DIN AS MALAS LINGUAS QUE NACIN EU. 1956..........

A verdade é que todo o que Eu sei daquela,o sei porque mo contaron. Vivir,o que se din vivir, vivilo, pero claro Eu era moi pequeno, e non recordo nada.
O parecer cheguei a este mundo de cu, así me ten ido dende entón, o peor é que sigo do mesmo xeito, de cu , sempre contra corrente, e costa abaixo. Non lle hai que facer.
Alí soíños, a miña nai e mais eu, ela empeñada en que saíra, e eu que non tiña nin puñetera gañas de saír a pelexar co dichoso mundo, e deixar o seu ventre tan quentiño e a gusto como me atopaba nel, pasamos un mal trago, e mesmo poderíase dicir sen medo a exaxerar, que algunha das monxas con aquelas cofias tan de carnaval, que se gastaban antes, enormes sobre as cabeciñas tan pequerrechiñas, non daban un peso por aquela cousa esmirrada, arrogada e berrona que acababan de sacar de entre as pernas da nai.
Aquela cousa era Eu.
E como tiña, o parecer tamén, daquela outra cousa, que non se nomea, porque é pecado, mais parecida a unha morcilla resesa, ca un atributo masculino, entre as pernas, e case invisible polo cativo, dixéronlle a miña nai que era Neno, aínda que elas mesmas tiñan serias dúbidas, e mesmo a Sor Rosario, doulle en recitar aquel poema de Quevedo: “ Érase un hombre a unha nariz pegado.....”, neste caso a unhas orellas, mais parecidas as de Dumbo, que nada.
Tan foi así,e non exaxero nada, que miña nai durante anos, mas pegaba con esparadrapo, para ver se así no seguían medrando, e quedaban algo mais recollidas na cabeza. Vano intento, aínda hoxe ando sobrado delas, e mira ti que para lo que me serven; xordo como unha tapia.
Cousas da vida.
Pois a ver, estaba a contarvos,que cheguei por fin, un dia cinco de Outubro, case seis, xa que a noite era avanzada de mais, e estaba a piques de rematar o dia, e que a pesaren de que a xente din, que os rapaces traen un pan debaixo do brazo, a verdade foi que Eu so trouxen fame, pero nada para xantar, o pan debín estragalo polo camiño. Quen sabe, xa dixen antes que Eu fora moi pequeno, entón, e non recordo nada daquela.
Tamén sei que por aquel entón a xente tiña os nenos, boeno a xente mulleres claro, sempre foi a si, nunca escoitei dun home que fora nai. ¿Algún de vos si?. Pois, si, as mulleres parían na casa, pero miña nai foi a unha especie de hospital, entón o chamaban a Casa de Socorro, non sei porque o mellor e que a dona chamábase así. A Sra.Socorro, pero non estou moi seguro de que fora por iso.
O caso foi que alí as enfermeiras eran monxas, todas elas, de bastante mal xenio, e pouca paciencia cas mulleres, cando berraban polas contraccións e dores propios do parto, e todo aquilo resultaba bastante frustrante, e violento para a nai, non che digo nada para o pobre rapaciño, que chegaba, pasaba por alí sacaba a cachola e escoitaba, berros, gritos, insultos, vía sangue por todos lados, e unha xente moi raramente vestida cuns mandilóns de pano que nalgún tempo debeu ser branco, pero que xa facía ben del perdera o tinxe. E claro,a ver quen era o valente que saia.
Mariquita o ultimo, ....
En fin naquela casa de socorro, pasei os primeiros e mais felices días da miña infancia, entre a teta da miña nai, e as cacheadas das bruxas das monxas, no cu, cada vez que tiñan que cambiarme os cueiros porque estaba cagado, lo que o parecer non lles gustaba nada.
E curioso, do meu Pai, non recordo nada, seguramente estaba traballando.
Meu pai sempre estaba traballando. Se me preguntaran que recordos tes do teu pai, non sabería que dicir, so que sempre estaba no traballo,naquel despacho tan grande, de sofás de coiro, que as veces Eu oulisqueaba cando ninguén me vía, porque me cheiraban a perfume de auga de lavanda.
O mais seguro e que se decatou de que xa nacera, cando cheguei por alá e díxenlle:
Ei, hola papa, mira que xa nacín, que tes outro fillo.
E seguramente meu pai, respondeume; home, pois moi ben mira que és guapo, e louro.Anda,colle un papel, sinta hai e fai unhas liñas de caligrafía neste caderno de rubio..
Si,si, xa sei que exaxero, pero tampouco debeu cambiar moito, o xeito de que Eu nacera, para o meu pai.
Sempre dixo que Eu non era fillo del, se non dun Sarxento Americano Negro da base de Rota, que estaba por alí cerca, e que sei roldaba a miña nai.
Quen sabe o mellor si. Aínda que del dende logo non herdei nada, nin sequera a facilidade para o idioma, porque a min isto do Inglés sígueme a soar a chino.
Aquel foi un ano especial, sen dúbida. A primeira das razóns,é evidente, nacín Eu, pero aparte desta efeméride, tan significativa na historia do mundo mundial, ocorreron un par de cousiñas, dignas de reseñar, aínda que Eu daquela non souben nada de nada, ia a ser co paso do tempo, o cabo dos anos, cando me fun poñendo o dia.
Xa se sabe que naqueles tempos a censura era férrea. A lei de prensa impedía a liberdade de expresión, reunión e opinión. Os fueros dos Españois, as Leis fundamentais do Movimiento, o Dios, Patria e Rei, aínda que isto do rei ten moito que matizar, pero o deixo para outro conto, era o lema nacional, e o¡Viva Cristo Rei ¡, o Santo e siña da xente de ben e orden. Xente humilde, sumise e calada, de Si señor, e punto en boca.
De Falanxe, OJE (Fronte de Xuventude, ou mesmo Organización xuvenil española), do Servizo social obrigatorio para a muller, e a “mili”,o servizo militar no quinto carallo, canto mais lonxe da túa terra mellor, no caso dos homes, e probe do que se negase, daquela non existía a posibilidade de alegar oxecciòn de conciencia, xa que ias de cachola o trullo de por vida. Cousas daquela Democracia Orgánica, como a chamaban.
Eran tempos nos que so había dúas clases, os Señoritos e os traballadores.
Nas casas as mulleres, ocupábanse todo o dia dos fillos, e o marido. O deber conxugal era o santa santorum dos demos de sotana; e a sabedoría popular, coa san sorna de sempre recitaba pola calada, e de baixini: Tanto cura de bonete, onde diabros a mete.
Eran tempos de castidad, de ayuno e penitencia de Venres Santo, e Rosario, de Misa os
Domingos e festas de gardar. De lei e orden, impartida ca mao férrea do TOP (tribunal de Orden Publico), que aplicaba a Lei de vagos e maleantes a calquera que non puidera acreditar un traballo aínda que fora de escravo.
Foron tempos nos que os exiliados aínda choraban dende lonxe, a terra perdida, nunha guerra fraticida nunca esquecida, no medo e a vinganza, pola sangue derramada tan inxustamente, dos mortos, que chamaban por todos nos dende o mais alá.
Foron tempos nos que a Igrexa, as dos pobres, os perseguidos, os mansos, os puros de corazón, os benaventurados, dos ensinos de Xesús, recollidas nos evanxelios, cos que os irmáns, arreábanos labazadas, por no saber os dez mandamentos, ou os pecados capitais, e te daban palmeadas nos dedos das mans, mentres saian en procesión levando baixo palio o xeneralísimo dos exércitos, caudillo das Españas vitoriosas, de Isabel y Fernando, el espírito impera, moriremos besando la sagrada bandera....... E o famoso brazo incorrupto de Santa Teresa.
Tempos escuros, de moito frío, dentro e fora, de fame e miseria, de traballar a reo, e non queixarse de nada. Tempos de calar, tempos de silencio.
Aquel ano de 1956, no que Eu abrín os ollos, por primeira vez, na terra de Rafael Alberti, o de Marinero en Tierra, no Puerto de Santa Maria, as Campás dobraban a morto por tantos e tantos como sementaron e ían seguir sementando os campos de Castilla, en suor e bagoas, de sangue en fame de morriña, segando infinitos campos de trigo, na esperanza dunha vida mellor, alá na casa.
Galiza da longa noite de pedra, mala nai, que obrigaba os seus fillos a deixala de emigración, na procura da bonanza no xornal, pra levar o pan e o futuro os fillos que agardaban.
Tempos nos que aquelas cantigas de Rosalía nos falaban do que seguiamos a ser como pobo :

(Extracto do meu relato,- O Ano que din nacin Eu.......).

martes, 23 de noviembre de 2010

LA ULTIMA VICTIMA..............




No tengo ni idea de que estoy haciendo aquí.
Cuando abrí los ojos no pude responderme
ninguna de aquellas preguntas:
¿Dónde me encontraba?
¿Cómo había llegado hasta allí?
¿Quién era Yo?
Tan solo se imponía ante mí la realidad;
Mi cuerpo desnudo
Mi sexo arrugado; recordé con un estremecimiento impropio
las descargas eléctricas, y como mis testículos estallaban en mil esquirlas
al reventarlos con aquella maza de hierro, mientras reìan y reìan con mis gritos de dolor.
Mi cabeza, al cero rapada con tenaza y cuchilla.
Mis manos atadas fuertemente contra los huesos quebrados de mi espalda.
Yacía tendido cara arriba entre excrementos y orina
supuse que era mía, aunque me resultara extraña.
Me dolía el pecho, y me recreé contemplando como de una fea herida
en el costado izquierdo, bajo lo que antes era mi tetilla,- ahora no existía pezón,
lo arrancaron sin piedad con la tenaza, ferozmente disfrutando del horror de mi mirada,
manaba mi sangre ya coagulada y negra,
sobre las baldosas de aquella habitación casi a obscuras
que intuí debía ser mi cárcel; mi enemiga.
Quise levantarme del suelo
pero mis piernas no me sostuvieron y caí de bruces
golpeando mi cara contra aquella piedra que acogía mi carne destrozada.
La cabeza me daba vueltas como en un carrusel infernal.
Me latía el corazón en las sienes sin desmayo.
Me faltaba el aire, y con cada bocanada en avaricia,
se me escapaba el aliento, como la vida.
Sentí que aquel instante era el final de mis desdichas.
Y vomitando bilis amarilla entre hilillos de sangre
esbocé una absurda sonrisa con aquel amasijo informe
que antes supuse fueron mis labios
destrozados ahora por la fuerza de los golpes.
Y cerré mis ¿ojos?, más bien dos cuencas vacías
allí donde antes brillaba la luz en mis pupilas tras los parpados
del miedo y el tormento .
Y dos gruesas lágrimas quedaron suspendidas en el tiempo
como ultima muestra de lo inhumano del miedo y la tortura asesina
del cazador y su victima, mientras oía sus pasos acercarse
con la muerte como amiga,
y el cerrojo de la puerta violado, se abría a un nuevo día inexistente.

lunes, 22 de noviembre de 2010

sábado, 20 de noviembre de 2010

SAUDADE DE TI NA DESPEDIDA.....





Non quero marchar
mais dígoche adeus
cun sorriso amargo e a man alzada
na despedida dos corpos
que non das almas.
Non quero fuxir
mais escapo do calor destes ollos
nos que perdo o meu pasado.
Non miro atrás
poren meu corpo cheira aroma
da almofada na que gardo a túa imaxe
atrapada como reflexos das ondas
no mar salgado.
Non che deixo
porque levo a túa sombra xunto a mi
o teu sorriso nos meus beixos
as bágoas derramadas sen desmaio
as voces e silencios namorados.
Non quero marchar
e xa non marcho de ti
mais non me quedo o teu lado.

INIMIGO INTIMO....





Piso a terra escura e avarenta
que garda para si o cheiro das
tumbas abertas sen flores
dos que non son, e xa non existen,
borroso recordo, tan so
sons no vento.
Piso a terra reseca en sangue viva
como un tesouro no tempo
no que floto etéreo e sen alento
buscando unha saída.
Piso a terra xorda e cega
que non sabe de dores, ni de bágoas
e promesas incumpridas
nin de feridas nas almas dos traidores
que fuxidos, e sen nome
alumean lume fatuo nas areas
dos desertos na que estoupan cada día .
Piso a terra curtida en mil amores
de suspiros e lóstregos amigos
servidume do po destes camiños
nos que sen sombra vagamos so,
como inimigos do seu
na procura dun destino.
Morte doce, terra estéril e baldía,
inimigo intimo.

jueves, 18 de noviembre de 2010

JOSE ANGEL VALENTE..........





Quero ficar aín, solo, no lonxe,
sen ningúen, sen nadie,
paxaro que no ar infindo voa,
no baleiro do ar.
cara ó hourizonte onde xamais se chega,
e nunca xa poder---ficar asín----
voltar á orixe para sempre borrada.......


(JOSE ANGEL VALENTE-CÀNTIGA DO ETERNO INRETORNO, -DAS CÁNTIGAS DO ALÉN)

miércoles, 17 de noviembre de 2010

TEATRO DO ATLANTICO



POSTA EN ESCENA DA NOVA TEMPADA DO MELLOR TEATRO. TEATRO DO ATLANTICO, EN CORUÑA, ESTE VINDEIRO FIN DE SEMAN, A MELLOR IDEA PARA PASAR UNHA BOA TARDE. SAIR DA CASA A PESAREM DO MAL TEMPO, TOMARSE UNHA BOA MERENDA, E AO TEATRO......SEN DUBIDO NON IDES QUEDAR DEFRAUDADOS.

martes, 9 de noviembre de 2010

Powerful Ocean Waves




Hoxe que o tempo vai afondado en tomporales, de vento e chuvia.
Hoxe que estamos lonxe un doutro
Hoxe que so sinto morriña do que foi e non vai ser nunca mais
Hoxe que so teño bogoas negras
hoxe que o frio da noite xea o meu sentido mais profundo na nada do non
hoxe que non son ninguen
hoxe que estou perdido e baleiro
Voume nas ondas do mar salgado, ata o arco da vella
montado na escura sombra que agarda por nos.....

Pilobolus' SHADOWLAND: the "Transformation" excerpt





POESIA PURA.....MARAVILLOSO VIDEO.

INSTITUTO CULTURAL LATINOAMERICANO.



VIII CONCURSO INTERNACIONAL
DE POESIA Y NARRATIVA 2011

El Instituto Cultural Latinoamericano desde su nacimiento se propuso brindar un espacio de oportunidades, es por eso que invita a autores mayores de 18 años, a participar del VIII Concurso Internacional de Poesía y Narrativa 2011. Las obras deberán ser inéditas, no premiadas con anterioridad, tema libre, en idioma español.

PUEDEN PARTICIPAR CON:

POESIA: de 3 a 7 poemas, con un máximo de 30 líneas cada uno.
NARRATIVA: mínimo 90 líneas, máximo 210 líneas, ya sea en uno o varios trabajos.
Podrán participar en ambos géneros si lo desean.
DATOS DEL AUTOR: En un sobre pequeño, que irá junto con las obras, tendrá que incluir los siguientes datos: Nombre y Apellido, DNI, Dirección, E-mail y Teléfono.
PRESELECCION CON "MENCION DE HONOR": Las obras que resulten finalistas con "Mención de Honor", tendrán la oportunidad de formar parte de la Antología cooperativa "Destacados 2011" y pasarán automáticamente a integrar la final por los Primeros Premios que son los siguientes:
PREMIOS:
1º PREMIO: Edición de libro individual de 64 páginas, 200 ejemplares, Diploma y Trofeo,
en poesía como en narrativa.
2º y 3º PREMIO: Trofeo y Diploma.
4º y 5º PREMIO: Medalla y Diploma.
Se entregarán las Menciones Especiales que el jurado estime conveniente, que recibirán Medalla y Diploma, el resto de los integrantes de la Antología recibirán Diploma y Medalla de “Mención de Honor”.
DISEÑO DE ANTOLOGÍA: “Destacados 2011” se presentará con atractivo diseño de tapa papel ilustración a todo color, interior papel obra y se registrará en la Cámara del Libro con N° de I.S.B.N y Código de Barras.
Beneficios al integrar “DESTACADOS 2011”: Su obra llegará a distintos países (España, Perú, Chile, México, Francia, Uruguay, etc.) por medio de las distintas donaciones a: bibliotecas, centros culturales y talleres. Además será promocionada en nuestra página Web, Blog, diarios, televisión y radios. La campaña publicitaria se realizará por vías adecuadas a nuestro alcance.
CEREMONIA DE PREMIACIÓN Y ENTREGA DE ANTOLOGÍAS: Se realizará en el mes de Mayo de 2011, (salvo que surgieran imprevistos de fuerza mayor), donde se entregarán los Premios a todos los ganadores y recibirán los ejemplares de la Antología, la ceremonia contará con pantalla gigante, exposiciones, etc. Luego, podrán compartir una cena, más detalles le serán informados cuando reciban la invitación especial para asistir a la Ceremonia. Los autores que no puedan asistir a la ceremonia, podrán solicitar el envío de Antologías y demás por correo en forma Contrareembolso.
RECEPCIÓN DE OBRAS: Las obras se recibirán hasta el 15 de DICIEMBRE de 2010 inclusive.

Confiamos en que Usted se unirá a este proyecto que le ofrece la oportunidad
de trascender las fronteras de su propio país.

SOLICITE BASES COMPLETAS:
Instituto Cultural Latinoamericano
Lebensohn 239 – C.P. B 6000 BHE-
Junín (B)Tel. 02362-423734- de 8 a 14 hs.
E-mail: iclatinoamericano@yahoo.com.ar
Publicado por Instituto Cultural Latinoamericano en 06:22 0 comentarios Enlaces a esta entrada

iNFORMACION QUE ME ENVIAN POR CORREO ELECTRONICO DESDE ESTE INSTITUTO, EN ARGENTINA.

lunes, 8 de noviembre de 2010

A FESTA DA POESIA...........












A Poesia na rua....Lugar a Estrada -Pontevedra, dia Venres, 5 de Novembro, pasado.,Hora, dende as sete da tarde....Cada quen, libremente leu o poema que quiso. GRandes, e pequenos, nenos e nenas, poetas, escritores e xenta normal da rua...A FEsta da Poesia que cada ano, e van cinco, organiza Ediciones FErvenza, de Jose Luna, volveu a demostar o seu poder de convocatoria con mais de cen participantes, durante mais de duas horas de poemas......
FErmosa iniciativa, que xa é toda unha realidade.

Eu, por segundo ano consecutivo, participei e lein un poema de Manuel Maria, do seu poemario "Cecais hai unha luz...."
O amor en abstrato é un absurdo
sen senso ningún e sen sentido.
O amor é algo moi concreto,
individual e intimo:
un mundo excluinte,
ateigado de gozos e arrepíos;
posesiòn gratuita,xenerosa
e egoista; entrega porque si,
sen mais razòn que o pracer
puro e inocente de entregarse
como se entrega a flor
cando a luz do amencer
a circunda de leves claridades.
O verdadeiro amor é materia carnal
que nos traspasa; tal o coitelo
que fere a mañá madurecida
recendente a solpor señardoso,
escoando ouros delirantes
só polo pracer de dar tenrura.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

MOMENTOS



A poesia levado ao cine. MAravilloso curtometraxe, para pensar, e botar unha ollada o noso caron, antes de pasar de largo...

lunes, 1 de noviembre de 2010

MANUEL MARIA.-Cecais hai unha luz.






O furacan non é unha forza natural
nin un inimigo;
é sinxelamente o comezo
dun amor intransitivo e excluinte
que nace no corazòn do universo,
no lugar de onde veñen
as neves, as flores e os paxaros.
O furacàn é lume,
paixón,
doce esperanza iluminada
que ordena o caos en que vivimos
a nosa
escura existencia irreflexiva.
O furacàn é estrela no deserto,
fonte no cume da montaña,
insòlito xardin sobre a rocha.
O furacán é a musica inefábel
das esferas, a voz dos mundos
aìnda imperfectamente coñecidos,
a forza potente e misteriosa
que arrasa a porcallada
e deixa limpo o ar:
perfectamente puro e recendente
como a luz da mañà recén nacida.
O furacàn é unha longa aperta;
lòstrego de amor a fulminar
a pasividade das cousas estantías.


-Fotos.-As fervenzas de Toques (A Coruña)- Toxa (Pontevedra)-San Xusto (Coruña)