O DIA QUE MORREU PABLO GUERRERO.
O DIA QUE MORREU PABLO GUERRERO. O día que morreu Pablo Guerrero, faltaban aínda catro para que Eu cumprira os sesenta e nove. Alguén pode pensar que poucos, quizais para outros sonche moitos demais e xa estamos na costa abaixo na vellez e o punto e final da vida, quen sabe, todo é como a botella, segundo se mire, metade chea, metade baleira. Eu, pola miña parte, naquel intre pensei con fonda tristura que estaba a despedir a outro dos meus ídolos de xuventude e con el marchaban unha boa presada de recordos, algúns felices, outros non tanto e demasiados tristes, logo de ter que dicir adeus para sempre a moitos dos meus mais benqueridos familiares e amigos. Xa o dixo o filosofo, antes ca min; A vida era iso. Alí sentado co xornal nas miñas mans saboreando o café de acordar lendo a triste nova, deixei voar a imaxinación e liberei os meus mais íntimos recordos daquel día na universidade Autónoma de Madrid, nos anos setenta/oitenta do pasado século, no que miles de rapaces/@s, coma min ...