BRAIS LORENZO. " FOTOGRAFAR O BALEIRO"

Fotografías de Brais Lorenzo. Na sala de exposicións da Fundación abanca nos cantóns Ferroláns, podemos contemplar estes días unha moi coidada e mais que completa colección de fotografías do fotografo BRAIS LORENZO, no que amosa doutro xeito esta Galiza nosa que estamos a perder, se non a perdemos xa irremisiblemente.
Estamos diante dunhas fotografías nas que o artista atrapa outro xeito de vivir, que está a esmorecer lentamente, nas nosas aldeas, e pobos, algúns xa abandonados no interior deste absurdo Pais de baleiros e baleirados, nos que tan so manda o silencio, e os pasos perdidos dalgún que outro intrépido viaxeiro que osa adentarse no corazón mesmo da terra. Preto de dous mil lugares do rural carecen xa de poboación, por así dicir están abandonadas e en estado ruinoso as súas casas, por non falar do lume que nos últimos anos estamos a padecer con tráxicas e irremediables consecuencia de desertización e destrución de bosques e do entorno natural da nosa terra.
No baleiro da terra queimada, as casas calan, convertidas en pedra e ruína, mentres os ríos baixan negros de cinza. Os pobos quedaron abandonados e a xente vive na saudade dun tempo que xa non volverá. Nin sequera os cemiterios reciben a mirada esquiva dos ausentes; as tumbas repousan no esquecemento, como se a morte tivese tamén outra morte. Que foi do sorriso dos vellos á porta das casas, contemplando os xogos dos nenos? Que foi dos días de festa, das romarías, das procesións co santo patrón levado nas andas, dos traxes de domingo e das festas de gardar?.
O baleiro apoderouse dos montes, dos bosques reducidos a negro carbón, das congostras e das corredoiras, hoxe esquivas e silenciosas. O eco das voces apagouse, e só o vento percorre os camiños que un día estiveron cheos de vida. Será este o noso futuro? Un horizonte incerto onde o abandono e o lume escriban a última páxina da nosa terra, ou aínda estaremos a tempo de devolverlle a voz aos pobos, aos montes e á memoria?. A fotografía de Brais Lorenzo, atrapa o visitante, reten na pupila do espectador, remove e fai pensar no que perdemos, a vida que vendemos, e o triste baleiro do presente, un futuro triste de desprazados sen raíces.
No Faro de Vigo, o pasado 28 de Abril, recolliamos esta nova do Foto periodista: El prestigioso galardón World Press Photo reconoce este año, en Europa, al fotoperiodista ourensano Brais Lorenzo Couto, por su cobertura de los incendios forestales en la provincia de Ourense. «Es una cuestión local que se extrapola a una problemática que afecta a todo el planeta: los desastres mediambientales relacionados con el calentamiento global y el cambio climático», apunta. «Antes, cuando un incendio se acercaba a una aldea, suponía una oportunidad para pararlo, porque todo estaba limpio, existía un perímetro de seguridad y había gente en las aldeas para luchar contra el fuego. Ahora, pasa lo que hemos visto el pasado verano: es un auténtico drama». https://www.farodevigo.es/fotos/ourense/2026/04/17/informacion-sensibilidad-fotografia-brais-lorenzo-129226609.html
Sen dubida unha excelente mostra do que a fotografía tratada con sensibilidade e amor, pode provocar no espectador que se achegue sen presas para admirar o excelente traballo do fotografo. Angel Utrera.

Comentarios

Entradas populares