HELENA VILLAR JANEIRO


No interior dun faiado.....
A lenisima foula dos nosos pasos
danzaba en espiral adubiadas de cheiros
a revoltillo
baixo a luz macilenta dun ventano
cruzado polas ponlas da maciñeira
que agora florecia.
Unidos pola luz,
coa connivencia do prohibido
desparramado en vultos e misterios,
fixemos mesmo un deus deste cristal
cando ía demasiado frío para ser maio
e esta bufarda
nos enganaba con calor finxida.
Aqui no faio
baixo a luz cenital de dúas primaveras
apousamos as cargas amorosas
máis temperás
e sentimos nacer o desacougo
que destilan as chuvias
baixadas desde o azul
poñendo cos seus sons sobre as cabezas
os mesmos signos tortomeleantes
que deixan nos cristais.
Helena Villar Janeiro, Album de fotos, Ed.ESpiral maior de poesi.Nace en Becerrea ,Lugo en 1940. Poeta e narradora é profesora de Ensino Secundaria en Santiago, e membro de colectivo "Cravo Fondo".Ten publicado diversos libros de narrativa e contos para nenos, entre outros: Viaxe a illa redonda. A cancion do rei,contos do paxaro azul..etc.

Comentarios

Entradas populares