jueves, 9 de diciembre de 2010

COMPENDIO DE ORBALLOS E INCERTEZAS.-MANUEL MARIA




Hai que volver a auga, purificala,
facela de novo humilde, casta
e transparente, librandoa de lixos
e torneiras pra que corra por nós
dicéndonos a sua canciòn de luz
e soño, a sua mensaxe de gracia
e de frescura, dándonos a sua voz
escura e fonda de terra xenerosa.
Compre voltar ao orixe novamente,
ás fontes limpas e correntes
e as fértiles matrices que aluman
as escuras claridades que o mundo
ten nas suas entranas misteriosas.

Manuel Maria. Hinos par celebrar ao século futuro. Do poemario "Compendio de orballos e incertezas".
Publicar un comentario