ANTONIO JOSE FRANCISCO REY


¿ALGUNHA VEZ FUCHES FELIZ?...
¿Algunha vez te sorriu a vida?
¿Senticheste comprendido?,¿Amado?
¿Viches o brillo duns ollos cando te miraban atentos?
¿Soñaches cunha persoa querida?
¿Choraches de alegria ao acadaren algo que desexabas profundamente?¿Descubriches que podes perpetuarte dalgunha maneira nos teus fillos?¿Deitácheste cansado, mais satisfeito de face-lo teu traballo?
¿Gozaches da beleza da primeira rosa da primavera?
¿Perdoaches a que te feriu?
¿Perdoácheste a ti mesmo?
Libérate do sufrimento.
Relaxate.
Respira fondo.
Xa se ergue o sol....
--------0000------------

Do libro de Poemas "Son Galego". Poemas dun galego por naturaleza, ainda que nacera en Bos Aires, fálanos da terra, da xente, da infancia, dos recordos......ao travès das palabras e sentimentos mais fondos, e emotivos, do se avó paterno, nado nunha aldea de Muros, na Coruña. Como tantos outros, Gallego na diaspora, fillos desta desagradecida terra, ferida aberta ainda, a pesarem dos anos.

Xa trouxen fai tempo outro dos seus poemas, mais emblemàticos para mi, pero este quizais faime sentir triste e baleiro..... non sei porque.

Pensamentos aillados da miña frustracion vital, tal vez.


Comentarios

Cuspedepita ha dicho que…
Gracias por ir amosando estes poemas.
Téñoos lido moitas veces, pero cada vez atopo algo novo neles.
Penso que a intención de Antonio era optimista, transmitir que pase o que pase na vida agora, e anque un se sinta afogado polos problemas, o stress, a infelicidade... se bota a vista atrás sempre podes atopar algunhas cousas boas que pagaron a pena. E que sempre hai novas posibilidades así no futuro.
Gústame moito a foto que puxeche.É moi axeitada para este poema.
Angel Utrera ha dicho que…
Tes razon, os poemas de Antonio son para leer e releer varias veces.,como penso facer è irlles sacando as "mantecas", sabe escribir o que quere decir, cunha naturalidade moi profunda, e fermosa, chega ao interior de un, e o volve atràs, de nono o neno que fun e perdin para sempre......
Non teño remedio.
Gelu ha dicho que…
Buenas noches, Ángel Utrera:

He llegado hasta el poema de Antonio José Francisco Rey, buscando en Google ‘Son Galego’.

En la entrada que he subido hoy, he puesto unos versos suyos.

Hasta que consiga un ejemplar de su libro de poemas, para poder leerlo completo, copio este que tú has seleccionado y lo guardo, que
al igual que Cuspedepita, también lo encuentro lleno de optimismo, de sensibilidad y de agradecimiento a lo mucho que se nos ofrece cada día que amanece, sabiéndolo apreciar.

Y la fotografía de Bruno, el niño de Ladrón de bicicletas tan preocupado y pensativo.

Abrazos.

Entradas populares