O SON DA NÈBOA.- Na Homenaxe a XOSE VAZQUEZ PINTOR.
Durante todala noite,
o intenso ruido das sombras
chamaba por min.
Ata o ocaso,
o silencio atronador da inconsciencia foi.
Paxaros,
sò escoito paxaros
que imperturbables destruen
os recordos dos mortos soterrados,
xoguetes gardados entre as pedras,
palabras agachadas no pasado esquecido
da nosa vida truncada no camiño
baixo "o son da nèboa"
enemiga desta feira de mentiras e verdades a medias
que é a vida en branco e negro.
-----------------------00000000-----------
Mañá Sabado dia Sete, as once e media será. Verémonos todos, unha vez mais a caron do noso Pintor, o seu lado, prestandolle, regalandolle o noso cariño, a nosa admiraciòn, a gratitude pola súa amizade, por ser como só alguen coma él pode ser.
Ali estaremos baixo o influxo das palabras, das historias, das lendas e contos que o longo desta curta vida, regaounos desinteresadamente, nas follas, en branco, todas e cada unha delas, atrapadas nos seus libros.
Eu, teño pensado, pola miña parte facelle un pequeno e sinxelo agasallo, este poema, escrito no envés dun cadro en branco e negro dos seus pendellos amados. Espero que lle guste.
A ver si son capaz, e non me pode a vergoña, porque impon ante tanta xente, en fin xa veremos.....
Comentarios
Desexaba moito estar alí presente en Melide, convosco, hoxe, para esta homenaxe, pero non me foi posible ir.