DESGRANAR AS HORAS SEN FACER NADA.....


Que doce pracer o desgranar das horas sen facer nada, sen pensar en nada, sen precisar nada.
Que pracenteiro e agradable o encontro sen palabras dos amantes.
Mirar,
mirarse sen ver mais alà dos corpos espidos,
das almas, das caricias ardientes, dos ollos prendidos en luminarias.
Un no outro, dous e un so.
Fermoso linguaxe falar sen palabras. 
Soñar sen soños,
cantar sen voz,
ficar ollando un pra outro sen necesitar nada.
Que locuaz e intima,
que teimuda a conversa desos ollos na descuberta do amor,
na entrega dos amantes,
no intimo segredo da noite sen estrelas,
no silencio complice dos que facendo o amor danse no doce pracer das horas sen facer nada.   

(Fotografia de Eugeny Kozhonekov).

Comentarios

cres ha dicho que…
qué belo...

Entradas populares