miércoles, 21 de agosto de 2013

RECORDOS DUNHA TARDE......



  
Lembro aquela tarde gris
pintada de outono coma
nos meus soños 
en branco e negro
de follas murchas
o desencanto,
coma as miñas ilusións
incendiadas co viño agreo
e a soidade das rosas sen espinas
e o recendo despois da chuvia.
Lembro aquela tarde
arroupado polo silencio da fraga
Eu comigo mesmo nun lamento suave
que me traía aqueles soños infantís
paso a paso
coma un somnámbulo invisible.
Lembro aquela vez
coma a derradeira fuxida
recorrendo  o meu pasado pola sendeiro
dos ausentes e esquecidos
que xa  primeiro ca min
foron cara o inverno
amosándonos o noso destino.
Lembro o vento nordés
a friaxe na face e o vao do meu alento xeado
tras o murmurio dos piñeiros escandalizados
dos nosos bicos doces
e a túa man entrelazando a miña…..
Publicar un comentario