AS VECES ...

As veces gusto en mirar a noite escura
en silencio  a soas comigo mesmo
e deixar esvarar as bagoas quentes de nostalxia.
As veces pecho os ollos
e penso que non sinto nada.
As veces sentado nalgures
me emborracho coa fragrancia das madreselvas
e durmo arrebolado polo cheiro do meu jazmin inventado
daquela nenez esquecida
que trepaba pola pedra do muro
preto da ventá pechada
pola que fuxían os heroes dos contos
que nos contaba a nai
nas tardes mornas de fastío nos invernos
sen poder xogar na rúa e sen nada que facer
tan so deixar morrer o tempo.
As veces son coma a auga fría das fontes
carambelos xeados de fresa e caramelo
fuxida cara os océanos na procura dos mundos novos
nesta vida que vendemos preñada en mentiras e fracasos.
As veces son algodón doce de feira
mazá acaramelada no forno dos pecados
corpo espido de vergoña e desexo
pedra do camiño
lume e cinza consumida
e lama.





Comentarios

Entradas populares