CONTOS DE VELLOS E ESQUECEMENTO......



Gústame que me digas estas cousas.
Nunca mas dixeran antes e…gústame…non me importa.
Sígueme dicindo cousas bonitas, por favor.
Sígueme dicindo que me queres.
Sígueme dicindo que me has querer sempre.
Inda que sexa mentira dimo.
Dime que comigo es feliz
Que nunca coñeceras alguén coma min
Que son a mais linda e fermosa da terra
Única e autentica, dimo e non pares
Inventa o que queiras pero que sexa lindo
Preciso escoitarche dicir cousas fermosas
mínteme e non me digas nunca que foi mentira
que me quixestes coma hoxe………

(A tarde foi caendo sobre o parque. Os álamos de xunto o río deixaban unha tibia silueta en sombra pintada sobre a herba mollada cun fino orballo. Eles os dous collidos da man forense perdendo trala liña parda do horizonte levándose con eles os seus recordos, as dores de corpo e alma, a escuridade dos ollos e a perda da  ilusións e a esperanza que inventaba o amor para abrir unha porta na inquedanza  da morte en calma . Eu alí sentado ollaba cara ningures incapaz de moverme.Vencido por un infinito cansazo, me sentín coma atrapado por un voraz burato negro do firmamento, e así debagando  recordei unha e outra vez  as súas palabras doces….)

Sígueme dicindo cousas bonitas, por favor
Sígueme dicindo que me queres
Inda que sexa mentira.
Dimo sempre...........  



Comentarios

Entradas populares