CHANO. (DAVID OTERO)

Chano quere ser actor completo e non ten claro como selo. Faise preguntas e busca respostas diante dos seus amigos polo barrio adiante. Xuntos debuxan aventuras xigantes e ananas, gustan das carreiras e das ringleiras e abren os ollos por ver. Os días transcorren novidosos; algúns tristes, outros bos e tamén regulares. Chano, tratando de explicar a realidade, fabrica un fermoso cadro a toda color para que poida velo quen queira......

-----Pequeniño e fermosisimo libro que caeu nas miñas manos por causaldiade buceando nunha destas librerias que ainda quedan polas nosas cidades e que seguen a render culto os vellos libros que coma os Rockeros NUNCA MORREN, e que se lee nunha sentada, paseniño e unha ledicia. Curiosamente as marxes do libro estanse cheas de anotacions e referencias gramaticais, polo que debeuse utilizar nalgunha clase gramatical da nosa lingua, quen sabe cando e quen foi o beneficiario do estudo.----  

Autor:
Otero Fernández,  David
Género:
Literatura infantil -juvenil
Editorial:
Editorial Galaxia
Colección:
Arbore
Páginas:
116
Tamaño:
11,5 x 20,5 cm
Encuadernación:
Rústica







DAVID OTERO (Compostela 1946). 
Veciño e amoroso da Estrada.
   Mestre e Escritor. Animador á Lectura. Aprendiz de "facedor de encontros e de contos". Notable en "esperanzas". Multiplicador do que lle produce pracer cando o escoita. Grabador de silencios e de antónimos. Favorecedor de voces e sinónimos. De imaxinacións e de fantasías (poli)valentes. Un tipo galego con gusto por (re)coñecer ecos. Apañador de non pouco. Lector de escrituras nos aires. Un algo parteiro de sorrisos (e dalgúns risos, non tantos como lle gustaría).
   Velaí pois a un sentido (con)sentido. Un h(r)umoroso para efectos de sorpresas. Un normaliño (in)evitable e (a)moroso (des)medido. Un galego en camiño de madurar, agardando, pero andando.....("que meu amigho...¡iso éche moito!").
   Membro Fundador do Pen Clube de Escritores Galego, de Galix (Asc. Galega do Libro Infantil e Xuvenil), da Fundación Castelao, da A.C.  "O Brado". Membro da Fundación Alexandre Bóveda, do Pedrón de Ouro, do Patronato San Martiño, do Colectivo Cultural Estradense,da Asociación dos Amigos dos Pendellos da Golada, do Movemento de Renovación Pedagóxico Nova Escola Galega, da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) e de Irimia.
   Participa en actividades de Colectivos de Renovación Pedagóxica nas Áreas de Lingua Galega, Animación á Lectura e Psicomotricidade. Formou parte do equipo redactor dos Programas de Lingua e de Literatura Galegas para o ensino non universitario, así como colaborou na autoría de Libros de Texto de Lingua Galega nas editoriais Xerais e Galaxia. Foi codirector da colección Árbore de Literatura Infantil da editorial Galaxia.
   Como autor ten publicado:
   1. Literatura Infantil e Xuvenil:
- Cousas para facer, dicir e pensar, O albendar dos animais e Por se che pasa (na colección A Tartaruga-ed.Galaxia). 
A verdade na bufarda e Chano (na colección Árbore-ed. Galaxia).
- Contos de ir e volver (colección Nabarquela-ed. Ir Indo).
   2. Biografías:
- Castelao corenta anos despois  (ed. O Castro).
- A vida de Rafael Dieste, A vida de Xesús Ferro Couselo, Don Eladio Rodríguez González, (na colección Árbore da ed. Galaxia).
Castelao (na colección Biografías da ed. Ir Indo).
   3. Didáctica da Lingua Galega: 
¿Que facer coas palabras? (colección Ágora da ed. Galaxia).
   4. Poesía: 
 -Para iso está o futuro (ed. A Fervenza).
   5. Narrativa: 
- Castromil no espello de Compostela (colección Contos do Castromil, ed. Ir Indo).

Comentarios

Entradas populares