A FUXIDA..........(MICRORRELATO).


Toda historia necesita sempre ineludiblemente un final, é lei de vida; nacer, crecer, vivir, reproducise e morrer no silencio; fundido en negro na nada silandeira e asasina.
Pode resultarnos tráxico, ou cómico, quizabes insoportable ou ridículo, para algúns pode resultar  marabilloso, para o resto é  como adentarse nun túnel do que sabes por adiantado,  non hai saída. Sempre é deste xeito; Principio e final, e no intermedio; a vida que vive cada quen segundo saiba, ou lle deixen, tristura ou chea de ledicia. Aburrida cadea de fracasos e decepcións  ou unha aventura repleta de soños, ilusións e triunfos.
As veces marchamos sen despedirnos sen ter consciencia de que baixa o telón definitivamente e deixamos inconcluso  moitas cousas que pensabamos resolver maña, sempre mañá, tal vez, quizabes, ogallá. Así separámonos como inimigos dos que sen dubida mais amamos e sentimos saudade da súa aperta agarimosa, sen unha palabra de despedida, un adeus, un deica logo , tan so odio na mirada, enfurruñados estúpidamente por algo banal e nunca mais volverse a ver cara a cara, para rectificar, porque rematou o noso préstamo de tempo.
Así foi como el sentiu chegado o final, era consciente da morte do outro, o seu propio ser, o seu inimigo intimo que o abandonara xa facía demasiado tempo e agora el mesmo buscaba o seu fin. Pero ningún dos dous dixera ata agora a súa derradeira palabra neste combate incruento e definitivo de un consigo mesmo.
Tiña a mirada prendida no lume que comezaba a brotar da torcida impregnada de alcohol do chisqueiro blusen que finalmente ardía quentando coa súa chama a mezcal precisa de limón e heroína que burbullaba na culler que sostenía entrelos dedos da man tremente de debilidade e locura, mentres, xa non sentía aquel noxo virulento que inundaba de rabia o seu maltreito corazón,ao reparar na imaxe deforme e borrosa reflectida no cristal da ventá sobre o que esvaraban tímidas pingas de chuvia.
Era o momento exacto para apertar o torniquete feito coa goma no seu brazo esquerdo e empurrar lentamente a agulla cos seus soños imposibles ata o interior cálido daquela vena maltratada polo fracaso, na que baleirar a xiringa.
Ao mesmo tempo no que o liquido asasino mesturábase co seu sangue, unha explosión de luz pechaba para sempre as pálpebras dos seus ollos sen brillo definitivamente, atrapando nas  súas retinas a imaxe vidrosa e sucia daquela cidade tan amada noutro tempo, da que fuxía ao fin, galopando ao lombo da morte doce, coma  un covarde.
Angel Utrera.




Comentarios

Entradas populares