martes, 12 de mayo de 2015

ANACOS DE PAPEL.....







Escribín anacos de papel
coma pensamentos grises
que lembrar quero
tentaba nos ocos das palabras
agochar versos esquecidos
que mudos labios
prenderan no vento dos silencios
e as mentiras.
Escribín anacos de papel baleiro
e por voar deron en se converter
nun lamento,murmurio do eco mudo
do medo.
Escribín anacos de papel branco
que foron como amarguras
buratos negros
recordos.



Publicar un comentario