QUE É A SOIDADE......








Cando te sintas soa e triste e as bágoas en sombras sexan a túa única compañeira de saudade e silencio pensa que, querida miña.-

Soidade é a inmensidade das areas ardentes nos desertos sen nome.

O ultimo, quizabes o derradeiro raio de sol que se agacha no horizonte da nada, cando na noite definitiva peches os teus ollos docemente.

O silencio atronador

O baleiro absoluto das chairas

A dor profunda das fontes secas

As follas murchas dos nosos outonos dos sentidos, arrastradas polo vento nordés xeado e negro como un coitelo asasino da fantasía e os soños.

A mirada que non ve

A palabra que non chega a saír da túa gorxa por soberbia, e despois xa é imposíbel dicir perdoa.

As despedidas agreas

Os bicos de traizón e as mentiras compartidas na soidade do teu dormitorio.
Iso si que é estar so aínda que o teu redor mil persoas, como formigas enloitadas anden cos seus rítmicos pasos de autómata, sobre as nosas vidas aterecidas.

 





 

Comentarios

Entradas populares