A CARCELERA.

Hai uns días co gallo da aparición do numero tres da revista de poesía Olga;   revista de Poesía Galega en Madrid, que nace do sentir dun grupo de poetas " Bilbao",  que dende o ano 1996  ata o verán do 2015, se reunían no salón cheo de fume e calor de corpos daquel café aberto no 1887, co nome de "Café Comercial", daquela glorieta de Bilbao, no Madrileño barrio de Fuencarral, polo que Eu pasaba as veces perdido no meu vagar dos poucos anos, soños e pensamentos mais ou menos negros, cun paquete de pipas de mirasol, no peto do meu pantalón de pana, dende o numero 120 da rúa Bravo Murillo ,onde vivía cos meus pais e irmáns, alí mesmo ao pé do escalectrix dos Catro Caminos, cara a Gran Via e Sol, e volta pola cidade Universitaria, Moncloa, San Francisco de Sales, arriba, naquelas tardes de Sábado nas que a rutina dos estudios víase rachada a caída da tarde, por aqueles interminables meus paseos, que remataban sempre co bocata de calamares de cea, comprado nalgún daqueles bares de fritangas e chan cheos de merda, papeis manchados de graxa, cascaras e cabichas de cigarro, porque aínda non estaba prohibido fumar neles, acordeime, digo retomando o fío da miña narración daquela fermosa tolemia que capitaneaba  Jose Luis Lopez Del Rio ; A Carcelera.
O mais cerca que Eu nunca estiven daquel grupo de escritores e poetas que se reunían xa naqueles días, no Café Comercial, dos que por suposto non sabía nada en absoluto, era cando buscando algo, aínda que non sei moi ben que, aquel rapaz novo de pelo a lo afro que fun Eu, se acercaba a aquel local de Jose Luis: A Carcelera,  moi preto do barrio de Malasaña, que despois íase poñer de moda como lugar de copas, e movida, pero que daquela aínda resultaba bastante soso e tranquilo.







 Alí, naquel sóutano, dende onde polas fiestras con reixas e barrotes de ferro podías ver pasar a xente na rúa,  mesmo podías participar nun curso de cinematografía, que tomarche un Fino La Ina, ou un Tio Pepe, escoitando cante jondo ou flamenco, por cataores saídos Deus sabe de onde.
A asociación cultural de nome tan sorprendente como curioso para aqueles anos grises de ausencia de liberdade, Tribunal de Orde Publico, lei de vagos e maleantes, grises e outras marabillas do mundo mundial do que o Pais dos golpistas, co Xeneral Franco a cabeza era o "number one" ; A Carcelera,  crease no ano 1974. Tiña o seu lugar de reunión no numero dez da rúa de Monteleón, e o seu nome xurde do cante flamenco que se cantaba sen guitarras, a pao seco, nas abarrotadas cárceres do  represor franquista, baixo  a dirección de Jose Luis Lopez del Rio, que mesmo foi o culpable da  creación da cooperativa de cine Andalusí, que produzo a película que recolle os terribles sucesos ocorridos no ano 1933 de todos coñecidos: Casas Viejas. Alma mater incansable e espírito da actividade cultural que esta foi quen de ter desenvolvido durante mais de vinte anos, nos que chegou a ter case que 300 socios  e para algúns mesmo pódese considerar a Carcelera, como a primeira sa de cine independente que existiu en Madrid, onde poucos anos mais tarde, íanse abrir as primeiras salas de cine del chamado "Arte y ensallo".
Moitos daqueles socios e simpatizantes, coma min, participaban activamente cada sábado nas "Huergas" (juergas- pronunciado segundo o deje andaluz- derivación de folga, na súa acepción de folgarse, devagar ou sentir e desfrutar o pracer de non ter que facer nada por obriga, tan so polo verme da cultura).
 Angel Utrera.


Comentarios

Entradas populares