LILICLETA.....Fábrica de Fantasías e Soños.


Hai tempo, fixen, unha entrada, no meu blog;

 https://espoesiadesdeagolada.blogspot.com/search?q=Cinecicleta

sobre unha fermosa historia de amor e xenerosidade co Cine e os mais desfavorecidos do mundo mundial, perdidos entre o esquecemento, a indiferencia e a pobreza, onde sonche os mais felices da terra, porque nada teñen, e nada precisan, salvo paz e vivir en harmonía co seu medio.

Ata ala se achegaban coa súa fábrica de soños, ese mundo de fantasías e esperanzas en forma de rolos de película e celuloide, eses tolos do proxecto denominado "Cinecicleta".
Isabel y Carmelo, 








Gente maravillosa capaz de entregarse a un ideal, hacer del cine un embajador de una vida mejor, mas solidaria y feliz, mas allá del ultimo rincón de nuestros cómodos hogares.

Esta pareja de locos por la vida lleva 9.000 kilómetros pedaleados desde que salió hace más de un año con su cinecicleta de Madrid, para proyectar películas en aldeas del Sáhara Occidental, Marruecos, Mauritania, Senegal, Guinea Bissau, Guinea Conakri, Malí…


Onte Domingo, tiven a sorte de atopar paseando por entre as vellas rúas de Ferrol, outros magos, duendes, trasnos e meigas da ilusión;os da........

Lili Cleta.


LiliCleta, é un Disco Cine, en bicicleta, que vai ofrecendo a súa música e cine en súper oito, ambulantes polas vilas, e pobos de todo o Pais.   ,
Esta lilicleta, é un triciclo que xa ten anos de historia, xa que no 1996 era usada no reparto de leite polas casas, e cincuenta anos mais tarde, no 2016, foi reciclada e transformada na actual Retro-discoteca-cine ambulante.
Todo un escenario de imaxes e son a pedais que dun xeito orixinal, singular diría Eu, entrañable, ecolóxico e moi, pero que moi divertido e persoal, leva simpatía a raudales, para todos os públicos. Musica e Cine, para grandes e pequenos, nenos e nenas, vellos e vellas, sabios e necios, ricos e pobres, pesimistas e optimistas, listos e mais listos, que son quen de regalarse e desfrutar coas creacións deste paiasos, clowns, cómicos, ....artistas en definitiva da vida, os soños, a fantasía e a esperanza.
Un novo xeito de ver e entender a musica e o cine, a través dos pedais dunha bicicleta.....    

Comentarios

Entradas populares