A CAMA DE MEU AVÓ MANUEL SANMARTIN MÉNDEZ. (CELSO FERNANDEZ SANMARTIN."CELSIÑO")



Meu avó durmía sempre
coas contras das ventá aberta
Vía nacer o día
dende o primeiro momento.




...........A cama de Meu Avó Manuel Sanmartin Méndez..............
                    CELSO FERNANDEZ SANMARTIN (CELSIÑO).

Esta cama foi de Manuel Sanmartin Méndez, o meu avó por parte de nai, e isto é o que queda dela.
Un poemario no que o autor, Celso Fernandez Sanmartin, o neto daquel que foi o propietario daquela cama, nos retrata en forma de versos, relfexions, comentarios, perifrasis e recordos grandes e pequenos, a súa visión do pasado, vista ao trasluz da  ollada do seu avó, e como declara a modo de aviso o propio autor, no limiar, que nos situa no lusco fusco do que ven unha a unha nas paxinas a seguir do seu, noso libro...."querer coller a súa man, tan fráxil coma a pel dunha claudia madura, das claudieiras do Rego de Prado, en Bermes, tan forte coma para plantar e recoller, tan segura como para calmar...
Esta é a historia da cama do Avó Manuel Sanmartin Méndez, o mesmo que á volta da Guerra Civil, fuxido e perdido, voltou coma xastre sen pegar un tiro..

Traía dous agasallos na cima do autobus
unha máquina de escribir e mais unha escopeta de caza
a máquina roubáronlla nunha parada
quedou a escopeta, inda está na casa
na que el naceu....
Entre tanto; Bermes, o seu o noso, o de sempre non se moveu do seu sitio, e ali mesmo, naquela casa, naquela habitaciòn, naquela cama,  mesma de sempre, Celso Fernandez Sanmartin, atopou a pegado do seu avo, e transformou esta sombra, estes recordos, estas palabras, en versos que formaron un delicado, suave e doce libro na que A cama do avó tan so resulta un pretexto, para fcernos reflexioar sobre as importancias das pequenas cousas, esas mesmas que conforman o noso impersoal, e infimo día adía. 


Val mais o que o sol deixa que o que a auga cría
Dicía el
que valía máis o que o sol deixaba
que o que a auga criaba.

----------------------Saber é distinguir o
                              vrau
                    dun  montón de sol.-----------------------------
 

A cama esta desmontada, as partes xuntas
os largueiros en alto
a cabiceira cadra cos pés
                              A cama foi dura e fresca
                              o primeiro que tivo foron táboas por somier
                              e despois metálico

Aboia a cama nas medras do río
despois de chover
                              A cama é o paxaro que un día entroupor unha ventá das de diante . 


Celso Fernandez Sanmartin.-

(Lalín, 1969) Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago
de Compostela. Poeta, narrador oral, horticultor, sociable, solitario.
Ten publicadas as obras:
Divagacións iú (edición de autor, 1991).
O tigre das cenorias (edición de autor, 1994).
(sen título) (edición de autor, 1995).
Propiamente son captivo (Letras de Cal, 1997).
Fucsia, talladas, estampados, boca (Imprenta Librería Alvarellos,
2001).
Gratas e boas novas (2011).
Así mesmo teño colaborado en mais dunha ducia de obras colectivas.

Poeta narrador das historias cotiáns, Celso Fernández Sanmartin;
"Celsiño", e o mellor "conta contos" e valedor da narración oral, na actualidade do noso Pais, sen dúbida algunha.
Nado en Lalín, leva anos  recorrendo  incansable co seu caderno e a súa mochila, os camiños, congostras e corredoiras da memoria da nosa xente, transmitindo dun xeito coloquial o saber desta cultura milenaria, a narración oral, que vai en verso as veces, en prosa sempre, de avós a pais, e de pais a fillos, para non se perder e quizabes como o tesouro mais valioso da nosa cultura popular.
Tal e como ben escribiu hai anos a profesora da Universidade Central de Barcelona; Helena González..."Celso ofrécenos unha poesía que se pode ver, pódese ulir, tocar e que ten sabor, porque o mundo sensorial estase a converter nas súas palabras, nun revelador mundo máxico do oculto, ata o punto de que os seus versos non escapan a dimensiòn memorística que agocha tamén a literatura popular e na tenrura que permite o autor volver os seus ollos o que os demais resúltanos invisible". 
Tan invisible coma nos mesmos, os que Celso escoita, escribe e conta agarimosamente os seus versos, lendas, contos e historia, sen descanso.




Comentarios

Entradas populares