INVISIBLE .(ELOY MORENO).
Hai uns días preparando a maleta para pasar un par de
semanas de vacacións, collín unha morea de libros da ultima andanada recibida
recentemente do meu libreiro.
Entre eles levaba un par de libros (Invisible e o Bolígrafo
de gel verde), que me tiñan recomendado dun autor para min descoñecido ata o
momento; Eloy Moreno, e abofé que resultou unha formidable descuberta, aínda
que xa o coñecera, sen decatarme de quen se trataba coa lectura de Tierra,
sorprendente e apaixonante historia, agasallo do noso fillo David, por transcorrer
nas duras e sombrías terras de Islandia, que rematabamos de visitar non hai
moito tempo e que certamente deixounos impactados.
Hoxe vou falar unicamente de INVISIBLE, novela desgarradoramente
auténtica que se sente como propia dende a primeira paxina e que se sufre ata o
derradeiro parrafo final. Que che abre os ollos a unha realidade, que pouco ou
nada ten de ficción, mais ben estamos ante unha triste realidade coa que día a
día nos atopamos nas follas dos xornais, mentres almorzamos.
Quen non tivo o desexo de se converter en invisible, algunha
vez?.
Quen de verdade, non pensou algunha vez ...se fora invisible.?
Quen de nos non garda a agrea sensación de ter sido o longo da súa
vida, mais dunha vez "invisible", para os demais, cando mais
precisaba a súa atención, a súa dedicación, o seu amor.
Quen de nos non pensou algunha vez que era pouco visible e
desexou ser mais e mais visible para os demais para gozar da súa estima?.
Posiblemente o quid da invi-sibilidade radica en que cando mais precisamos
dela, mais visibles nos estamos a manifestar e cando pensamos ou desexamos ser
visibles, resultamos absolutamente invisibles, inodoros, incoloros, translucidos,
seres insulsos, nos que ninguén repara, porque tal vez non existimos.
A novela, o libro de Eloy Moreno, nos presenta como un rompe
cabezas, que imos compoñendo un puzle de situacións, en flash back, nun xogo de
presente-futuro e pasados que lastran os recordos, un tempo real, duro, cruel e
desapiadado da vida dun neno, que pode ser calquera dos nenos do noso mundo
mundial, en calquera das nosas cidades, pobos ou vilas, facéndonos pensar, e
recapacitar case que sen querer, dende logo sen esforzo, aínda que non deixe a ninguén
indiferente, porque non se pode.
A historia atrapa ao lector dende o inicio e permanecemos expectantes
agardando o final que non queremos cara o que se desliza rapidamente nun ritmo
vibrante a historia, porque ninguén de nos gusta da amargura da soidade, a burla
e o ridículo de saberse invisible para todos, sobre todo cando a vida tería que
ser tan fermosa como na infancia.
Eloy Moreno nos leva da man das palabras cun linguaxe coidado,
ameno, e tenro e os sentimentos sen darnos acougo entrando a saco, sen medias
tintas nun delicado tema o do acoso escolar, por ser diferente, mellor ou mais capaz,
tanto ten os motivos dos acosadores, para tomar vinganza.
Ogallá, non existiran invisibles, pero tristemente,
lamentablemente seguiremos escoitando falar de cando en vez deles.
Comentarios