BIBLIOTECA ABERTA.

No Ano 2012, a corporaciòn municiapl do Concello de Agolada, co seu Alcalde a cabeza, á sazón, Ramiro Varela, aprobaron un plan de axuste para reducir gastos dada a caótica situaciòn financeira das contas municipais. Naquel momento se toma a decisiòn coa oposiciòn de moitos dos veciños, e a animadora cultural que dende ese momento queda praticamente relegada das súas funcions culturais, xa que era a encargada da Casa da Cultura, que englobaba cursos, actividades varias, sáa e informática con libre uso de ordenadores e a mesma biblioteca onde se impartían cursiños e realizaban actividades fundamentalmente para os mais pequenos.
Dende aquel entón insistimos por diversas vías, na posibilidade de retomar parte das actividades desenvolvidas na casa da cultura, e alo menos a apertura da sala de leitura e prestamo de libros, un par de días a seman, e unhas horas a determinar. Desgraciadamente a cerrazón do goberno local, e o seu Alcalde, que se reiterou na inutilidade de manter aberta as portas da mesma, por falla de uso e asistente, rematou co peche definitivo daquelas instalaciòns, a desapariciòn de exposiciones de pintura e arte, cursillos, clases de teatro e interpretaciòn, activiades para nenos, e unha interminable lista de activiades, posibles a realizar.
Co cambio politico acaecído nas elecciòns municipais do 2019 e a chegada á Alcaldía do PAYJ de D. Luis Calvo Miguelez, pensabamos que as cousas ían mudar, dadas as preliminares intenciòns e promesas electorais previas, nas que se nos daba como feito consumada a reapertura da biblioteca, e as actividades culturais inherentes a mesma da man do novo Conselleiro de Cultura que elixiría a corporaciòn municipal. A realidade foi ben outra, consolidandose o peche da biblioteca, e resultando definitivamente relegada e postergada nas súas funciòns a animadora sociocultura, que practicamente e de feito quedou sen cometido, nin traballo de ningún tipo, o que provocou a súa peticiòn de xubilaciòn, chegado o momento, desanimada e absolutamente carente dos estimulos necesaarios para continuar. Ante a situaciòn que se nons plantexaba e dado a falla de voluntade polo Concello, emulando o noso benquerido poeta, Federico Garcia Lorca, decidimos emprender unha cruzada cultural polas aldeas, que resultou materialmente imposible dado que en moitas delas non había case que veciños, ningún neno, e pouco ou ningún interese, polo que decidimos que a nosa BIBLIOTECA ABERTA, se instalaría na praza do pobo, como un feito continuo de chamar a atenciòn sobre o tema, e concienciar as autoridades e veciños sobre a necesidade de ler, porque pensamos que a cultura non se pode sometaer ao capircho de este ou aquel, e resulta tan necesaria como comer, ou respirar. Polo tando dende o 2019, cada veran coa chegado do bo tempo montamos o noso pequeno chiringuito, sen mais pretensiòns que cada quen colla libremente os libros que queira, e deixe a cambio outros, para que poidan ser leidos por outra calquera persoa, mantendo ilimitadamente no tempo un banco de libros de livre disposición, de balde totalmente e o gusto e necesidade dos veciños.
Con elo agardamos remover consciencias, e conseguir que de unha vez por todas se reabra a nosa biblioteca pública, que xamais debeu ser pechada, e menos aínda co argumentario de aforro de gastos. Tremendao paradoxo, vergoñente sen dubida, poñer prezo a cultura, e gastar sen frenos e a mans cheas por outra banda.

Comentarios

Entradas populares