VIRXE DO FARO. DEVOCIÓN, FE E ROMARIA.
A romaria da Virxe do Faro, no cumio da serra do mesmo nome que separa o val de Monforte, das terras do Deza; Chantada-e Rodeiro, é unha das mais singulares e de maior atraciòn dende sempre oara as xentes dos pobos e aldeas da contorna.
Poderíamos dicir sen medo a mentir que a serra do Faro, limite xeografico entre Lugo, Ourense e Pontevedra, se atopa no corazón memso de Galicia, xa que o punto central do Pais, que se localiza en Antas, non está lonxe. O seu punto máis alto alcanza os 1181 metros, precisamente no cumio do Faro.
Cada 8 de septiembre, Natividad da Virxe María, o santuario construido no cumio do Faro, volve recibir miles de fieis, devotos e curiosos que acuden ano tras ano a típica romaría; a subida e posterior baixada da Virxe, dende a capela de Santiago de Requeixo, ata o Santuario do Faro.
Os actos teñen o seu punto de devociòn e transmutaciòn polo cumprimento de promesas e ofrendas por parte dos romeros, coa procesiòn das imaxes da Virxe propiamente e a coñecida como A Filla, que queda custodiada durante o resto do ano na capela de Requeixo, o día nove e ata o vindeiro ano.
Os actos relixiosos e festivos comezan precisamente coa procesión subida de A filla, ata o Santuario, a catro quilómetros de distancia, nos que algúns devotos fan o peregrinaxe mesmo de rodillas, a cerebraciòn posterior da misa congrega cada ano a miles de persoas.
Nos actos festivos, non fallan nunca os postos das polbeiras, os chiringuitos de carne o caldeiro, e outros postos de mercadorias, que a xente per corre animados polas música das gaitas, dos grupos asistentes, e convidados.
Este monte do Faro foi dende épocas remotas lugar de consagración de ritos paganos e memmo lugar sagrado durante a cultura castrexa tal e como poden tertemuñar os varios castros e restos arqueolóxicos en forma de mamoas e túmulos que se atopan pola zona.
Posiblemente debido as inclemencias do tempo, sobre todo vento e neve no inverno, nunca houbo un poboado o asentamente mais si unha torre de vixia quizais de orixe romano, dende os que con trolar os pasos polas vías Lucensis e Bracarensis.
O que si é sabido é que o santuario actual fora construido sobre os restos doutros mais antigos, o actual data da segunda metade do século XVII, con sucesivas reformas ata deixar o seu estado actual.
Xa a principios do século XIX (1805), o Bispo de Lugo, Felipe Peláez ordenó a demolición da anterior capela para contribuir os gastos das loitas contra os conquistadores FRanceses que invadiran o Pais.
Posteriormente se volvería a reconstruir para quedar o longo do tempo como na actualidade.

Comentarios