PON UN LIBRO NA TUA VIDA, POR FAVOR.

PON UN LIBRO NA TUA VIDA, POR FAVOR. Teño que recoñecer que a vida esta chea de sensacións, cheiros, imaxes e recordos gravados a sangue e lume nas nosas neuronas e por tanto imposibles de esquecer, sobre todo os da nenez. Sempre que mergullo e me deixo perder polos labirintos dunha vella librería das que aínda quedan; por desgraza xa son case que pezas de museo, reliquias doutro tempo ; o cheiro dos libros chama por min e me obrigan a collelos e acariñalos éntrelas miñas mans avarentas de coñecer o seu misterio. O meu desexo e desvariar coas historias atrapadas no papel amarelento, vivir os seus soños, sorrir ou chorar cos dramas, ledicias ou tristuras dos persoeiros alí encadeados paxina a paxina, dende o principio que me fan un chisco para seguir e percorrer os seus camiños liña a liña ata o final, mentres deixo que a maxia das sombras, os lusco fusco dos segredos, a fantasía e ilusións, os enredos, enganos e falsidades, mentiras ou verdades, tanto ten, fagan que me sinta viaxeiro do tempo e do espazo dende alí ata o confín do firmamento máis escuro, contido neste ou naquel dos libros que berran por min dende os encouzarades estantes de madeira de carballo coa que as paredes cobren a súa nudez.
Ler e escribir ten que resultarmos tan imprescindible coma respirar .Aterra comprobar como un libro pode converterse nun "Best Seller", tan so grazas a presión do marketing e as mercadotecnias, o exemplo vergoñento o temos nos bodrios que publican sen pudor estes famosillos de papel cuché e revistas do corazón .Nestes casos, aínda que me doa na alma estou disposto a xustificar a forma de tratalos que nos contaba Francois Truffaut na sua película baseada do libro Fahrenheit 451 de Ray Bradbury, actuar contra eles sen contemplacións de ningún tipo, botándolles ao lume.
Doe e produce inquedanza escoitar que o libro electrónico ,os e-books e as tables poden substituír no futuro o libro de papel impreso, me xogo a vida a que nunca vai ocorrer tal disparate, tan so temos que botar unha ollada e comprobar como en plena crise cada dia aumenta a oferta de libros e escritores novos publicando. Outro cantar e que acaden a calidade mínima, pois a incomunicación actual escritor-lector e real e dificilmente conseguen engancharnos as súas historias. Certamente vivimos tempos grises de carencias de valores, ilusións ou emocións, tempos de soidade e mais nada, onde nos meten polos ollos as "mas medias" miles de imaxes diferentes que non somos quen de asimilar e nos deixan indiferentes cando non insensibles a capacidade de sentir, fantasiar, soñar etc. o que resulta ser tan vital para os seres humanos que somos; as veces teño moi serias dubidas de que sexa deste xeito, -e velaí que todo o que precisamos está o noso carón atrapado nas paxinas dun libro calquera capaz de facernos vivir a través das súas paxinas e palabras todas estas historias de amor, de viaxes incribles, de aventuras máxicas, de fantasía e soños, de erotismo ou sexo, de todo o que poidamos imaxinar ou non, xa que sempre dixen que a realidade e capaz de superar con moito a mais absurda e fantásticas das historias de ficción.E todo isto a pesaren dos intereses na ignorancia e submisión no que lles interesa a algúns ter atrapado a xente. Porque amiguiños; o saber nos fará libres, crísticos e inconformistas co poderoso e iso moléstalles un ovo. Angel Utrera

Comentarios

Entradas populares