FRANCK MEYER


Pêle-mêle fel

____________


O sabor da túa boca ainda

na miña pel enfriando a modo

o teu territorio marcado

con pequenas mordedelas.


Envurullados na maleza

do manglar

na praia das túas pernas

e a marea que vén vindo

baixo o brillo dos nosos ollo

cheos de pel.

O mar salgado de algo

que vence as sompras

na aperta.


A chuvia

a eterna chuvia

nas pedras

e nós aos cafés

os cristais abafados

a roupa mollada

os beizos húmidos

dos bicos.

Entre a muller e os meus ollo

eu mesmo

batido dun lado para outro

na via da luz

sobre a rede do desexo.




O mundo de Frnack Meyer, sorprende pola súa lirica cotián. Musica e cadencia cunha sonoridade lixera de sensual poesia, chea de imaxes, erotismodor e carne. Pracer a saborear cunha ollada distinta a de cada dia. Un intenso achegamento a esencia invisible da alma e o amor a muller.

PEl-mel fel, é o primeiro libro de poesia de Franck Meyer, este FRances de Lorena, criado en Alemania, e actualmente desde fai uns anos, residente en Vigo. Chamame a atenciòn, que non sendo a súa lingua materna o Galego, escribea e a domiña mellor que moitos de aqui.

Comentarios

Entradas populares