HELENA VILLAR JANEIRO


Na Praia dos Lagartos........


Ao claror do luar

dunha noite calquera

pelexaban unha urce

e unha carqueixa,

só porque unha era loira

e outra morena.


E dixo o moucho

moi avogado:

-Pelexar por tan pouco,

¡que ruín coidado¡

Loira ou morena,

tedes a flor no aire

e os pés na terra.




(Helena Villar Janeiro, Becerreá-Lugo 1940 .Poeta, narradora, é autora de diversos libros de poemas e novelas, algunha delas para nenos. (Patapao, o dia que choveu de noite, Contos do paxaro azul..etc.

Este poema, forma parte do libro de poemas -Na praia dos lagartos-, co que Helena Villar, gañou o premio Arume de poesia para nenos, da fundaciòn Neiras Vilas, no ano 2003, na súa segunda ediciòn, "polo allegamento cordial á naturaleza galega, nunha poesia espontanea cun lucimento lexical auténtico, manexado con gracia e musicalidade ", tal é como explica no prologo do libro o propio Xove Neira Vilas.

Comentarios

Entradas populares