XOSE MANUEL VARELA


CASA VOUGA

____________________


A casa queda vouga,
sen alento.
O teito xa non é teito,
é ceo aberto ó ventimperio.
Un mundo alleo de hedras e silvas
agabea polas paredes de pedra,
orfas.

¿Que foi dos choros dos berces?
¿quen fala agora á calor da lareira?
¿quen comparte unha cunca de viño quente?

Xa non renxen as táboas do sobrado caido,
naquel onde se velaron tódolos mortos da familia.

As portas péchanse a toda vida de por sempre.
A casa queda vouga,
os camiños que dan a ela
non son camiños, son fronteiras
a toda herdanza.
Xose Manuel Varela, Malpica Bergantiños 1967.No ano 2000 recibiu o galardon Bergantiños desde os libros e unha mencion especial no IV Certame Xornalistico Neira-El Correo Gallego.
E docente de lingua e literatura e traballo pola cultura na comarca de Bergantiños.
O libro Casa Vouga, é a súa primeira obra, e os debuxos, de Miguel Anxo Calvo, cumpren ca fermosura destes poemas dende a memoria, o mar e a terra.

Comentarios

Entradas populares