AO PE DO FARELO


Algun de vos, xa sabedes que eu escribo e fago ouro blog, quizais menos persoal que este, no que predendo dar a coñecer, cousas de Agolada, a vila donde vivo, no corazon de Galiza, no limite xeografico das provincias de Pontevedra-Lugo e Coruña .... e tamen de noso Pais en xeral.
O sitio chamase: AO PE DO FARELO....http://ospendellos.blogspot.com/


Hoxe, o dia despois da festa da Lingua, da patria, da cultura do noso Pais, quero aportar o meu grao de area, e vou a unificar e publicar a mesma entrada nos dous blogs.
E para elo nada mais axeitado que este poema do noso amigo XOSE VAZQUEZ PINTOR, estou seguro que non vaise a molestar porque os use.......
Língua:
Ámo-te así, na boca, como se ama
á moza no limiar do coito, porque
sabes á esencia e patrimonio, porque
es nosa e miña a un tempo cando vou
na soedade do xardin e teño
espacio pra estar, contra o designio,
nese cáliz da rosa permanente
que tí es, desde o máis antigo sol
que chama na mañá polos insectos.
(No Corazòn mancado, de Xose Vazquez Pintor)

Comentarios

Entradas populares