CELSO EMILIO FERREIRO


NOTAS NECROLOXICAS
....

Deron os abecedarios a nova da tua morte,

meu vello can de palleiro,

abandoado da sorte.
Un poeta sin fortuna

morto de morte matada,

mentras soñaba coa terra

malferida e malpocada.
A moura necroloxia

resultóu ser unha trola,

da xenté anana e mezquiña,

a quen o teu verbo esfola.
Xente a que debes decirlle

sorrindo e sin acritude:

os mortos que vos matades,

gozan de boa saúde.
Pode o corpo ser vencido

pode o dereito ser torto;

mais o lume que alampea,

xamais o veredes morto!
C.E. Ferreiro

(Recordades a vella cancion de Luis Emilio Batallan, alà polos sesenta,,,,,de este poema de Celso Emilio.?A foto de Tom Van Vilet, un bo amigo da terra e foi feita en Agolada anos sesenta).

Comentarios

Entradas populares