VERSOS PARA SIEMPRE CANTAR: HOMENAXE A MANUEL MARIA



ARCADIA......
Durante toda a miña vida andei
a soñar; longa e fondamente,
coa Arcadia marabillosa, lonxana
e lexendaria.
Viaxei á Grecia
e, con ollos atentos e avarentos,
contemplei a Arcadia: é unha
paisaxe de oliveiras e penedos,
gris e brava, onde hai un pobo,


pequeno e miserento, chamado
Paradisus; nada menos.
Todo era àrido,
pobre e desolado.
Entón fechei os ollos cara afora
e abrinos cara adentro.
E puiden
ollar a Arcadia feliz e verdadeira.

(Manuel Maria.)



¡Que gozada, que maravilla, quen puidera expresar como èl o que sentimos...¡

Porque estes versos, que eu non coñecia e que foron recitados de xeito , sensual, autentico, profundamente sentidos, ....na noite de pasado MArtes, no Teatro Rosalia de Castro da Coruña durante a homenaxe ao poeta e home de ben. MANUEL MARIAS, fallecido fai xa uns, demasiados anos, chegaron moi preto de eso que todos nos temos, no mais oculto recuncho de nos, e que è noso so, ali donde ninguen bota unha ollada sin ser convidado.


Estes versos, que reseño hoxe, teño moitos mais de Manuel, xa vos contarei noutro intre, recollen o moito que Eu sinto do que son, do que non son, do que sempre esperei acadar na miña Arcadia, e non atopei, porque non existe, so é un soño mais, deste neno grande que son.


E de remate , a posta en escea das "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, que representou de xeito insuperale, MARIA INES CUADRADO, do grupo de teatro a xente das palabras, que por certo tivemos a sorte de apreciar o ano pasado en Agolada, nos pendellos, durante as Festas de San Pedro, e musicada polo cuarteto de clarinete Korion.Unha fermosa noite, unha fermosa homenaxe, a un gran poeta, e moi bo persoa, sobr todo.MANUEL MARIA....

Comentarios

PENELOPE-GELU ha dicho que…
Buenas noches, de nuevo:

- Precioso poema de MANUEL MARIA.
- Coincido contigo, ¡qué maravilla escribir así!.

Saludos. Gelu

Entradas populares