LOS PERROS DE LA MUERTE......




CASIDA DEL LLANTO

He cerrado mi balcón
por que no quiero oír el llanto
pero por detrás de los grises muros
no se oye otra cosa que el llanto.

Hay muy pocos ángeles que canten,
hay muy pocos perros que ladren,
mis violines caben en la palma de mi mano.

Pero el llanto es un perro inmenso,
el llanto es un ángel inmenso,
el llanto es un violín inmenso,
las lágrimas amordazan al viento,
no se oye otra cosa que el llanto.

Federico Garcia Lorca.

A polémica desatada estes días sobre a exhumación, ou non dos restos que se supoñen se atoparían na fosa de Alfacar, onde segundo tódolos indicios reposaba o corpo do poeta, dende a seu asasinato na madrugada do 18 ó 19 de Agosto do 1936, me ten anonadado.
Dende sempre manifestei a miña devoción mais incondicional e rendida pola figura histórica de Federico, un grande home bo, un enorme poeta, todo un símbolo do que se perdeu co golpe militar fascista neste pais noso, e dentro desta absurda polémica, sobre a necesidade da recuperación da memoria histórica, o mais sensato o escoitei a unha das sobriñas aínda viva, do escritor Granadino, manifestando a súa vontade de deixar a tumba do seu tio como sempre estivo, e non remexer os fantasmas deste desgraciado capitulo do noso pasado.
Pero non, temos que seguir dálle que dálle a pelota, non sei a conto de que, e para encumbrar a quen, e claro agora hoxe aparece publicado nos xornais, doutas opinións,de non sei cantos estudosos da figura de Lorca, sobre si os seus restos reposan ou non nesta fosa, ou foron recuperados pola familia, e case que mercados a cambio de 3oo.ooo pesetas das daquela época, suma realmente abraiante, que non sei como a familia foi quen de reunir, si así o fixeron, nin tampouco creo que nos importa a ninguén.
Si o meu admirado Federico García Lorca, durme para sempre, na tumba de Alfacar, ou baixo os limoneros da horta de San Vicente, na súa casa familiar, e algo que vos pregunto; ¿Cambia dalgún xeito a historia, a realidade de que foi vilmente asasinado polo odio, que nos roubaron a cálida musica dos seus poemas, ?.¿Acaso alguén cree que vai cambiar o nosa admiración polo mais grande dos nosos escritores modernos?.
Deixemos os mortos en paz, xa que en vida nolo deixamos gozar dela.

Comentarios

Entradas populares