martes, 26 de octubre de 2010

TERRA DE BESTAS E HOMES QUE CALAN....



Escoito no solpor da noite
a voz càlidamente durmida en terra
da pedra dura
da semente esquecida dos homes.
Sendeiros de orballo sudor e bàgoas
enlamados en mentiras de promesas incumplidas
polo amo.
Terra de noite longa
en sombras esculpida de granitos e carballos.
Terra inexistente,
nai odiada na distancia dos que fuxeron vencidos pola fame
e tristura daqueles tempos pasados e perdidos.
Esperta terra de amargas entrañas
erguete, levanta a tuà voz e fala,
da inxustiza dos señores,
da miseria dos que morren
da dor dos partos das mulleres enlutadas
Falanos desta terra bendita de homes
e bestas que calan.
Abonda xa de tanta mala sorte milenaria...¡¡
Publicar un comentario